jueves, 23 de julio de 2009

UNHA ESCAPADIÑA


O CASTRO DE SANTA TEGRA


INTRODUCCIÓN
Situado no monte de Santa Tegra a 341 m. de altitude, no concello de A Guarda (Pontevedra).
O contorno do monte de Santa Tegra conforma un xacemento arqueolóxico, no que se encontra o castro, Castro de Santa Tecla ou Santa Tegra, e é o máis visitado dos castros galegos.
Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no 1931 e tamén é considerado Ben de Interés Cultural.
Tamén encontránronse petroglifos feitos 2000 anos antes da ocupación dos castros.

XENTES DOS CASTROS.
Según a interpretación dos arqueólogos trataríase dun pobo de estructuras igualitarias, é dicir, construccións de tamaños semellantes, pacíficos e vivían da agricultura; tamén comercializaban, pois acharonse moitos productos foráneos.

ESTRUCTURA DO CASTRO
- A muralla: A muralla servía para delimitar o terreo do castro co entorno,
ademáis de facer as funcións defensivas.
Está feita de cantería unida con barro, non pasa dos 160 cm. de grosor. Tiña dúas portas de acceso: a do norte e a do extremo meridional.
- As casas: Casi todas delas son de plantas circulares ou ovaladas e teñen
esquinas en forma de arcos. O grosor das paredes son duns 40 cm. de media. A maioria son de pequenas dimensións.
Moitas presentan un vestíbulo de acceso que é unha influenza do mediterráneo.
- Os petroglifos: onde se levantou o poboado encontraronse restos de pinturas de
2000 anos antes.
Hoxe atopamos a Laxa Sagrada ou Laxa do Mapa que está situada na parte alta do monte, está composta por espirais, círculos concéntricos e trazos lineais máis ou menos paralelos.
Cerca desta encóntrase outra rocha con gravados similais. Estos gravados non teñen nada que ver co castro, son da etapa final do neolítico galego

O MUSEO
Fixeron este museo debido a que cando o arqueólogo, Ignacio Calvo, excavou en Santa Tegra (1914 – 1923) expoñera nun simple local de A Guarda.
Está na cima do monte e foi deseñado polo arquitecto Antonio Palacios e inagurado no 1953.

lunes, 13 de julio de 2009

FESTAS POPULARES

25 de Xullo


Introducción
O 25 de Xullo de cada ano, coincidindo coa festividade de Santiago Apóstolo, Galicia enteira celebra o seu Día Nacional ou Día da Patria Galega. Tamén coñecida como Día de Galicia.
Ésta é unha festa de reivindicación política, onde os galegos conmemorámolo noso autogoberno.
Celébrase actos institucionais coma a ofrenda ó Apóstolo Santiago, que ademáis é patrón de España dende hai séculos. Tamén as manifestacións que organizan os partidos nacionalistas ou as ofrendas florais no Panteón dos Galegos Ilustres; ademáis dos relixiosos como a tradicional misa na honra de Rosalía de Castro.
Coincidindo co 25 de Xullo só cando cadre en domingo, convértese en Ano Santo Compostelán. Durante o Ano Santo todos os cristiáns que confesan e visitan a catedral gañan as indulxencias plenarias polas que se lle concede a remisión dos seus pecados.

Historia
- Orixe
Puido ser en orixe unha celebración pagá celta reconvertida polo cristianismo.
Nun 25 de Xullo…
Do ano 893 foi cando o rei Alfonso III doalle a igrexa de Santiago da vila de Areas.
No 1311 Fernando IV concedelle ao arcebispo de Santiago o señorío sobre a cidade.
As orixes da celebración como tal desta xornada remóntase ao 1920, ano da II Asamblea Nacionalista que organizan as Irmandades da Fala como acto de afirmación da nosa identidade colectiva. Nesta asamblea acordan institucional o “Día da Patria o 25 do mes de Santiago”.
Fanse os seguintes anos 1921 – 1922, pero coa dictadura de Primo de Rivera impide as celebracións ata 1931. Retoman de novo todo e no seu discurso defínena así: “O Día de Galicia. O día da Nosa Fala Nacional”.
Son anos dunha ilusión ata que chegue o Estatuto do 1936.
-
Franco e Galicia.
Pero no 1936 chega a guerra e trae silenzos e oscuridade. A mediados do século recupérase a misa, en galego, na honra de Rosalía.
Na longa noite de pedra tamén as sociedades galegas que están na emigración manteñen os homenaxes e a luz acesa para recordar.
A finais da década dos 60, as organizacións nacionalistas comezan a convocar concentracións en Compostela o 25 de Xullo.
Nos 70 convocan as concentracións sobre a soberania nacional.
No 1973 utilizan por primeira vez o termo Día da Patria Galega.
-
Actualidade.
Dende a instauración da democracia e a promulgación do Estatuto de Autonomía, organizacións e institucións públicas programan todo tipo de conmemoracións nestas datas.
Bandos municipais chaman os veciños a celebrar o Día e a colocar a bandeira o mesmo 25 De Xullo en rúas e balcóns.

Cita.
A festa maior de Galicia, a festa de todos os galegos” Castelao.

lunes, 6 de julio de 2009

ESCRITORES GALEGOS


Francisco Añón

Vida:
Francisco Añón Paz naceu no lugar de Boel, concello de Outes (A Coruña) no 1812.
Era fillo de Fernando Añón e Vicente Paz, os dous labradores e veciños de Outes.
Bautizaron o neno o capelán de Outes, Xosé A. Cernadas e foille de padriño o párroco de Outes, Francisco Osorio. Quizáis este último foi quen lle ensinou as primeiras letras a Francisco Añón.
Añón entrou no Seminario de Santiago o ano da fundación deste (1829) polo arcebispo de Santiago, frei Rafael Vélez, e acadou o título de bacharel en Filosofía no 1833. Ademáis estudio cinco anos de Teoloxía, pero deixouno e acadou o título en Leis no 1843 e o de licenciado, días despois.
En 1846, Añón viaxou a Lisboa, non porque estivera implicado no levante militar (foi o ano do movemento galeguista que rematou cos mártires de Carral) senón que foi traballar cun primo nunha librería. Dise que Francisco Añón acompañou a un lord inglés, como secretario por Francia, Italia e Andalucía (non está documentado, pero Añón escribiu sobre as viaxes).
Sospeitase que nos anos 1853 e 1854 o poeta está vivindo en Sevilla e dá clases de francés e italiano. Pero no 1857 está en Madrid, ainda que eses anos fixera algunhas viaxes a Galicia.
En 1872 traballou como auxiliar e despois de oficial de arquivos e cesou en 1873.
Dende entón viviu pobre e morreu pobre.
Morre en Madrid no 1878.

Obra:
Francisco Añón escribiu na súa vida en galego, castelán e portugués. Ainda que non publicou ningunha obra en vida, deixou os poemas ciscados en xornais e outros nas mans de amigos e parentes que lle adicara, éstes últimos serán poemas inéditos).
Unha vez morto os seus contemporáneos foron recollendo a súa obra.
Según se ten entendido a súa obra consta de:
39 poemas en galego
107 en castelán - e –
7 en portugués
Os poemas de Francisco Añón, a maioría, están cargados de humor e de sátiras. O máis importante da súa obra, son os poemas que canta a Galicia, como patria da infancia, “Recordos da infancia” (1845): Un poema extraordinario e conmovedor; e aqueles nos que describe costumes galegos, “Alma en pena” (1860), “O magosto”, “A leiteira”.
No que se refire a poemas de circunstancias, escribiu varios poemas deste tipo en galego. Estas obras están dedicadas a amigos, familiares reais ou imaginarios ou persoeiros da época (os reis), nestes poemas atopamos moitas veces o humor e a ironía.
Tamén consérvanse de Añón poemas amorosos, ainda que non son moitos. Entre eles están “Amor apresurado” (1869) ou “A Sabeliña”.
Se por algo foi coñecido Francisco Añón foi por ser o poeta dos himnos, destacando o “Himno á agricultura” (1873) e o “Hymno dos povos” (en portugués): himno revolucionario que supuxo a súa expulsión de Portugal.
Tamén poemas dedicados a Galicia, que son catro: tres escritos en galego e un en castelá:
1._ “O recordo a Galicia” (1857): É unha obra de 48 versos que o tema principal e a exaltación de Galicia, centrándose nos seus recordos da infancia. Para o autor, Galicia é unha especie de paraíso onde pasou os seus momentos máis felices.
A composición ten un destacado ton biográfico. Ademáis dos recordos da infancia, o poeta fala dalgúns lugares que visitou ao longo da súa vida (Lisboa, Francia e Italia).
2._ “A Galicia” (Ay esperta, adorada Galicia): Grazas a este poema Añón gañou o primeiro premio nos Xogos Florais da Coruña en 1861, ainda que non lle gustou nada en absoluto.
O poema está escrito en oitavas italianas e comeza coa cita dunha balada popular. De novo aparece a exaltación de Galicia como paraíso da infancia. Ainda que neste poema varía algo, xa que nesta composición aparece a denuncia política e social. Tamén aparece outro soño do poeta que era voltar a Galicia.
3._ “Á Galicia” (Dos teus recordos vivo ¡Galicia encantadora!): Esta composición foi escrita en Madrid pouco antes de morrer en 1877. Compúxose en quintetos e tamén aparecen os tópicos da paisaxe e da esperanza no progreso. Neste poema faise máis evidente o desexo de poder regresar a Galicia antes de morrer, pois presentía que lle quedaba pouco tempo de vida.
4._ “A Galicia, visitada por el Rey Don Amadeo I” (1872): Esta obra é a única con este tema e está escrita en castelán, só polo título pódese ver que é unha obra de ton patriótico. Clasificaríase como poema de circunstancias. Neste poema o autor fala de que o país ten un grande futuro por diante. Hai unha referencia ao novo sistema político.


miércoles, 17 de junio de 2009

RECEITA


Coca de San Xoan

Ingredientes:
80 gr. de manteiga
300 gr. de fariña
100 gr. de azucre
4 ovos
30 gr. de azucre glass
¼ l. de leite
½ sobre de levadura en po
1 limón
100 gr, de froita confitada
50 gr. de piñóns
Anís moído e canela en po.

Elaboración:
1._ Acender ó forno e poñelo a 180ºC.
2._ Formar un volcán coa fariña tamizada e engadir o azucre, o leite, 3 ovos, o anís, a levadura, a ralladura de limón e espolvorear un pouco de canela por enriba da fariña. Amasar ata formar unha masa fina e homoxénea.
3._ Engadirlle a masa a manteiga derretida (non debe estar moi quente) e amásase de novo.
4._ Cando estea amasada, dáselle forma ovalada e ponse nunha bandexa que previamente está untada en manteiga e espolvoreada de fariña. Deixase repousar 15 min.
5._ Espolvoreamos a mesa coa fariña e estiramola, dándolle forma típica de coca (máis larga que ancha).
6._ Poñer nunha bandexa, untada con manteiga e espolvoreada en fariña, a coca.
7._ Pinta a coca con ovo batido. Despois repartir os anacos de froita confitada e os piñóns por enriba e ó remate espolvorear con azucre glass.
8._ Metelo no forno, xa aceso, e deixar cocela ata que quede douradiña durante 30 minutos aproximadamente.

Observacións:
Aplicacións: Postre
Preparación: 45min., aprox.
Cocción: 30 min.
PAX: 5 personas.


jueves, 11 de junio de 2009

PERSOEIROS


Pepa a Loba

Vida:
Non se sabe con certeza onde foi o lugar de nacemento, uns din que na parroquia de Couso (A Estrada) en 1835 e outros en Amoedo.
A nena creceu na compaña da súa nai coñecida como “La Falucha”, ésta mimouna e quixoa moito ainda que eran pobres. De pai descoñecido, ainda que o pobo cría que era o irmán do tendeiro do pobo.
A nena comezou a traballar no campo e tamen coidaba as ovellas de súa tía Dorinda, aquí foi onde gañou o alcume de Pepa a Loba, xa qe nunha ocasión enfrentouse ó lobo cun pao e o seu can saíu na súa defensa matando o lobo tras unha terrible loita. A nena quedou ferida e o can axudoulle a chegar a aldea.
Na xuventude Pepa ve como un descoñecido entra na casa e viola a súa nai, nove mese despois a nai de Pepa e o bebe morren no parto.
Entón súa tía Dorinda faise cargo dela obrigandoa a mendigar polas feiras e mercados, ademáis de traballar na terra e coidadando as ovellas. Dorinda mete a Pepa a vivir na casa do tendeiro coa esperanza de que a faga súa querida e gañar algúns pago por parte del. Pero o tendeiro colleulle cariño e adoptouna coma filla. Despois o tendeiro contratou a un estudiante para que aprendera o oficio. E Pepa e él fanse mozos. O tendeiro fai testamento a favor de Pepa e o pouco aparece asasinado cun coitelo de cociña cravado no peito. O mozo resulta exculpado mentras Pepa foi condenada a cadea perpetua. O pobo, sen embargo sospeitan que o crimen foi cometido polo irmán do tendeiro (ó que consideraban pai de Pepa).
Este erro da xustiza fai permanecer a Pepa no cárcere de Pontevedra durante moito tempo, convertindoa nunha muller chea de rencor e enormes desexos de vinganza. Na prisión pide auxilio ó capellán do cárcere e cando están a soas, golpeo e fuxe vestida de cura.
Para sair de Pontevedra, Pepa, disfrázase de home. A súa obsesión era vingarse de Albeite (o irmán do tendeiro e suposto pai). Cunha pistola e o seu nobre can van para Couso, alí amenazouno e fixo que o seu can o matase. Era o primer crimen de Pepa a Loba.
Despois marchou vivir ó monte onde formou unha banda de bandoleiros cos que cometía roubos asaltos e crímenes. Dise que o principal escenario foi a provincia de Pontevedra, pero tamén realizou asaltos a outras provincias galegas. Coa súa cuadrilla asaltaban os camiñantes e robaban nos pazos e nas rectorias. Pepa a Loba era temida e admirada por igual. O pobo difundiu a lenda ainda que hai pouca documentación sobre a súa vida. A maioría dos relatos débense a tradición oral que foi transmitida de xeración en xeración.

Mito Galego.
Pepa a Loba é a muller prototipo do bandoleirismo dende o s. XIX en toda Galicia.
Hai xente que cree que houbese máis ca unha. Desta maneira a primeira levase este alcume e outras mulleres que se dedicaron ao bandoleirismo adoptarían ou serían coñecidas pola mesma denominación.
Houbo escritores galegos coma Emilia Pardo Bazán e Ramón María del Valle - Inclán entre outros que deron vida a un bandoleirismo en Galicia, pero sen ser verdade, só nos seus libros. Desta maneira a lectura chegaría a convertirse en lenda.

viernes, 5 de junio de 2009

ESCRITORES GALEGOS


Xoan Manuel Pintos

VIDA:
Xoan Manuel Valentín Pintos Villar naceu na parroquia de Santa María a Maior (Pontevedra), en 1811.
Según se sabe estudio tres anos de Filosofía (equivalente á Segunda Ensinanza), cinco anos de Institucións Civis (Leis) e un ano de Institucións en Canónicas. E acadou o título de bacharel en Leis en 1833 e o título de bacharel en Canons en 1835. No seu expedente non consta a data de licenciado en leis, ainda que se sabe que traballou de avogado na Coruña.
Casou en Pontevedra con Serafina Amando Boullosa e tivo catorce fillos.
Xoan Manuel Pintos tamén foi xuíz en Cambados, exerceu de avogado en Pontevedra, deu clases de latín no instituto de Pontevedra e foi Rexistrador da Propiedade en Vigo ata o ano da súa morte.
Morre en 1876 en Vigo onde é enterrado.


OBRA:
Este poeta é o máis destacado precursor do Rexurdimento galego.
Escribiu:
A gaita gallega” (1853): O libro fala dun protagonista, Cristus, un gaiteiro galego, que lle aprende a un tamborileiro non galego, Pedro Luces, o noso idioma.
É un libro en verso (con partes en prosa), que consta de poemas de métrica variada, integrados en sete partes. Tamén ten un contido galeguista, pois o autor pensa que os galegos poden acadar a súa propia dignidade falando e estudiando o galego.
Xoan Manuel Pintos escribiu este libro para exaltar a lingua galega e así que os galegos a usasen.
Ó remate da séptima parte na que divide o libro, o autor dedícalle un texto en prosa ó Padre Sarmiento.


Ademáis escribiu poemas en galego como:
Contos da aldea”(1858): publicado no periódico El Circulador.
Rechamo” (1859).
O reiseñor” (1868): publicado no Almanaque de Galicia (Lugo).
A Galicia” (1861): é un agromo de epopea de máis de seiscentos versos
Tamén tres églogas:
Antonio e Margarida”(1857);
Xacinto e Catriña”(1858);
Delores e Alexandre”(1858).
E tamén autor dun Breve Diccionario Gallego (1853) cunhas 6000 entradas.


viernes, 22 de mayo de 2009

UNHA ESCAPADIÑA



Praia das catedrais


O seu nome é Praia de augas santas, situada en Ribadeo (Lugo). É coñecida por este nome polas apariencias dos seus acantilados.
Está declarado MonumentoNatural pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
O característico desta praia son as diversas figuras que forman as rochas producida pola continuo golpeo das olas contra ellas. Esto pódese ver cando hai baixamar, podendo acceder a un areal que nos levaonda arcos de trinta m., covas, corredores no medio de rochas e outras curiosidades.
Cando hai mareas vivas, as mareas soben e baixan máis do normal podendo chegar a praias veciñas, pero tende coidado e voltar antes de que volva a sibir a marea.