jueves, 26 de noviembre de 2009

RECEITA

COELLO Ó CHOCOLATE

Ingredientes:

1 coello cortado en octavos

1 cebola

1 copiña de brandy

50 gr. de chocolate

Elaboración:

1._ Limpa e pica finamente a cebola e corta os tomates.

2._ Quenta o aceite nunha cazola e dora os anacos de coello, salpimentaos. Incorpora a cebola e os tomates e deixa sofreír.

3._ Engádelle o brandy e tapa. Deixa cocer a lume lento durante unha hora.

4._ Engade o chocolate fundido e continua cinco min. máis a cocción.

5._Sírvese ben quente.

6._ Pódese acompañar cun arroz en branco.

Observacións:

Aplicacións: 2º plato

Preparación: 10 min.

Cocción: 1h 10 min.

PAX.: 4 personas

Anotacións: É mellor utilizar chocolate negro, sen leite; os chamados “de cobertura” ou “para postres”. Para que o chocolate non adquira un sabor amargo hai que disolvelo ó baño maría cun pouco de auga ou caldo.

domingo, 15 de noviembre de 2009

PERSOEIROS

Concepción Arenal

Naceu O Ferrol no 1820, os 14 anos deixouno e instalouse en Madrid para estudiar nun colexio de señoritas.
Sete anos despois asistiu a universidade como ointe as clases de dereito vestida de home. No 1848 acabou a carreira e nese ano casouse cun escritor, avogado e periodista liberal Fernando García Carrasco. Fuxindo da represión foron a vivir a Oviedo; quedou viuva xoven e con dous fillos pequenos e segue escribindo no periódico no que o facía o seu marido, La Iberia. Estableceu a súa residencia en Potes (Santander), onde no 1859 creou un grupo femenino da Conferencia de San Vicente de Paul para axudar os pobres.
No 1861 a Academia de Ciencias Morales y Políticas premiouna pola súa memoria La beneficencia, la filantropia y la caridad.
No 1863 convertiuse na primeira muller que foi nomeada visitadora xeral de prisións de mulleres e no 1868 asignaronlle o cargo de inspectora de casas de correción de mulleres. Tres anos despois publicou en Madrid La voz de la caridad revista que fundou con A. Guerola na que escribiu durante catorce anos. No 1872 fundou a Constructora Benéfica, unha sociedade filantrópica de casas baratas para obreiros.
Organizou en España a Cruz Roja. Foi unha das mentes máis lúcidas da historia da medicina hospitalaria polas súas aportacións a curación de enfermos, a asistencia sanitaria e psiquiátrica, a hixiene e o papel da muller nas diferentes institucións relacionadas coa cura de enfermos.
Estudios penitenciarios, Cartas a los delicuentes y El visitador de preso compoñen a súa obra, a trioloxía do seu pensamento de penalista xenial.
Morreu en Vigo en 1893 donde foi enterrado.

sábado, 7 de noviembre de 2009

ESCRITORES GALEGOS

MANUEL MURGUÍA

Vida:

Manuel Antonio Martínez Murguía naceu en Arteixo (A Coruña) o 17 de maio do 1833, fillo de Concepción Murguía e Juan Martínez, farmacéutico.

Despois foron vivir a Santiago de Compostela e sendo neno, Manuel, presenciou o levantamento liberal en Galicia que rematou en fusilamento coñecido como os Mártires de Carral (23/04/1846).

Murguía estudiou Humanidades e Latin en Santiago de Compostela, obtendo o bacharelato no 1850 e ó mesmo tempo Farmacia, carreira que iniciou por decisión do pai, por iso despois deixaría para adicarse o seu labor de escritor e investigador.

Neses anos os estudiantes e intelectuais reuníanse no Liceo de la Juventud, coñecendo a personas coma Eduardo Pondal ou Aurelio Aguirre.

Trasladouse a Madrid para terminar a carreira onde xuntouse con escritores coma Gustavo Adolfo Bécquer ou Rosalía de Castro.

Realizou unha crítica do poemario “La Flor” de Rosalía de Castro, onde a relación entrambos foi a máis ata ó punto de comprometerse e casar no 1858, na igrexa de San Idelfonso. Dende o primeiro momento Manuel Murguía animou a súa muller na súa carreira literaria e na publicación de obras como “Cantares Gallegos”.

No 1870 foi nomeado arquiveiro xefe do Arquivo do Reino de Galiza.

No 1885 foi nomeado Cronista Xeral do Reino.

No 1890 nos Xogos Florais de Barcelona lee un discurso que fixo que o nomearan “Maestro en Gay Saber”, nese discurso fala do sentimento histórico e cultural diferenciador de Galicia.

Nos Xogos Florais de Tui no 1891, Manuel Murguía pronuncia o discurso inagural.

No 1905 delega noutras personas os seus traballos e adicase por completo a fundar a “Real Academia Galega”, que foi aprobada a súa creación o 25 de agosto de 1906.

Manuel Murguía falece na súa casa no 1923. A revista da “Asociación Gallega de Historiadores” pasouse a chamar Murguía na súa honra

Obra:

- Libros:

La primera luz” (1860): Foi feito co motivo do nacemento da súa primeira filla. É un libro de lecturas escolares estructurado en vinte temas de historia e xeografía.

Diccionario de escritores gallegos” (1862)

De las guerras de Galicia en el siglo XV y de su verdadero carácter” (1861)

Historia de Galicia” (1865)

Memoria relativa al Archivo Regional de Galicia” (1871)

Biografía del P. M. Fr. Benito Jerónimo Feijóo” (1876)

El foro” (1882)

El arte en Santiago durante el siglo XVIII y noticia de los artistas que florecieron en dicha ciudad y centuria” (1884)

Los Percusores” (1886): Fai unha descripción de varios personaxes da vida cultural galega.

Galicia” (1888)

El regionalismo gallego” (1889)

En prosa” (1895)

Don Diego Gelmírez” (1898)

Los trovadores gallegos” (1905)

Apuntes históricos de la provincia de Pontevedra” (1913)

- Relatos:

Desde el cielo”: Foi a primeira novela que publico, con tan só dezasete anos.

Un can-can de Musard” (1853)

Un artista” (1853)

Luisa” (1855)

La Virgen de la Servilleta” (1855)

El regalo de boda” (1855)

Mi madre Antonia” (1856)

Don Diego Gelmírez” (1856)

El ángel de la muerte” (1857)

La mujer de fuego” (1859)

- Poemas:

Nena d’as soledades” (1856): Primeiro texto escrito en galego.

Madrigal” (1856)

La flor y el aire” (1856)

A una paloma” (1856)

A las ruinas del Castillo de Altamira” (1856)

En un Álbum” (1856)

Al partir” (1862)

Gloria” (1862)

Sueños dorados

Ildara del Courel

Soneto de Pardo de Cela

Los versos fueron mi ilusión primera” (1903).

domingo, 25 de octubre de 2009

UNHA ESCAPADIÑA


MOSTEIRO DE CARBOEIRO



Situación
Está na parroquia de Santa Maria de Carboeiro no concello de Silleda (Pontevedra).
Situado a beira do río Deza, aproveitando un meandro do propio río nunha paraxe abrupta, pero fermosa.

Historia
O seu comezo foi nos primeiros anos do s. X, ano 936, na propiedade dun ermitán chamado Egica e despois mercada polos condes de Deza, Don Gonzalo Betote e Dona Tareixa Eiriz.
No 939 acabouse a obra e elexiron como primer abade da comunidade ó presbistero Félix e consagrou o convento o bispo de Lugo, Don Hero, quedando así baixa a protección do rei Don Ramiro I de León.
O séculos XII e XIII son os de máis esplendor.
Durante o s. XVI, os pleitos e a mala xestión levan á comunidade a ruina, e xa no 1500 por orde dos Reis Católicos relégase a priorato, como granxa de S. Martiño Pinario, deixando no olvido ata 1836 co abandono total do mesmo.

Estructura do mosteiro.
A igrexa e de estilo románico e a súa construcción data do s. XII.
A planta da igrexa é de cruz latina con tres naves e cruceiro. Según se di que o autor do Pórtico da Gloria, o Mestre Mateo foi quen diseñou os planos desta igrexa basilical.
Destaca a gran cabeceira con tres ábsides radiais, cripta baixo a cabeceira e na fachada principal desenvólvese o tema dos anciáns da Apocalipse.

sábado, 17 de octubre de 2009

LENDA

A COVA DO REI CINTOLO


En Supena, preto de Mondoñedo está a cova do rei Cintolo, según as lendas falan de fadas, tesouros e mouros que a gardan.
Cintolo gobernaba hai moito tempo nunha cidade chamada Bría. Tiña moitas riquezas e unha fermosa filla, chamada Manfada, moi querida por nobres e plebeios, por a súa vontade.
Moitos príncipes e grandes señorías acudían para ver a súa filla para casarse, pero Cintolo non tiña presa por casala nin Manfada por casarse. Os pretendentes eran homes brutos que gañaban a fama e posesións grazas as guerras, asasinatos ó cal aumentaba a súa valía os ollos do rei.
Unha mañá chegou a Bría un xoven conde chamado Hollvrudet, acompañado duns poucos escudeiros. Entre éstos habían xóvenes e ancians e todos falaban moi ben do conde.
O xove conde conquistou o rei coa súa amabilidade e simpatía, pero ó pouco chegou un séquito acompañado de homes de armas. O xefe, home cruel enviou o rei Cintolo unha mensaxe esixindo a man da súa filla para o rei Tuba de Oretón, engadindo que se non o atendía asaltaría o castelo e levaría a princesa.
Ante a amenaza toda a xente do castelo incluindo o Rei mostráronse atemorizados. Ninguén sabia que facer ata que o conde Hollvrudet doulle a solución, ésta era combater él contra o Rei de Oretón. Desta forma envioulle unha carta onde o retaba a unha pelexa corpo a corpo.
Tuba, rei de Oretón non era xoven máis ben, gordo e con pouca habilidade no manexo das armas así que era inferior, pero poseía un don. O don era que era un bruxo e reuniu a todo o seu séquito, que tamén eran bruxos e lanzaron un encantamento para vingarse de Cintolo. Nese intre houbo un terrible estrondo e a cidade de Bría derrubouse, sepultando a todos. O conde Hollvrudet saliu ileso e conseguiu chegar ata o rei Tuba atravesando coa espada. De regreso ó castelo observou con terror que se convertera nun buraco con extrañas columnas, serpes, mouchos… pero a xente desaparecera.

Conta a xente do lugar que dentro da cova está a princesa, pero ésta non pode escapar porque un dos bruxos que acompañaba o rei Tuba tena prisioneira e deixa sair todas as noites ás doce só uns minutos, momento no que ela busca o seu amado polos arredores. Polo que se di que un mortal de corazón limpo que pase por alí, vea e logra desencantala quedará amo das súas riquezas, pero se falla será devorado polo monstruo que vive na cova.

sábado, 10 de octubre de 2009

ESCRITORES GALEGOS

ALFREDO BRAÑAS


Vida:
Alfredo Brañas Menéndez naceu en Carballo en 1859, fillo dun rexistrador da propiedade, pasou a súa infancia en Cambados. Estudio o bacharelato en Santiago de Compostela e despois dereito na universidade da mesma cidade. Trala morte de seu pai consegue acabar os estudios grazas a que un amigo de súa nai lle paga a carreira. Acabado os estudios volta a Cambados e traballa nunha notaria, en 1881 volta a Santiago para colaborar nun diario, El Libredón e comeza a exercer de avogado. Entre 1884 e 1885 foi secretario xeral da USC (Universidade de Santiago de Compostela).
Entre os anos 1885 e 1887 foi o director do diario El Libredón, pero acaba deixando polo carlismo declarado do xornal. En 1887 obtén a cátedra por oposición de dereito natural da Universidade de Oviedo e en 1888 marcha a Santiago para obter a cátedra de economía política desa cidade. En 1890 dáselle unha homenaxe en Santiago onde supón a primeira xuntanza de todos os galeguistas nun ambente de unidade.
Participa nos Xogos Florais de Tui no 1891, nos que fai un discurso por primeira vez en galego.
Foi un dos fundadores do Ateneo León XIII en Santiago en 1896.
A crise do 98 vaino apartar das súas ideas rexionalistas e vaino achegar ao carlismo.
Brañas falece no 1900, á idade de 40 anos. O seu corpo foi trasladado ó Panteón de Galegos Ilustres, onde xace nunha tumba coa seguinte inscripción:

Aquí yaz Alfredo Brañas Menéndez boo cristiano: agarimo d’a terra gallega sabio maeso na Escola compostelana. Deus ou teña no ceo. Naceu Janeiro 11.1859. Finou febreiro 21 – 1900.

Obra:
El Principio Fundamental del Derecho” (1885)
Fundamentos del Derecho de propiedad” (1887)
“El Regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario” (1889): Foi aceptado por todos os sectores do galeguismo como referente.
La Patria Gallega” (1890): Nesta obra fala por primeira vez de Galicia como nacionalidade.
La Renaixença” ou “La España Regional”: Son artigos que comparan os rexionalismo galegos e cataláns.
Historia Económica” (1894)
Curso de Hacienda Pública” (1896)
La Voz de la Sangre y la Voz de la Patria”: Drama.

sábado, 26 de septiembre de 2009

OS NOSOS CONCELLOS



SILLEDA



DEMOGRAFÍA
- Concello: Silleda
- Provincia: Pontevedra
- Comarca: Deza
- Área: 168 km²
- Entidades de población: 33 parroquias.

LÍMITES
A Serra do Candán, os montes do Chamor, San Sebastián de Meda e os ríos Ulla e Deza definen os límites do concello.

CONCELLOS LINDEIROS
- Norte e o leste: Vila de Cruces
- Leste e o sur: Lalín
- Oeste: A Estrada e Forcarei.

HISTORIA
A maior parte destas parroquias aparecen formando parte da jurisdicción do Trasdeza no s. XVII, que pertencían a provincia de Santiago.
A denominación Trasdeza aparece mencionada na Idade Media e en algúns documentos aparece a parroquia de Santa Maria de Cortegada.
Trasdeza aparece como denominación eclesiástica no 1645, designando un arciprestado do Deza, pertencente a diócesis de Lugo.
No actual territorio do concello houbo oito municipios constitucionais. Coa división municipal de 1835 o actual concello denominouse Chapa, establecendose unha pugna con Silleda pola capital e pola denominación do concello. Esta loita rematou no 1853 ao adoptarse como nome definitivo de Silleda.
Os primeiros rastros datados son da Idade do Bronce nos Campos de Mamoas. Da época castrexa son moitos restos encontrados como Castro de As Mamuelas (Refoxos) e da cultura romana consérvase algunha ponte coma a de Taboada.
Hai moita tradición histórica continuada na Idade Media coa fundación do Mosteiro de Carboeiro, construído polos condes D. Gonzalo e Dona Tareixa. O castelo de Cira onde na súa fortaleza foi escenario das loitas entre o arcebispo Diego Xelmírez e a raíña D. Urraca. No s. XIX xa derribado polos Irmandiños, presenciou a resistencia que o pobo fixo contra os franceses.
Tamén dis que na parroquia de Manduas foron acuñadas tres moedas visigodas do século VII.
Tamén houbo unha fortaleza en Chapa, pero edificáron enriba dela. Da fortaleza non queda nada nin rastro e atopar a parcela resulta difícil.
Ademáis o gravado de Castro Primadorna en Breixa que é Ben de Interés Cultural, declarado no 1974.
Os antecedentes históricos do concello de Silleda encontrámolos nos moitos castros repartidos por todo o municipio. Na parroquia de Silleda atopouse unha lápida adicada a LARIBUS VIÁLIBUS, a eidade protectora dos caminantes, indicando así que era unha zona tradicional de paso.
Todo o concelo foi escenario de feitos históricos na Idade Media.
O primeiro foi a fundación no século X da abadía de Carboeiro. No s. XI, Juan de Deza construiu o castelo de Cira que logo cedería a dona Urraca, co cal serviría para facerlle frente ao arcebispo Xelmírez. Do s. XI tamén destacan as igrexas románicas de Breixa e a de Taboada (s. XIII) e a de Ansemil (s. XIV) onde está enterrado o cabaleiro Diego de Deza.
No 1538, Pedro Mardones, maiordomo do arcebispo Pedro Sarmiento, intenta marchar contra o Conde Osorio de Moscoso en Chapa e Cira.
Nesta Idade Moderna e cando se construe o cruceiro barroco do centro do campo da feira da Bandeira (Manduas)
Na etapa contemporanea ten un interés marcado polo plan defensivo contra as tropas de Napoleón. Así en Marzo do 1809 reuníronse os párrocos de Abades, Fiestras, Grava, Cortegada, Oleiros, Refoxos, Ponte, Laro, Taboada, Rellas, Margaride, Negreiros, Ocastro, Silleda e Siador e con eles moitos veciños das parroquias, para acordar ir en contra da invasión francesa. Entón decidiron cubrir as pontes de Ledesma, Taboada, Carboeiro e Pereiro con 300, 2.000, 300 e 2.500 homes respectivamente nomeando comandante xeral das forzas a D. Bieito Martínez.
Neste concello tamen participaron polo apoio a causa Carlista, actuando nesta zona a partida de Goristide na primeira guerra (1833 – 1838) e na terceira fracción, constituída no 1873 con 25 homes (clérigos e estudantes) que foron desarticulados moi pronto, por unha denuncia imposta por uns veciños de aldeas preto do concello.

PATRIMONIO ARTÍSTICO E HISTÓRICO
Abades: Conta cun famoso santuario adicado a Nosa Señora dos Desamparados, construído no s. XVIII e destaca a súa torre que é a máis alta da comarca, frente dela está a primitiva igrexa románica.
A igrexa parroquial de Santa María de Abades está considerada de Ben de Interés Cultural dende 1981.
Ansemil: Ten un templo románico que formaba parte dun mosteiro medieval do s. XI. Este templo garda o sepulcro de Diego Gómez de Deza.
O mosteiro medieval foi fundado como mosteiro dúplice. Consta de cabeceira formada por 3 pequenas absides rectangulares que se prolongan en 3 naves que confluen na portada. Os capiteis representan motivos fitomórficos, son tallas sinxelas.
Breixa: Están os Castros das penas e os gravados rupestres de Primadouro, éstes últimos están considerados de Ben de Interés Cultural dende 1974.
Tamén está a igrexa parroquial cun gran abside e os mellores capiteis da comarca.
Carboeiro: Está o Mosteiro de San Lourenzo, fundado no ano 936, polos conde do Deza: Gonzalo Betotiz e Tareixa Eiriz.
Trátase dun mosteiro benedictino de orixe románica do s. X. Restaurado recentemente. Ten unha igrexa coa arquitectura primitiva, unha calzada empedrada que chega ata ponte medieval, ten muíño e pombal. Situado nun outeiro rodeado polo río Deza cunhas vistas fermosas.
É un Ben de Interés Cultural dende 1931.
Cervaña: Igrexa parroquial construída no 1594 co patrocinio dos Fernández de Deza e Taboada, garda o sepulcro desta familia nunha capela gótica con portada plateresca.
Cira: Ten a torre fortaleza sobre o río Ulla, único vestixio dun castelo medieval derruido polos irmandiños, segue en pé a torre homenaxe. Ademáis foi escenario das loitas de dona Urraca e o arcebispo Xelmírez. Está considerado Ben de Interés Cultural (1995).
Pazo de Paizas: pertencentes os Bolaños, Temes e Ballesteros e inicia a ruta dos pazos do Ulla.
Cortegada: Está o Castro de Cora fortaleza prehistórica e tamén a capela neoclásica e outra en Os Chaos, cun cruceiro.
Chapa: Antano capital do Trasdeza, fotaleza e hospital de peregrinos a Santiago.
Castro a carón da igrexa parroquial. Anterga ponte medieval, romana na súa orixe sobre o río Toxa e a súa beira, atopamos dous muíños.
Tamén capela barroca da Virxen das Candeas.
Dornelas: Castro Lóbrego e numerosas mármores
Igrexa románica rural do s. XII.
Escuadro: Pazo de Cascaxide pertencente aos Espinosa, dispón dunha casa señorial e ten un ejemplar de torre cadrada e unha igrexa románica do s. XVII. Ten os escudos dos Deza e dos Mondragón. Tamén dispón dunha fervenza coñecida como Pena da Auga, que amorea auga de choiva no seu interior e que segundo a tradición cura as enfermedades da pel e dos ollos.
Anterga calzada romana que chega o desaparecido castelo de Férveda derruído no 1320. Igrexa románica do s. XII con fermoso baldaquiro e cruz de prata moi labrada.
Fiestras: Igrexa e cruceiro barrocos.
Casa do convento, en Maril, que pertence o mosteiro de Acibeiro como granxa.
Graba: Restos de explotacións mineiras no Coto do Castelo.
Conxunto megalítico do Monte Penido.
Laro: Castro preto da igrexa.
Pena das Cazolas con gravados rupestres.
Manduas: No lugar de Bandeira destaca a Casa da Viña casona con portalón almenado, na entrada ó patio hai unha escalinata, ten unha gran chimenea e unha capela adicada a S. Antón, na súa fachada ten un gran escudo coas armas dos Gil, Taboada, Luaces e o león colorado dos Valenzuela.
Igrexa parroquial con portada románica.
Margaride: Torre de Costela (s. XV), único exemplar gótico da fortaleza medieval.
Igrexa barroca moi sinxela.
Casa e taller do pintor Manuel Colmeiro (1901 – 1999).
Martixe: Conserva un antigo trillo de liño no río Toxa.
Moalde: Coto do Castro con lendas de mouros e tesouros.
Igrexa neoclásica con torre (1829).
Negreiros: Igrexa parroquial con elementos románticos: arco triunfal, capiteis e ábside. Ademáis ten un campanario gótico.
Ocastro: Debe o seu nome a un castro prehistórico.
Oleiros: Pazo da Marza dos Sánchez Cantón.
Castro de As Ordas e Montaz.
Igrexa con tiunfano románico e sepulcro medieval no atrio.
Pazos: Gran fervenza natural, o lugar coñecido como a Fervenza da Devesa, un dos saltos de auga naturais con máis beleza de Galicia. Ten 50 m. aprox. de caída. O seu entorno propicia ter flora e fauna autóctona.
Dende as fervenzas parte unha ruta de sendeirismo chamada Carreiro do Deza. Gran vista paisaxística.
Este entorno está declarado Espacio Natural Protexido.
Piñeiro: Coto do Castro, recinto prehistórico.
Pazo de Carricoba co seu escudo, portalón grande, pombal e demáis elementos propios das casonas fidalgas, que nalgún tempo pertenceu ó Marqués de Ribadulla (Vedra – A Coruña).
Ponte: Restos dunha ponte medieval.
Refoxos: Castro de As Mamuelas.
Excelente panorámica dende o Monte do Candán.
Rellas: Antergo Castro e Torre medieval.
Casona construida por Beltrán Legerán, de empate de chateau francés, con balconadas, xardíns e 22 fiestras na fachada.
Saidres: Castro en Cartemil e Casoutas.
Manantial de As Candeas de augas sulfurosas.
Siador: Santuario adicado a Nosa Señora da Saleta do ano 1863.
Mamoas e castros.
Os petroglifos na Pena do Encanto.
Silleda: Pazo de Trasfontao do s. XVIII, é un recinto amurallado con amplas chimeneas, un hórreo e un pombal. Tamén ten unha capela cos escudos dos Montenegros, Varela e Mosquera.
Igrexa parroquial neoclásica.
Taboada: Debe o seu nome a unha ponte de taboas reemplazada no 912 por outra medieval, unha das vías medievais máis importante da comarca e consta dun só arco.
A igrexa románica é de principios do s. XIII. Conserva elementos da súa antiga fábrica. Tamén ten un cruceiro xunto ó templo.
Xestoso: Castro coñecido como Eira dos Mouros a 630 m.
A beira do río Escuadro hai varios antergos muíños que forman pequenas fervenzas.
No alto do monte atopamos unha lagoa coñecida como a lagoa sagra.


ESCUDO DO CONCELLO
O escudo do concello de Silleda foi doado no ano 1250 por Alfonso X, o Sabio, cando foi nomeado Rei de Castela, León e Galicia, polo apoio prestado na guerra que mantivo co seu irmán Juan.
SIGNIFICADO:
O León do escudo procede de León (o reino).
A cor verde que o rodea quere decir que foi doado.


FESTAS DO CONCELLO
Festa da rosquilla en Abades.
Festa do polo asado en Taboada.
Festa do Lacon en Silleda.
Festa da paella en Cortejada.
Festa da carne ó caldeiro en Piñeiro.
Festa da cacheira en Lamela.
Festa da tortilla en Laro.
Festa da empanada en Bandeira (Manduas).
Festa da castaña en Breixa.
Festa da Saleta en Siador.


PARROQUIAS
Santa María de Abades. San Pedro de Ansemil. Santiago de Breixa. Santa María de Carboeiro. San Mamede de Ocastro. San Salvador de Cervaña. San Cibrao de Chapa. Santa Baia de Cira. Santa María de Cortejada. San Martiño de Dornelas. San Salvador de Escuadro. San Martiño de Fiestras. Santa María de Graba. San Miguel de Lamela. San Salvador de Laro. San Tirso de Manduas. San Fiz de Margaride. San Cristovo de Martixe. San Mamede de Moalde. San Matiño de Negreiros. San Miguel de Oleiros. San Tomé de Parada. San Martiño de Pazos. San Xiao de Piñeiro. San Miguel de Ponte. San Paio de Refoxos. San Martiño de Rellas. San Xoan de Saidres. San Miguel de Siador. Santa Baia de Silleda. Santiago de Taboada. San Martiño de Vilar. Santa María de Xestoso.