viernes, 23 de septiembre de 2011
COTIDIANO
viernes, 10 de diciembre de 2010
ESCRITORES GALEGOS
Marcial Ramón Xosé María do Pilar Valladares Núñez naceu en Vilancosta, parroquia de S. Vicente de Berres, A Estrada (Pontevedra) o 14 de xuño de1821.
Era fillo do licenciado Xosé Dionisio Valladares Gómez e de Mª Concepción Núñez Morciego, naturais de Berres, e tivo unha irmá, chamada Avelina, que tamén era escritora.
Sábese que estudiou gramática latina en Berres co presbítero Felipe Picáns; tres cursos de Filosofía en Santiago de Compostela do 1836 a 1842. Acabou o título de bacharelato en Leis no 1840 e o grao de Licenciado no 1842. Dedicouse simultáneamente ó periodismo, a política e a literatura. Retirouse no 1866, vivindo gran parte da súa vida retirado no seu pazo de Vilancosta, na baixada de Berres, cara ó Ulla fronte ó Pico Sacro. Antes traballara na Administración Civil do Estado.
Morreu no 1903 e foi enterrado detrás da igrexa onde están os defuntos da familia, debaixo das lápidas de pedra labrada.
Obra:
Foi autor do Diccionario gallego-castellano (1884), con 11.000 vocablos recollidos entre os anos 1850 – 1884, onde incorporou como referencia 240 cantigas e 460 textos en prosa na súa maioría literatura popular, o cal lle permitiu ser nomeado membro da Real Academia Española.
Tamén escribiu unha gramática galega Elementos de gramática general (1892), inédita até que Galaxia a publicou no 1970.
No Album de la Caridad (1862) apareceron catro poemas seus entre os que destaca A fonte do Pico Sacro. Outro poema coñecido é A castañeira de Santiago, que é un monólogo de certa calidade que inclue Antonio de la Iglesia no El idioma gallego (1886).
Unha das súas composicións máis sobresaíntes é Soidades, está escrito en endecasílabos de tipo sentimental. Da súa autoría tamén é un cantar de tipo popular chamado Vilancosta.
E a obra literaria que abreu o paso a obras en galego foi Maxina ou a filla espúrea.
Investigou diferentes mostras na nosa literatura popular dando lugar a Colección de enigmas y adivinanzas e o volume cuarto da Biblioteca de Tradiciones Populares (Folklore Español) do compostelán Antonio Machado y Álvarez.
No ano 1970 a Real Academia Galega adicoulle o Día das Letras Galegas.
Cando morreu deixou un bo número de traballos inéditos, entre eles un Cantigueiro popular (1867) e non viu a luz até 1970.
Pero, ó máis importante, sen dúbida, é que, Marcial Valladares, foi mellor coma lexicógrafo que coma novelista.
O primeiro “intento” de escribir unha novela en galego. Xa que foi o inicio de que outros autores escribisen en galego. Intento, porque a maioría da novela é en castelán, os únicos que falaban en galego eran os do rural e o narrador mentres que os da cidade falaban castelán; tamén utilizou a variedade intermedia entre o galego e o castelán, provocando un efecto humorístico no lector.
Esta novela é un documento moi importante dende, un punto de vista sociolingüístico daquela época. Grazas a ésta disglosia foi o que lle dou veracidade á novela. Aínda así a novela foi moi importante, pois introduciu o galego na prosa e demostrou que era un idioma apto para outros xéneros literarios, ademáis da lírica.
MAXINA é unha obra que relata a unha mociña de dezaseis anos, Otilia, filla dunha familia noble de Sancti-Petri, que deu a luz unha filla nunha casa de labregos.
Despois sábese que foi violada por un membro dunha comparsa disfrazado que ela non recoñeceu. O misterio vaise desvelando o tempo que transcorre a historia.
Maxina, a filla que tivo Otilia, acabou nunha inclusa e despois foi adoptada por Inés e Caitán, os campesiños que axudaron a Otilia a ter a nena, e educaronna en compaña do seu fillo natural, Ermelio.
Cando morren Inés e Caitán, Ermelio e Maxina vanse a Madrid grazas os seus benefactores Salvio e o Marqués de Triacastela, respectivamente.
O desenlace é que Otilia vaise casar co seu amor de xuventude, pero vira tola. Descóbrese o violador, Veranio. Mentres que Maxina casará con Ermelio na casa onde naceu.
En resumo o tema principal é a violación e a deshonra de Otilia, unha mociña de clase alta, non Maxina como indica o nome da novela.
lunes, 6 de septiembre de 2010
Recordando
RECORDOS
Recordo a herba mollada, a brisa de ar quente chocando na cara,
esa algarabía de cantos de paxaros a mañanciña.
A ledicia de chegar o verán,
a sorpresa do día do meu cumpreanos,
a festa da parroquia, as esperas de ir para a casa dos avos e xogar cos curmáns.
Recordos que, por un intre, te levan a uns días sin preocupacións,
un tempo onde sorrír era continuo,
onde non había preocupacións nin saber a onde ía a túa vida.
Pero todo iso son recordos,
recordos gardados nunha caixa forte que sen eles non podes vivir,
sen eles non serías esa persoa que es,
recordos que dan vida para seguir, para levar o día a día,
recordos que che fan ver as cousas doutra maneira.
Por iso son recordos,
recordos ledos, recordos tristes,
recordos indiferentes,
recordos que agora podes utilizar de sabiduría…
esos son os recordos eses son a vida e a ilusión.
Recordos…
Ximonde
Volver de novo.
Tomei un descanso e agora, non tan seguido coma antes, pero volverei a escribir...
jueves, 26 de noviembre de 2009
RECEITA
COELLO Ó CHOCOLATE
Ingredientes:
1 coello cortado en octavos
1 cebola
1 copiña de brandy
50 gr. de chocolate
Elaboración:
1._ Limpa e pica finamente a cebola e corta os tomates.
2._ Quenta o aceite nunha cazola e dora os anacos de coello, salpimentaos. Incorpora a cebola e os tomates e deixa sofreír.
3._ Engádelle o brandy e tapa. Deixa cocer a lume lento durante unha hora.
4._ Engade o chocolate fundido e continua cinco min. máis a cocción.
5._Sírvese ben quente.
6._ Pódese acompañar cun arroz en branco.
Observacións:
Aplicacións: 2º plato
Preparación: 10 min.
Cocción: 1h 10 min.
PAX.: 4 personas
Anotacións: É mellor utilizar chocolate negro, sen leite; os chamados “de cobertura” ou “para postres”. Para que o chocolate non adquira un sabor amargo hai que disolvelo ó baño maría cun pouco de auga ou caldo.
domingo, 15 de noviembre de 2009
PERSOEIROS
Naceu O Ferrol no 1820, os 14 anos deixouno e instalouse en Madrid para estudiar nun colexio de señoritas.
Sete anos despois asistiu a universidade como ointe as clases de dereito vestida de home. No 1848 acabou a carreira e nese ano casouse cun escritor, avogado e periodista liberal Fernando García Carrasco. Fuxindo da represión foron a vivir a Oviedo; quedou viuva xoven e con dous fillos pequenos e segue escribindo no periódico no que o facía o seu marido, La Iberia. Estableceu a súa residencia en Potes (Santander), onde no 1859 creou un grupo femenino da Conferencia de San Vicente de Paul para axudar os pobres.
No 1861 a Academia de Ciencias Morales y Políticas premiouna pola súa memoria La beneficencia, la filantropia y la caridad.
No 1863 convertiuse na primeira muller que foi nomeada visitadora xeral de prisións de mulleres e no 1868 asignaronlle o cargo de inspectora de casas de correción de mulleres. Tres anos despois publicou en Madrid La voz de la caridad revista que fundou con A. Guerola na que escribiu durante catorce anos. No 1872 fundou a Constructora Benéfica, unha sociedade filantrópica de casas baratas para obreiros.
Organizou en España a Cruz Roja. Foi unha das mentes máis lúcidas da historia da medicina hospitalaria polas súas aportacións a curación de enfermos, a asistencia sanitaria e psiquiátrica, a hixiene e o papel da muller nas diferentes institucións relacionadas coa cura de enfermos.
Estudios penitenciarios, Cartas a los delicuentes y El visitador de preso compoñen a súa obra, a trioloxía do seu pensamento de penalista xenial.
Morreu en Vigo en 1893 donde foi enterrado.