jueves, 24 de enero de 2013

OS NOSOS CONCELLOS



AGOLADA

· DEMOGRAFÍA:
-          Concello: Agolada
-          Provincia: Pontevedra.
-          Comarca: Deza.
-          Área: 147’83 km²
-          Entidades de población: 24 parroquias.
-          Gentilicio: Agolense.

· LÍMITES:
Agolada está situado no centro de Galicia. Limita co río Ulla polo norte e en Brocos únese ó río Arnego antes do comenzo do Encoro de Portomouros.

· CONCELLOS:
-          Palas de Reis e Antas de Ulla (provincia de Lugo)
-          Santiso (provincia de A Coruña)
-          Rodeiro, Lalín e Vila de Cruces (provincia de Pontevedra)

· HISTORIA:
  O nome da vila de Agolada pode vir do latín “aqua lata  unha expresión latina, isto é auga conducida ou lavada, sin ter ningunha relación con Golada; ou tamén da súa situación xeográfica ó estar comunicada coas zonas colindantes a través de moitas pontes que foron construidas na época dos romanos.
  Da prehistoria consérvase importantes obxetos correspondentes a Cultura Megalítica. Os campos  de túmulos exténdense ao longo destas terras. Todo está sementado de mamoas nas que aparecen restos valiosos coma o famoso “Tesouro de Agolada” achado nunha mamoa do campo do Xastre (parroquia de Ferreiroa), éstos obxetos encóntranse no Museo Provincial de Pontevedra e está formado por dous brazaletes e un toque de ouro; unha louza cun grabado en zig-zag de Coteimil; duas mazás de pedra pulidas de Lamas (Trabancas). 
  Entre os campos de túmulos atópanse os de Pereiro (Agra), no Monte Luxilde (Artoño), Monte da Carballeira (Berredo) e noutros lugares como Eidián, Esperante, Vidueiros, Ferreiroa, Gurgueiro, etc...
   Tamén pódese dicir os castros existentes dos que destacamos o Castro de Marcelín (Merlín), Castro do Coto dos Mouros (Trabancas), Castro de Vilela (Borraxeiros), Castro de Buxel (Artoño), Castro de Brocos...
   Da Idade de Bronce tamén temos unha machada con duas argolas de bronce atopadas no Monte Farelo (Trabancas).
    A partir do século VI a historia do concello estivo ligada a zona do Deza, comarca xa configurada polos mesmos concellos que hoxe a forman. Neste século formouse o condado do Deza do mesmo nome que a rexión, coma unhas das divisións da diócesis de Lugo, parte das terras foron donadas no século X a Igrexa Compostelá polo rei Ordoño II.
   Nesta etapa houbo unha proliferación de igrexas románicas, as parroquias máis importantes deste tramo románico son Ventosa, Orrea, Ferreiroa e Ramil.
Nas terras de Agolada foi onde tivo lugar o enfrentamento entre os Churruchaos (Suárez do Deza) e o arzobispo de Santiago a finais do s. XIV. Algúns anos máis tarde, Agolada, aparece baixo o dominio do Conde de Lemos, Pedro Enríquez de Castro. No século seguinte os Moscos aparecen como donos das terras e propiedades en varias xurisdiccións.
  A fortaleza de Borrexeiros era propiedade da casa de Altamira, e foi derruida durante a Revolución Irmandiña no 1467.
   Do s. XVIII en canto a construccións históricas destácase a igrexa de Vilariño, a igrexa de Santa Comba e a igrexa de Branega, etc. Non debemos esquencer doutras construccións representativo do municipio como son os cruceiros, hórreos, Pontes, etc.
   No monte Farelo (Trabancas) hai constancia da existencia doutro tempo, dunha capela chamada de S. Silvestre.


Hai grabados rupestres na Pena da Carballeira (Ferreiroa) declarado Ben de Interés Cultural (BIC) en 1975 e os grabados do campo do Xastre (Ferreiroa) tamén declarados BIC (1975) e os de Ayán Picurela (Trabancas) declarados BIC no 1975.
 Ademáis de que Agolada comezou a medrar entorno a feira, que se trasladou dende os Chaos de Aian até o recinto feiral dos Pendellos (monumento histórico- artístico) con rudas construccións.
   Agolada na cultura popular:
        
           As mociñas da Agolada/
           non saben tascar o liño/
           e andan porta por porta: /
           ¡tásqueme este afuxaliño!

·                   PATRIMONIO ARTÍSTICO E HISTÓRICO
 Agra: Os túmulos (sepulcro levantado da terra) de Pereiro.
Igrexa e cruceiro.
 Artoño: Os túmulos de Monte Luxilde.
Castro de Buxel.  
 Baiña: Casa de Castro (arquitectura civil).
 Bais: Mosteiro de Bais (arrasado polos irmandiños).
 Basadre: Consérvase vestixios dunha ponte romana en Mourazos.
 Berredo: Os túmulos do Monte da Carballeira.
Igrexa de Berredo: É un monumento do románico e evoca influencias benedictinas do Mosteiro de Órrea, ó que pertenceu Berredo. Construida a finais do s. XII da que só consérvase a ábside  semicircular e os arranques da nave. Na ábside, as columnas exteriores foron sustituidas por contrafortes ou bandas lombardas; conserva os canzorros (peza vertical que sobresae dunha parede para termar dun peso dunha solaina, dun balcón, etc.) e as fiestras en arco, tapiados.
 Borraxeiros: Castro de Vilela: Atopouse nel unha machada, dúas vasillas de barro, un colar e dous aneis achados en senllas mamoas.
Casa Rectoral de Borraxeiros.
Casa de Cabanelas.
Igrexa de Borraxeiros: Conserva da súa parte primitiva a estructura románica do s. XII, parte da fachada e os dous primeiros tramos da nave, ademáis dalgúns elementos ornamentais e anacos de columnas. A súa portada ten dous pares de columnas de doble arquivolta, similar as de Órrea e Ventosa, os canzorros do tellado e unha porta lateral. O sepulcro e a estatua orante (s. XVI) que se encontra no seu presbiterio, pertencente a Antonio Salgado, primeiro conde de Borraxeiros no século XIII.
 Pazo de Borraxeiros: Está nun enclave elixido para a defensa, coñecido polo lugar “da torre” e cunha orixen perdida na escuridade dos tempos. A edficación era un castelo-fortaleza  medieval, propiedade da casa de Altamira e foi derruido en 1467 polos Irmandiños. Esta ruinas serviron como asento doutro edificio de aspecto feudal. Moitos elementos foron aproveitados do antergo castelo de Borraxeiros  para construir, no s. XVII, o Pazo de Salgado (despois chamado Pazo de Borraxeiros). Ao longo do tempo sucedéronse diversas recontruccións que converxeron na antiga casa señorial que hoxe pódense ver.
A construcción é de planta rectangular, con fachada ameada de dúas plantas, con interesante porta neoclásica e cheminea barroca, patio de armas e capela.
Cruceiro de Vilanova: Cruceiro de elegante fritura, íntegramente conservado na aldea de Vilanova (Borraxeiros). Destaca o capitel e as esfinxies da Virxen e o crucifixio. O fuste, alongado e de base hexagonal, descansa sobre un pedestal cúbico biselado nas arestas superiores. Presenta plataforma pétrea baixo o pedestal.
 Brántega: É un nome de raíz céltiga.
Existen varios túmulos funerarios no Campo da Mamoa e en Moas.
Igrexa de Brántega: Igrexa parroquial do s. XVIII, garda un retablo barroco. Ademáis da igrexa hai tres capelas nos lugares de Moas, O Casal e A Feira Nova.
No tocante á arquitectura civil, na aldea de Moas existe un vello Casal con escudo nobiliario que pertenceu ao Conde de Pallares.
 Brocos: Está o Castro de Brocos.
 Embalse de Portodemouros: A súa capacidade é de 297 hm³. A elección do emplazamento debeuse  entre outras cousas á existencia no contorno dos materiais necesarios para a súa construcción ademáis da impermeabilidade da roca existente.
 Carmoega: Pazo da Pena: Data dos últimos anos do século XV, pero houbo engadidos e reformas posteriores.
 Eidián: Casa Solar dos Basadre: Máis coñecida por Pazo de Eidián (tamén chamada Casa do cego) é unha típica casa fidalga do s. XVI, foi parcialmente modificada con obras defensivas na Primeira Guerra Carlista, que enriba do portalón de acceso ten un escudo e o seu emplazamento é un antigo Coto Templario, dese tempo só sobrevive a capela da aldea. Foi a casa da familia López de Basadre.
 Esperante: Hai campos de túmulos.
 Ferreiroa: Igrexa de S. Pedro de Ferreiroa: Data do ano 1030, foi modificada posteriormente, a fachada e canzorros son do século XIII e o campanario do s. XVI. Nela destaca a súa virxe sedente.
Tesouro de Agolada” achado nunha mamoa do Campo do Xastre (que foi declarado Ben de Interés Cultural no ano 1975).
Pena de Carballeira declarado Ben de Interés Cultural no ano 1975.
Campos de túmulos.
En arquitectura civil teñen a Casa dos Outeiros.
Recinto feiral Os Pendellos é un verdadeiro monumento histórico – artístico (declarado no 1985), con rudas construccións e que constitue un singular exemplo da arquitectura rural.
 Gurgueiro: Hai campos de túmulos.
 Merlín: Castro Marcelin: Vixia de cen horizontes, coas súas mamoas, as súas covas os seus tesouros e a súa lenda da raiña Marcela.
 Órrea: Na parroquia estaba situado o mosteiro de S. André de Órrea, do que hoxe só se conserva a igrexa, convertida en templo parroquial. A igrexa parroquial é unha obra arquitectura dunha soa nave e ábside semicircular dividida en cinco tramos. A porta principal e de doble arquivolta con capiteis de figuras xeométricas e tímpano liso sobre mochetas de aresta. A portada lateral abrese ao muro norte e antes comunicaba o templo co mosteiro, é semicircular e de doble arquivolta e tímpano liso. Na ábside unha fiestra semicircular en aresta e a beira do tellado ornamentación xeométrica.
 Ramil: Igrexa parroquial: Ten claros vestigios prerrománicos e mesmo visigóticos na súa estructura. Estes elementos seguramente procedan do templo primitivo do que ven as súas ruinas preto do actual; ainda que tamén ten elementos góticos coma os capiteis interiores. De nave única, ábside cadrada, fiestras abucinadas, portada de arco sobre columnas cun sobrio arco triunfal con doble arquivolta.
En arquitectura civil ten a Casa das Ferraduras.
 Santa Comba: A igrexa parroquial é de estilo neoclásico, foi construída no século XVIII.
Os Montes Candeiro e San Sadurniño.
Un pequeno outeiro, denominado Monte do Castro, con algúns restos da súa antiga fortificación, na súas proximidades pódese ver dúas mamoas.
 Casa de Quintela ou dos Arias: Consérvase a solaina, a capela e o hórreo, ademáis dun escudo no que se divisa unha torre, un león rampante e unhas barras. Foi fundada polo escribán Alonso de Lodeiro, que obtivo a carta de fidalguía no 1568.
 Trabancas: Castro do Coto dos mouros.
Da Idade de Bronce atopouse unha machada con duas argolas de bronce atopadas no Monte Farelo.
Da arquitectura civil está a Casa Rectoral de Trabancas.
Ayán Picuela (San Mamede de Trabancas) está declarado Ben de Interés Cultural dende 1975.
No Monte Farelo hai constancia da existencia dunha capela chamada a de San Silvestre.
 Val de Sargonza: Está a igrexa parroquial: que pertence ao barroco rural.
 Ventosa: A igrexa parroquial: data do século XIII, pero da súa orixe románica tan só permanece a fachada e a nave. No interior ten o sepulcro do abade Lope de Ventosa e catro frontes completas dun baldaquino, exemplo único na comarca e un dos máis fermosos de Galicia.
 Vilariño: Hai unha fonte de augas termais, que fixeran un pequeño balneario, hoxe abandonado.
A Ponte Vilariño foi iniciada no ano 814, hoxe reformada.
Igrexa parroquial que presenta unha curiosa fachada barroca e o seu campanario.




· ESCUDO DO CONCELLO
En campo de azur, unha balanza da xustiza, de prata, e un carballo de sinople, atravesado por unha espada, de prata. Ó timbre, coroa real pechada.





· FESTAS DO CONCELLO
Festa do río en Carmoega.
Festa dos chóferes en Ferreiroa (Agolada).
Festa do porco cebado e a carne ó caldeiro en Ferreiroa (Agolada).
Festa do Ecce Homo en Santa Comba.
Festa do Faro en Ventosa.
Festa do emigrante en Ventosa.
Festas patronais de Ferreiroa (Agolada).
Festa Medieval no campo da feira Ferreiroa (Agolada)
Festa de S. Ramón en Artoño.
Festa de S. Silvestre en Ventosa.
Festa do S. Cristóbal en Borraxeiros.

· PARROQUIAS
San Miguel de Agra. Santalla de Artoño. San Pedro de Baíña. San Paio de Bais. Santa María de Basadre. Santa María de Berredo. San Cristovo de Borraxeiros. San Lourenzo de Brántega. San Miguel de Brocos. San Pedro de Carmoega. Santiago de Eidián. San Cibrao de Esperante. San Pedro de Ferreiroa. San Miguel de Gurgueiro. San Pedro de Merlín. Santo André de Órrea. San Martiño de Ramil. San Xoán de Santa Comba. San Cibrao de Sesto. Santiago de Sexo. San Mamede de Trabancas. Santa María de Val de Sargonza. San Xiao de Ventosa. Santa María de Vilariño.







martes, 2 de octubre de 2012

ESCRITORES GALEGOS


ANTONIO LÓPEZ FERREIRO

Vida:
Antonio Joaquín López Ferreiro naceu na cidade de Santiago de Compostela (A Coruña), na actual sede do Instituto da Lingua Galega, o 9 de novembro do 1837.
Foi o único fillo varón de Ramón López Vázquez e de Xoana Ferreiro Hermida, ademáis de catro fillas.
López Ferreiro comeza a segunda ensinanza en Santiago, no curso 1848 – 1849, e fai catro cursos no Seminario. Acada o título de bacharel en Filosofía no 1856. No curso 1856 – 1857 comeza os estudios de Teoloxía na Facultade de Teoloxía na Universidade de Santiago, acadando o título de bacharel en Teoloxía no 1860. Despois fixo Dereito Canónico e estudou dous ano de hebreo. Sobre 1862 marchou a Madrid coa súa familia por traslado do pai, que era funcionario do Ministerio da Gobernación. Na Universidade de Madrid licenciouse en Teoloxía no 1863, pero antes de licenciarse ordenouse sacerdote en Santiago no 1862.
Estudou tres anos na Escola Superior Diplomática, en Madrid conseguindo o título de arquiveiro. Nesta escola surxio a vocación de historiador.
En 1865 regresa a Galicia e por concurso gaña en propiedade a parroquia de Santa Baia de Vedra, onde permanece ata que o cardeal Miguel García Cuesta o nomea coengo da Catedral de Santiago, no 1871, da que tamén será arquiveiro.
López Ferreiro foi un dos máis grandes historiadores en temas da cidade de Santiago e Galicia. Coas súas obras históricas axudou a que a nosa terra adquirise conciencia da propia personalidade.
López Ferreiro é un narrador de moitos dotes e un gran coñecedor da lingua popular galega.
Foi un dos académicos fundadores da Real Academia Galega o 4 de setembro de 1905, na cadeira 15, membro correspondente da Real Academia da Historia (Madrid) e membro da Academia de Boas Letras de Barcelona.
Morreu na parroquia de San Pedro de Vilanova, concello de Vedra (A Coruña) o 20 de Marzo de 1910, pero foi enterrado no claustro da catedral de Santiago.

Obra:

  • Literatura galega:
  • A teceira de Bonaval” (1894): É un mezcla dunha historia de amor cos acontecementos sociopolíticos da Galicia do s. XVI (enfrentamento entre a burguesía e a Igrexa Compostelá)
  • O castelo de Pambre” (1895): Alterna unha historia de amor coa exposición dun conflicto nobiliario entre Gonzalo Ozores de Ulloa e outros nobres galegos partidarios da casa Trastamara. Nesta novela utilizou o seudónimo de “K”.
  • O niño de pombas” (1905): De temática amorosa que está ambientada na Galicia do s. XII, e ten como escenario o Mosteiro de Carboeiro. Nesta novela firmou co seu seudónimo “K”.

  • Historiador:
  • Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela: Está formada por once tomos e foi nos anos 1898 – 1911, o derradeiro póstumo.


- “La historia de Compostela y su reprobación crítica por Masdeu” (1866)
- “El Sepulcro del apóstol Santiago” (1872)
  • Leyenda sobre la vida de San Pedro Mezonzo” (1872)
  • Estudio histórico crítico sobre el Priscilianismo” (1878)
  • Galicia en el último tercio del siglo XV” (1883 – 1885)
  • Don Rodrigo de Luna” (1884)
  • El Pórtico de las Platerías” (1844)
  • Don Alfonso VII, rey de Galicia y su ayo el conde de Traba” (1884)
  • El Pórtico de la Gloria” (1886)
  • Fueron municipales de Santiago y su tierra” (1895)
  • Santiago y la crítica moderna” (1901)

  • Fundador:
Fundou e dirixiu revistas, a máis importante:
  • Galicia Histórica (Santiago, 1901 – 1903): Onde quixo publicar estudios históricos, fuentes, bibliografía y crónicas de Galicia.
  • Un dos fundadores da Real Academia Galega (1905)

  • Revistas:
Traballou para estas revistas:
  • El porvenir.
  • Revista Compostelana de Instrucción y recreo.
  • El libredón.
  • Boletín Oficial del Arzobispado.
  • Galicia católica.
  • El pensamiento gallego.
  • Galicia diplomática.

  • Arqueología:
No campo da arqueoloxía destacou polas investigacións arqueolóxicas na catedral
Lecciones de Arqueología Sagrada” (1889)

Ademáis foi relevante a súa labor como presidente da “Sección Arqueológica de la gran Exposición Regional”: Celebrada en Santiago no ano 1900.

  • A Real Academia Galega adicoulle o Día das Letras Galegas no 1978.

viernes, 13 de abril de 2012

PERSOEIROS



Padre MARTÍN SARMIENTO

Pedro José García Balboa naceu no seo dunha familia noble, en Villafranca do Bierzo (León) no 1695. Pasou a súa infancia en Pontevedra ata 1710, cando trasladouse a Madrid para ingresar na orde benedictina. Posteriormente realizou estudios de Teoloxía en Salamanca, onde adoptou o nome de Martín Sarmiento.
Pasou por varios conventos benedictinos de León e Asturias, onde conoceu o Padre Feijoo, do que foi axente de información documental
No 1725, viaxou a Pontevedra, antes de establecerse en Madrid durante máis de 20 anos. Nesta etapa publicou a única obra que viu a luz en vida do autor, Demostración crítico-apologética del Teatro Crítico Universal (1732), na defensa do Padre Feijoo.

Redactou por encargo Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles (1741 – 1745), con este libro ofreceu a primeira noticia moderna, ben informada, da existencia da literatura galega medieval.
No 1745, Sarmiento emprendeu unha viaxe ata Galicia que durou sete meses e que ofreceulle a ocasión de ir recollendo palabras galegas sobre plantas, topónimos, etc. De volta a Madrid, compuxo o Coloquio de Perico e Marica e Diálogo de 24 rústicos, ésta última escribiuna baixo o pseudónimo “O poeta Marcos da Portela” ademáis esta obra non está rematada.

Fixo informes sobre temas relacionados coa botánica, a vocación do autor.

Entre 1754 – 1755 realizou outra viaxe a Galicia que lle permitui recoller voces para o seu Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetales e tamén a obra Catálogo de voces y frases de la lengua gallega y sobre la paleografía española nesta obra destacou as 1200 coplas populares recollidas durante a súa viaxe a Galicia no 1745.
A súa volta a Madrid, Sarmiento centrouse nunha serie de traballos de historia natural con atención especial a flora galega aos nomes das plantas (1756 – 1762).
A dedicación ó estudio do galego tivo o seu reflexo no Onomástico etimológico de la lengua gallega. Por isto, pódese afirmar que o padre Sarmiento distinguiuse por ser un defensor pasional do estudio da lengua galega, ata tal punto, que xa no seu tempo dixo que había que ensinar ós nenos na lingua do país e que os curas debían predicar e confesar tamén nesa lingua.

Ó último que escribiu foi La educación de la juventud no 1768

Morreu en Madrid no ano 1771.

miércoles, 18 de enero de 2012

LENDA


A MOURA PETRA DE NEGROS.




Esta lenda é no Monte Penide en Negros (Redondela).


Unha princesa moura, chamada Petra, por ser de cor escura, é a gardana do tesouro que hai no interior da montaña (Monte Penide); ela sae todolos días da cova e ponse a facer ofrendas o sol “… vela por nos…”.



A moura sempre, a noitiña de lúa chea, senta nunha peneda (chamada cadeira da moura) ó carón dun precipicio cos pes colgando e alí adícase a peitear os seus cabelos longos, toda a noite, pois dise que non durme nunca.


Os mozos que ían salvala do encantamento para coller o tesouro, van as noites de lúa chea. Entón cando o mozo ía conquistar a moura, ela facíalle subir a cadeira da moura e tiña que pasar algunhas probas, se as pasaba facíalle, a última, ela desaparecía un intre e o voltar traía un esqueleto na boca e o mozo tiña que quitarllo coa boca. Se él se negaba entón a moura via que non estaba a súa altura e tirabao dende a peneda (cadeira da moura) e así morría.


Xa sabedes, se queredes liberar a princesa moura tedes que poder quitarlle o esqueleto da boca, pois son as forzas da ultratumba.

viernes, 18 de noviembre de 2011

ESCRITORES GALEGOS

AURELIO AGUIRRE

Vida:
Aurelio naceu na Rúa do Vilar (Santiago de Compostela) o 23 de abril do 1833.
Seu pai morreu pronto, volvéndose a casar súa nai cun cabaleiro de ideas liberais, que influirían no seu fillastro. Aurelio matriculouse na Facultade de Dereito compostelá, onde fixo amistade con personas que logo destacarían no mundo literario, coma Eduardo Pondal, Rosalía de Castro. Aguirre foi o que promovía charlas no Liceo de la Juventud, no Convento de San Agustín.
Con Pondal e outros universitarios participou, o 6 de marzo do 1856, no banquete de Conxo, ó que foron invitados representantes da clase obreira; foi unha especie de toma de conciencia coa realidad social da época na que Aguirre sería a súa figura máis activa, tanto que no seu discurso e os dos outros oradores foron denunciados na Audiencia de A Coruña, que decretou o desterro ás islas Marianas. Menos mal que os bo oficios do fiscal de Santiago fixo que a sanción fose menos severa.
Unha das frases do discurso de Aguirre que “revolucionou” os presentes, foi cando fixo alusión a Xesucristo do que dixo que “era el hijo de un modesto carpintero”. O xoven Aurelio foi recibido polo arzobispo compostelan que quixo coñecer as ideas relixiosas do poeta, antes da entrevista tivo unha forte discusión co secretario da Súa Eminencia, un fraile dominico.
Morreu ós 25 anos na praia de S. Amaro (A Coruña) o 29 de xullo do 1858, coa súa morte os seus contemporáneos considerarono coma o “Espronceda galego”; ademáis polo seu suicidio na praia, foi un dos arquetipos románticos, e modelos para os escritores renovadores do momento.

Obra:
Improvisación: Soneto dedicado a Rosalía de Castro.
A. F.: Romance dunha delicadeza especial, un allegro e dun pensar inmortal.
Ensayos poéticos.
A una pescadora.
El expósito.
Un mendigo.
A un esclavo.
A una huérfana.
El adiós del desterrado.
A la juventud gallega.
Al Liceo de la Juventud de Santiago.
Amor patrio.
Poesías selectas.
A los mártires de Carral.
A mis calumniadores: Versos onde deixa clara a súa fe relixiosa.
El murmullo de las olas: Poema que trascende sobre a Negra Sombra e é un canto sobre o mar, o que lle pregunta “qué les dices a los que sufren, con su murmullo, las olas”.

sábado, 8 de octubre de 2011

COTIDIANO

A vendima

Este ano a xente comezou a vendimar moito antes, pois as uvas xa están maduras. Recordo hai uns anos, fora con unha amiga de viaxe, o 1 e 2 de outubro e cando chegara tivera que axudar coa vendima, a remexer no lagar… e agora este ano, a mediados de setembro, xa rematei ca vendima.

Os outros anos había moitos racimos con goios verdes, as uvas case un 50% estaban verdes ou lles dera a peste, pero este ano habría un 1% de uvas verdes ou con peste, ademáis eran grandes racimos, que xa non acordaba eu collelos.



O outono

O outono comezou ca vendima e, pouco a pouco, as noites xa se ven máis grandes, pronto as árbores deixaran caer as súas follas ou cambiaran de cor para dar un cadro fermoso o pasaren pola súa beira, disfrutando dun paseo a tardiña, relaxante, paseniño, escoitando os sons dos paxaros, o tren pasando pola vía, un coche pola carretera, un silbo… quén é, só un paxaro que canta para comunicarse cos seus conxéneres, un esquío brincando de póla en póla e, de súpeto, xa estás de volta dese soño, que che levou a outro mundo, a outra dimensión onde te relaxabas e experimentabas cousas que parece que só os anxos deben sentir, eras como un deles alá, nun ceo especial, facéndote vibrar.

Desperta, a realidade xa che da de fronte, con ladridos de cans, alboroto de cativos, señoras a rifar, volta a rutina, despois dun descanso que só ti coñeces; ese será o teu segredo.


Qué quererás de min, meu novo outono,

si xa todo cho din na última entrega;

si xa fixen balance e soio anega

tristeza ó corazón en abandono.”

(Arcadio López Casanova)

viernes, 23 de septiembre de 2011

COTIDIANO


O TREN DA VIDA

Cando ía a herba e era pequena, poñíame a xogar coa auga cerca da vía do tren, pero, claro, meus pais intentaban que non estivera preto, aínda que eu escapaba; o estar preto das vías empezaban a vibrar e apartábame un pouco e alí pasaba cun ruido moi forte e, o mesmo tempo, poñíaseme a pel de galiña, porque era maravilloso, encantábame. Se estaba no prado levantábame de xogar e parábame a ver o tren e a saudabao.
Por qué lle teño tanta admiración, pois dende a miña casa, subíame o valo, ó carón do horreo, e alí víao pasar. Era unha rutina que até de maior o facía e o faría se non fora porque xa non limpan o monte e deixaron crecer as árbores e tápanme a vista, e enfadáme de verdade iso, pero que lle imos facer…

Bueno porque empecei a falar disto, pois porque saíu na tele que xa houbo unha proba do A.V.E. por Galicia, e onde vivo derribaron casas, colleron montes, leiras e terreos para facer a vía do tren novo. E como dixen, o tren xa non o podía ver, pero casualidade, nun monte detrás da casa, os donos do monte cortaron algunhas árbores e, curiosamente, agora teño unha vista da vía do A.V.E. moi boa, pois puiden ver como se construía a vía case dende o principio.



Como vai cambiando a vida, tiña admiración polo tren e agora podo ver o “famoso” A.V.E., só que xa non e o mesmo, éste vai ir a máis velocidade, éste é a modernización, éste xa non é o que comencei a ver de cativa, os anos pasan, a vida pasa e todo vai cambiando, mellorando, aprendendedo, rectificando, experimentando; xa non é coma cando es cativa que todo é inocencia e alegría…