miércoles, 17 de junio de 2009

RECEITA


Coca de San Xoan

Ingredientes:
80 gr. de manteiga
300 gr. de fariña
100 gr. de azucre
4 ovos
30 gr. de azucre glass
¼ l. de leite
½ sobre de levadura en po
1 limón
100 gr, de froita confitada
50 gr. de piñóns
Anís moído e canela en po.

Elaboración:
1._ Acender ó forno e poñelo a 180ºC.
2._ Formar un volcán coa fariña tamizada e engadir o azucre, o leite, 3 ovos, o anís, a levadura, a ralladura de limón e espolvorear un pouco de canela por enriba da fariña. Amasar ata formar unha masa fina e homoxénea.
3._ Engadirlle a masa a manteiga derretida (non debe estar moi quente) e amásase de novo.
4._ Cando estea amasada, dáselle forma ovalada e ponse nunha bandexa que previamente está untada en manteiga e espolvoreada de fariña. Deixase repousar 15 min.
5._ Espolvoreamos a mesa coa fariña e estiramola, dándolle forma típica de coca (máis larga que ancha).
6._ Poñer nunha bandexa, untada con manteiga e espolvoreada en fariña, a coca.
7._ Pinta a coca con ovo batido. Despois repartir os anacos de froita confitada e os piñóns por enriba e ó remate espolvorear con azucre glass.
8._ Metelo no forno, xa aceso, e deixar cocela ata que quede douradiña durante 30 minutos aproximadamente.

Observacións:
Aplicacións: Postre
Preparación: 45min., aprox.
Cocción: 30 min.
PAX: 5 personas.


jueves, 11 de junio de 2009

PERSOEIROS


Pepa a Loba

Vida:
Non se sabe con certeza onde foi o lugar de nacemento, uns din que na parroquia de Couso (A Estrada) en 1835 e outros en Amoedo.
A nena creceu na compaña da súa nai coñecida como “La Falucha”, ésta mimouna e quixoa moito ainda que eran pobres. De pai descoñecido, ainda que o pobo cría que era o irmán do tendeiro do pobo.
A nena comezou a traballar no campo e tamen coidaba as ovellas de súa tía Dorinda, aquí foi onde gañou o alcume de Pepa a Loba, xa qe nunha ocasión enfrentouse ó lobo cun pao e o seu can saíu na súa defensa matando o lobo tras unha terrible loita. A nena quedou ferida e o can axudoulle a chegar a aldea.
Na xuventude Pepa ve como un descoñecido entra na casa e viola a súa nai, nove mese despois a nai de Pepa e o bebe morren no parto.
Entón súa tía Dorinda faise cargo dela obrigandoa a mendigar polas feiras e mercados, ademáis de traballar na terra e coidadando as ovellas. Dorinda mete a Pepa a vivir na casa do tendeiro coa esperanza de que a faga súa querida e gañar algúns pago por parte del. Pero o tendeiro colleulle cariño e adoptouna coma filla. Despois o tendeiro contratou a un estudiante para que aprendera o oficio. E Pepa e él fanse mozos. O tendeiro fai testamento a favor de Pepa e o pouco aparece asasinado cun coitelo de cociña cravado no peito. O mozo resulta exculpado mentras Pepa foi condenada a cadea perpetua. O pobo, sen embargo sospeitan que o crimen foi cometido polo irmán do tendeiro (ó que consideraban pai de Pepa).
Este erro da xustiza fai permanecer a Pepa no cárcere de Pontevedra durante moito tempo, convertindoa nunha muller chea de rencor e enormes desexos de vinganza. Na prisión pide auxilio ó capellán do cárcere e cando están a soas, golpeo e fuxe vestida de cura.
Para sair de Pontevedra, Pepa, disfrázase de home. A súa obsesión era vingarse de Albeite (o irmán do tendeiro e suposto pai). Cunha pistola e o seu nobre can van para Couso, alí amenazouno e fixo que o seu can o matase. Era o primer crimen de Pepa a Loba.
Despois marchou vivir ó monte onde formou unha banda de bandoleiros cos que cometía roubos asaltos e crímenes. Dise que o principal escenario foi a provincia de Pontevedra, pero tamén realizou asaltos a outras provincias galegas. Coa súa cuadrilla asaltaban os camiñantes e robaban nos pazos e nas rectorias. Pepa a Loba era temida e admirada por igual. O pobo difundiu a lenda ainda que hai pouca documentación sobre a súa vida. A maioría dos relatos débense a tradición oral que foi transmitida de xeración en xeración.

Mito Galego.
Pepa a Loba é a muller prototipo do bandoleirismo dende o s. XIX en toda Galicia.
Hai xente que cree que houbese máis ca unha. Desta maneira a primeira levase este alcume e outras mulleres que se dedicaron ao bandoleirismo adoptarían ou serían coñecidas pola mesma denominación.
Houbo escritores galegos coma Emilia Pardo Bazán e Ramón María del Valle - Inclán entre outros que deron vida a un bandoleirismo en Galicia, pero sen ser verdade, só nos seus libros. Desta maneira a lectura chegaría a convertirse en lenda.

viernes, 5 de junio de 2009

ESCRITORES GALEGOS


Xoan Manuel Pintos

VIDA:
Xoan Manuel Valentín Pintos Villar naceu na parroquia de Santa María a Maior (Pontevedra), en 1811.
Según se sabe estudio tres anos de Filosofía (equivalente á Segunda Ensinanza), cinco anos de Institucións Civis (Leis) e un ano de Institucións en Canónicas. E acadou o título de bacharel en Leis en 1833 e o título de bacharel en Canons en 1835. No seu expedente non consta a data de licenciado en leis, ainda que se sabe que traballou de avogado na Coruña.
Casou en Pontevedra con Serafina Amando Boullosa e tivo catorce fillos.
Xoan Manuel Pintos tamén foi xuíz en Cambados, exerceu de avogado en Pontevedra, deu clases de latín no instituto de Pontevedra e foi Rexistrador da Propiedade en Vigo ata o ano da súa morte.
Morre en 1876 en Vigo onde é enterrado.


OBRA:
Este poeta é o máis destacado precursor do Rexurdimento galego.
Escribiu:
A gaita gallega” (1853): O libro fala dun protagonista, Cristus, un gaiteiro galego, que lle aprende a un tamborileiro non galego, Pedro Luces, o noso idioma.
É un libro en verso (con partes en prosa), que consta de poemas de métrica variada, integrados en sete partes. Tamén ten un contido galeguista, pois o autor pensa que os galegos poden acadar a súa propia dignidade falando e estudiando o galego.
Xoan Manuel Pintos escribiu este libro para exaltar a lingua galega e así que os galegos a usasen.
Ó remate da séptima parte na que divide o libro, o autor dedícalle un texto en prosa ó Padre Sarmiento.


Ademáis escribiu poemas en galego como:
Contos da aldea”(1858): publicado no periódico El Circulador.
Rechamo” (1859).
O reiseñor” (1868): publicado no Almanaque de Galicia (Lugo).
A Galicia” (1861): é un agromo de epopea de máis de seiscentos versos
Tamén tres églogas:
Antonio e Margarida”(1857);
Xacinto e Catriña”(1858);
Delores e Alexandre”(1858).
E tamén autor dun Breve Diccionario Gallego (1853) cunhas 6000 entradas.