viernes, 10 de diciembre de 2010

ESCRITORES GALEGOS

MARCIAL VALLADARES


Vida:
Marcial Ramón Xosé María do Pilar Valladares Núñez naceu en Vilancosta, parroquia de S. Vicente de Berres, A Estrada (Pontevedra) o 14 de xuño de1821.
Era fillo do licenciado Xosé Dionisio Valladares Gómez e de Mª Concepción Núñez Morciego, naturais de Berres, e tivo unha irmá, chamada Avelina, que tamén era escritora.
Sábese que estudiou gramática latina en Berres co presbítero Felipe Picáns; tres cursos de Filosofía en Santiago de Compostela do 1836 a 1842. Acabou o título de bacharelato en Leis no 1840 e o grao de Licenciado no 1842. Dedicouse simultáneamente ó periodismo, a política e a literatura. Retirouse no 1866, vivindo gran parte da súa vida retirado no seu pazo de Vilancosta, na baixada de Berres, cara ó Ulla fronte ó Pico Sacro. Antes traballara na Administración Civil do Estado.
Morreu no 1903 e foi enterrado detrás da igrexa onde están os defuntos da familia, debaixo das lápidas de pedra labrada.


Obra:
Foi autor do
Diccionario gallego-castellano (1884), con 11.000 vocablos recollidos entre os anos 1850 – 1884, onde incorporou como referencia 240 cantigas e 460 textos en prosa na súa maioría literatura popular, o cal lle permitiu ser nomeado membro da Real Academia Española.
Tamén escribiu unha gramática galega
Elementos de gramática general (1892), inédita até que Galaxia a publicou no 1970.
No
Album de la Caridad (1862) apareceron catro poemas seus entre os que destaca A fonte do Pico Sacro. Outro poema coñecido é A castañeira de Santiago, que é un monólogo de certa calidade que inclue Antonio de la Iglesia no El idioma gallego (1886).
Unha das súas composicións máis sobresaíntes é
Soidades, está escrito en endecasílabos de tipo sentimental. Da súa autoría tamén é un cantar de tipo popular chamado Vilancosta.
E a obra literaria que abreu o paso a obras en galego foi
Maxina ou a filla espúrea.
Investigou diferentes mostras na nosa literatura popular dando lugar a
Colección de enigmas y adivinanzas e o volume cuarto da Biblioteca de Tradiciones Populares (Folklore Español) do compostelán Antonio Machado y Álvarez.
No ano 1970 a
Real Academia Galega adicoulle o Día das Letras Galegas.
Cando morreu deixou un bo número de traballos inéditos, entre eles un
Cantigueiro popular (1867) e non viu a luz até 1970.
Pero, ó máis importante, sen dúbida, é que, Marcial Valladares,
foi mellor coma lexicógrafo que coma novelista.

MAXINA OU A FILLA ESPÚREA.

O primeiro “intento” de escribir unha novela en galego. Xa que foi o inicio de que outros autores escribisen en galego. Intento, porque a maioría da novela é en castelán, os únicos que falaban en galego eran os do rural e o narrador mentres que os da cidade falaban castelán; tamén utilizou a variedade intermedia entre o galego e o castelán, provocando un efecto humorístico no lector.

Esta novela é un documento moi importante dende, un punto de vista sociolingüístico daquela época. Grazas a ésta disglosia foi o que lle dou veracidade á novela. Aínda así a novela foi moi importante, pois introduciu o galego na prosa e demostrou que era un idioma apto para outros xéneros literarios, ademáis da lírica.
MAXINA é unha obra que relata a unha mociña de dezaseis anos, Otilia, filla dunha familia noble de Sancti-Petri, que deu a luz unha filla nunha casa de labregos.
Despois sábese que foi violada por un membro dunha comparsa disfrazado que ela non recoñeceu. O misterio vaise desvelando o tempo que transcorre a historia.
Maxina, a filla que tivo Otilia, acabou nunha inclusa e despois foi adoptada por Inés e Caitán, os campesiños que axudaron a Otilia a ter a nena, e educaronna en compaña do seu fillo natural, Ermelio.
Cando morren Inés e Caitán, Ermelio e Maxina vanse a Madrid grazas os seus benefactores Salvio e o Marqués de Triacastela, respectivamente.
O desenlace é que Otilia vaise casar co seu amor de xuventude, pero vira tola. Descóbrese o violador, Veranio. Mentres que Maxina casará con Ermelio na casa onde naceu.
En resumo o tema principal é a violación e a deshonra de Otilia, unha mociña de clase alta, non Maxina como indica o nome da novela.