viernes, 23 de septiembre de 2011

COTIDIANO


O TREN DA VIDA

Cando ía a herba e era pequena, poñíame a xogar coa auga cerca da vía do tren, pero, claro, meus pais intentaban que non estivera preto, aínda que eu escapaba; o estar preto das vías empezaban a vibrar e apartábame un pouco e alí pasaba cun ruido moi forte e, o mesmo tempo, poñíaseme a pel de galiña, porque era maravilloso, encantábame. Se estaba no prado levantábame de xogar e parábame a ver o tren e a saudabao.
Por qué lle teño tanta admiración, pois dende a miña casa, subíame o valo, ó carón do horreo, e alí víao pasar. Era unha rutina que até de maior o facía e o faría se non fora porque xa non limpan o monte e deixaron crecer as árbores e tápanme a vista, e enfadáme de verdade iso, pero que lle imos facer…

Bueno porque empecei a falar disto, pois porque saíu na tele que xa houbo unha proba do A.V.E. por Galicia, e onde vivo derribaron casas, colleron montes, leiras e terreos para facer a vía do tren novo. E como dixen, o tren xa non o podía ver, pero casualidade, nun monte detrás da casa, os donos do monte cortaron algunhas árbores e, curiosamente, agora teño unha vista da vía do A.V.E. moi boa, pois puiden ver como se construía a vía case dende o principio.



Como vai cambiando a vida, tiña admiración polo tren e agora podo ver o “famoso” A.V.E., só que xa non e o mesmo, éste vai ir a máis velocidade, éste é a modernización, éste xa non é o que comencei a ver de cativa, os anos pasan, a vida pasa e todo vai cambiando, mellorando, aprendendedo, rectificando, experimentando; xa non é coma cando es cativa que todo é inocencia e alegría…