miércoles, 18 de marzo de 2009

PERSOEIROS


O MARISCAL PARDO DE CELA


Pero Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneira tamén coñecido como D. Pedro Pardo de Cela, foi un Mariscal galego do s. XV.
Estaba casado coa filla do Conde de Lemos, Isabel de Castro, que chegou a a cidade episcopal co seu tío, D. Pedro Enrique de Castro, bispo de Mondoñedo, en representación da Casa de Lemos.
Ainda que Isabel era unha Osorio por parte de pai, ela gustáballe chamarse Isabel de Castro e aportou o matrimonio bens doados polo Bispo, seu tío, integrados pola maior parte dos castelos e fortalezas baixo a Mitra, entre eles o reconstruído castelo de A Frouxeira. Os bispos sucesores de D. Pedro sempre lle reclamaron a Pardo de Cela a devolución de ditos bens patrimoniais que ninguén lle podían discutir. Pardo de Cela sempre lle negou.
Na realidade Pardo de Cela podía ter razón, pois os bens recibidos na dote pertencían a os Castros dende 1327 con Pedro Fernández de Castro, o señor da guerra, e non da Mitra como pretendían os Bispos. Así que a doazón feita a súa sobriña por D. Pedro Enríquez foi título persoal e os bens doados pertencían a él por herencia familiar.
Por tradición e leis da Igrexa todos os bens gañados ou dos propios clérigos ou bispos, a súa morte, pasan a ser da Igrexa. O caso chegou o Real Correxidor e éste falla a favor do Bispado e ordea a súa devolución, cousa que Pardo de Cela negouse rotundamente.
Entón foi xulgado en rebeldía e condenado a morte.
Por outra parte as razóns de Pardo de Cela parecían sólidas e unha lea polas terras co Bispo de Mondoñedo non parecía suficiente motivo para que a Coroa firmara unha sentenza a morte. Empezaron a cuestionar que Pardo de Cela ocupara un alto cargo militar con Enríque IV, para ter o título de Mariscal. Por eso empezaron a dicir que era aspirante a Coroa, entón os Reis Católicos para dominalo, mandaron as súas tropas a Galicia. Pero o Mariscal resistiuse ata que en 1483 morreu o Conde de Lemos, entón os mandatarios reais traman a traizón do castelo de A Frouxeira, ante a imposibilidade de podelo conquistar.
O mariscal Pardo de Cela é vendido polos seus criados que defendían a fortaleza. Os “cantares” din que o traidor foi Roi Cofano do Valadouro. Sin a protección da Frouxeira onde era forte é detido e degolado, en 1483, diante da catedral de Mondoñedo por mandato dos Reis Católicos e enterrado na súa Catedral co beneplácito do bispo mindoñense; a súa fortaleza e os símbolos de poder foron derruidos e arrasados.
A dura loita durante tres anos na Frouxeira, a traizón dos criados e morto no cadalso convertiuno rápidamente nun mito e empezou a ser trobado nas feiras e mercados.
No museo Provincial de Lugo consérvase “a mariscala”, unha enorme cadea que dise que tiña posta o Mariscal na prisión.
Tamén Isabel de Castro foise entrevistar coa súa curmá, a raíña Isabel, da que conseguiu o indulto. Pero o sabelo o bispo, amañou as cousas de xeito que, cando chegaba Isabel de Castro uns cóengos disfrazados saíron ó seu encontro e con enganos conseguiron detela ata que as campás da catedral tocaron a morto. Por eso en Mondoñedo hai unha ponte, onde os cóengos entretiveron a Isabel de Castro denominada, dende entón, a Ponte do Pasatempo (ver foto).

martes, 10 de marzo de 2009

LENDA


Normalmente escribo lendas galega, hoxe vou por unha lenda castelá, pero que ten relación con nos, pois o protagonista foi un escritor galego, Macías o namorado. Según sábese este escritor foi máis coñecido polas lendas que polo que realmente escribiu. Pois hoxe vou contar o tráxico final de Macías.


LENDA DE MACÍAS
Macías era un xoven de bo ver que estaba ó servizo dun Marqués, nunha casa grande e con xardíns preciosos. O marqués tiña unha filla, Estrela, que era dunha beleza tal, que parecía sacada dun conto de fadas.
Os dous mozos amábanse anque ninguén o sabía, as únicas testemuñas dese amor prohibido eran as prantas e as frores do xardín da casa. Había un pequeño detalle e era que o marqués nunca permitiría que a súa filla casara cun simple servente; a única forma era que perdera o nome de poeta e se fixera guerreiro. Así que alistouse no exercito e aprendeu o manexo das armas.
A esperanza para estar con Estrela fixo que se convertera nun dos máis valerosos guerreiros e desa forma o marqués nomeouno doncel. Macías xa estaba case seguro de que non habría atranco ningún para que lle dera a man da súa filla.
Cando estaba máis ledo e máis valeroso sorprendeulle a desgraza.
Tras unha batalla moi importante de que sairan vencedores, foron celebralo, todo era ledicia ata que, de súpeto, viu chegar un mensaxeiro do marqués, dicindolle que fora olvidando a súa amada, pois a pobre, contra da súa vontade, fora prometida cun marqués da comarca.
A pena que invadía a Macías era moi grande, anque él seguiu traballando co seu amo, pero decatouse que a voda da súa amada fora por ciumes do marqués co que casara, xa que cando encontrábanse, éste intentaba evitalo.
Un día o home de Estrela sorprendeunos as agochadas e escoitou que ambos xurábanse amor eterno, éste cobarde non os encarou e foi correndo contarllo o sogro. O marqués enoxouse e enviou a Macías a unha das torres baixas do castelo. Este castigo para Macias foi moi grande máis ca súa propia morte, o único que lle deron foi un laúd.
Con voz potente Macías cantaba o seu pesar e a xente impresionada pola arte sentábase ó carón da torre para escoitalo. A súa fama extendeuse a varios kilómetros pola redonda e tamén as xeracións posteriores.
As cantigas eran desoladoras, alternando con ataques de ira nos que maldicía a súa amada por quedar cun home que non amaba antes de loitar e ademáis de non preferir a morte a estar con ese home. A esto seguíalle momentos de choros nos que se arrepentía por atreverse a maldicir a súa amada. Despois chamaba con deseperación a morte ata que ó final chegou.
O home de Estrela de noite agochouse nas sombras e a traizón cravoulle un coitelo no corazón a Macías, co cal morreu no acto. Non houbo testemuñas, pero o pobo sinalou o home de Estrela como o criminal, tal foron as represalias que tivo que abandonar o pobo. Mentres o pobo polo amor que lle tiñan a Macías, fixeronlle unha ermida e enterrarrono cunha gran lousa co seguinte epitafio:
AQUÍ YACE MACÍAS EL ENAMORADO
O pouco de morrer Macías contan que unha muller entraba na ermida a rezar pola súa alma. Din que eras unha muller tola que procedía do castelo do marqués, as únicas frases que dicía sempre era “é tarde”, “é tarde”.
Outro día entraron o xenro do marqués e o sacristán e viron un bulto a carón da tumba, o xenro do marqués riase da pobre namorada de Macías. Ó acercarse decatouse que era a súa muller, a cal estaba encerrada nos seus aposentos e non deixaba saír ata que ela logrou fuxir. Contan que cando a moveron da tumba de Macías os beizos bicaban o rostro pétreo de Macías que había sobre a súa tumba.
Pero aínda hoxe contan os habitantes do lugar que nesa ermida non está soa, pois moitas veces a luz da lúa baixa un raio cunha figura resplandecente ata tumba de Macías e escoitase unha doce melodía dun laúd.
Nese pobo din que por fin Estrela e Macías pódense amar, que tiunfou o seu gran amor.

jueves, 5 de marzo de 2009

ESCRITORES GALEGOS

PERO DA PONTE (s. XIII)
Vida
De orixe galega e escudeiro de profesión, foi un poeta medieval.
Estivo activo nos reinados de Fernando III e Alfonso X.
Obra
É autor de 53 textos:
7 cantigas de amor
7 cantigas de amigo
23 cantigas de escarnio
3 sátiras literarias
1 pranto burlesco
4 serventesios morais
2 elogios
4 prantos
1 tenzón
1 partimén.


MACÍAS (s. XV)
Vida
Naceu en Padrón (A Coruña) e morreu en Arjonilla (Jaén) en 1434.
Parece que estivo ó servicio dalgún nobre como trobador e escudeiro. Foi o último gran poeta medieval que escribiu en lingua galega. Pertenceu a chamada escola galaico-castelá, non foi tan coñecido pola extensión das súas obras, senon polas lendas dos seus amores alimentadas polos seus versos e diversas historias.
Morreu tráxicamente según contan a tradición a mans dun nobre por ciumes.
O certo é que os seus versos están recollidos no Cancioneiro de Juan Alfonso de Baena e doutros cancioneiros e fan referencias sobre eles os poetas do s. XV dende o Marqués de Santillana ata Juan de Mena.
A partir do século de Ouro convérsese nun motivo literario tanto na comedia de López de Vega (“Porfiar hasta morir”) ou no drama do Romántico como o de Mariano José de Larra (“Macías”).
Obra
Atribuenselle 21 Cantigas recollidas no Cancioneiro de Baena.

JUAN RODRÍGUEZ DO PADRÓN (s. XV)
Vida
Poeta nado en Padrón (A Coruña).
Pouco se sabe da vida deste poeta, a súa orixe non está clara. Pódese situar de poeta entre o 1420 e 1430 e decir no reinado de Juan II.
Obra
Considerado un dos escritores máis representativos da novela sentimental.
A súa obra “Siervo libre de amor” constitue un excelente exempro de aplicar os esquemas do camiño ou peregrinaxe amorosa. A dificultade do amante para reunirse coa amada apoiase nas novelas de cabaleiros que a súa vez, trasladarán de tópicos literarios a mística.
Outra obra é “Trionfo de las donas” onde cuestiona a vision do escritor italiano Boccaccio sobre as mulleres, a quen acusa de romper as regras do amor cortés.
Entre os seus textos poéticos figuran:
“Diez mandamientos de amor”
“Los siete gozos de amor”.