miércoles, 18 de febrero de 2009

RECEITA


RECEITAS DO ENTROIDO

FILLOAS (receita base)
Ingredientes:
500 gr. de fariña
2 ovos
70gr. de manteiga.
1 l. de auga ou leite (se queren ½ l. de leite e ½ l. de auga)
Sal, ralladura de limón e de laranxa.
Anaco de touciño.

Elaboración:
1._ Facer un volcán coa fariña tamizada e engadirlle a manteiga derretida e fría, os ovos batidos, as ralladuras de limón e laranxa e un pouco de sal.
2._ Cando esté mezclado engadir a auga pouco a pouco para non facer bolos, e deixala non moi líquida, para que discurra pola tixola.
3._ Untar a tixola cun pouco touciño e engadir un pouco de mestura e deixar que molle o fondo da tixola, deixar que se faga a lume lento e cando estea coller coas puntas dos dedos e darllela volta para facerse polo outro lado.
4._ Repetir ata terminar coa mestura.
5._ As filloas poden acompañar ao cocido ou poden ser de postre neste caso sustituese o sal por azucre, a auga polo leite e o touciño por manteiga, así pode acompañarse de nata, froitas, mermelada…


ORELLAS
Ingredientes:
300 gr. de fariña
2 ovos
20 gr. de manteiga
20 gr. de azucre en po
Unha copiña de anís
Sal e aceite

Elaboración:
1._ Formar un volcán coa fariña e engadir os ovos batidos, anís, manteiga e o sal.
2._ Amasar a masa ata que todo os ingredientes estean ben repartidos. Deixar repousar 1 hora na neveira.
3._ Dividir a masa en 2 bolas e estira co rolo cada anaco de masa ata convertela nunha lámina.
4._ Nas láminas facer triángulos e o que seria a base do triangulo corta cun coitelo un pouco. Así cando teñades que engadilas na tixola colledes o triángulo e enrroscadelo e ponse así na tixola.
5._ Quentades o aceite, engadides a masa e cando estea dourada pòlos dous lados poñedela nunha bandexa con papel antigraso. Ó final espolvorease con azucre en po.

jueves, 12 de febrero de 2009

FESTAS POPULARES


O ENTROIDO

* ORIXE DO ENTROIDO
A palabra entroido deriva do latín "introitos" que significa “entrada” ou “comezo” da primaveira.
Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns din que é tradición celta, outros que eran adoracións os deuses Baco ou Dionisos. Pero coa chegada do cristianismo moitas destas festas pagás foron cristianizadas. Deste xeito, estas celebracións que tiñan o significado de comezos da primaveira foron trocados pola despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma, que comeza o Mércores de cinza.


* GALIZA E O ENTROIDO
En Galicia o entroido celébrase dende sempre. Hai vilas na que teñen unha gran tradición coma Ourense e parte de Lugo, ata están considerados “acontecemento turístico nacional” polo Ministerio de Turismo.
O entroido en Galicia celébrase con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre as diversas vilas.
As características máis importantes son:
- As pantallas de Xinzo de Limia.
Os cigarróns de Verín
Os peliqueiros de Laza
Os zarramanculleiros en Cualedro
Os boteiros de Viana do Bolo, Manzaneda, Vilariño de Conso e O Bolo
Os chocallóns en Vilardevos… etc.
Son máscaras coloristas que cobren a cara, realizadas moitas en madeira que teñen como misión meter medo ou escorrentalas personas. Ainda que van en grupos, as súas performance (debuxos) son habitualmente individuais.
- Os Correos que van pola veciñanza ofrecendo cos “xenerais “ canten a cada unha das casas a cambio dunha doazon. Os xenerais van disfrazados con sombreiros, medallas e fitas que lembran de xeito choqueiro os uniformes do s. XIX, que frecuentemente deixan o rostro ó descuberto.
Nalgunhas das parroquias realizanse os encontros ou “altos” entre xenerais, facendo un repaso satírico da vida cotiá. Son o caso os Xenerais do Ulla ou da comarca do Deza.
- Tamén existen outros costumes:
_ As damas e galáns de Cangas e Vilaboa
_ Mecos bonitos e feos de Froxán das Viñas
_ O Oso de Salcedo en Salcedo (A Pobra do Brollón)
_ O merdeiro en Vigo
_ As madamitas e madamitos en Cotobade.


* A COMIDA DO ENTROIDO
O entroido é unha festa de comer e beber ata o límite. En Galicia a comida sempre foi un elemento fundamental, sendo o máis tradicional as filloas, a cacheira, a bica, as orellas, a androlla ou tamén os doces, os chourizos, o lacón, os grelos ou o ben querido cocido que son consumidos nestas datas do inverno.


* O CALENDARIO DO ENTROIDO
O entroido soe variar conforme a Pascua e a Coresma non tendo data fixa. Normalmente soe ser entre febreiro ou marzo, pero en algunhas vilas o entroido chega a durar cinco semans como no de Xinzo de Limia.
As súas partes fundamentais son:
_ Domingo Fareleiro ou Borrallento: A costume e que os veciños se manchen uns os outros con “borralla “ou “farelo” (a fariña de peor calidade).
_ Xoves de Compadres: Neste día realízase unha tradicional pelexa entre sexos. As mozas fabrican un boneco que representan os homes e tentan queimalo, mentres os homes loitan por llo roubar.
_ Domingo Corredoiro ou Oleiro: Tradicionalmente era cando se facía a corrida do galo; en Laza lánzase formigas enriba da xente e faise a farrapada (loita de farrapos enchoupados en lama ou esterco); en Xinzo de Limia celébrase o xogo das olas e trata en que os participantes se pasen olas de barro e a quen lle rompa debe pagar unha rolda.
_ Xoves de Comadres: O revés do de Compadres, neste caso son os homes quen fan os bonecos e elas intentan arrebatarllos.
_ Domingo de entroido: Comeza a festa maior.
_ Martes de entroido: En moitos lugares celébranse os “Testamentos” do entroido.
_ Mércores de Cinza: E a data na que todo remata e as aldeas enterran a sardiña.

jueves, 5 de febrero de 2009

ESCRITORES GALEGOS


MENDINHO
(s. XIII ou s. XIV)

Vida
Mendinho, Mendiño ou Meendinho nomes que aparecen recollidos nos cancioneiros portugueses.
Pouco se sabe da vida deste xograr, a súa orixe non está clara, podía proceder do sur de Galiza. Pois a única cantiga que se conserva menciona a Illa de San Simón, en Redondela; outros opinan que podería estar relacionado coa cidade de Pontevedra, xa que o seu nome debeu ser Men, Meen ou Mendo pois nesa cidade existía unha rúa chamada dos Meendiños.
Obra
Da súa obra só coñecemos unha cantiga (nas cantigas medievais solían ser mariñeiras, entre elas a de Mendinho)
A súa cantiga de amigo está considerada entre as máis importantes da lírica trobadoresca galego -portuguesa. As súas composicións conservánse na Biblioteca Vaticana e na Biblioteca Nacional de Lisboa (Portugal).

JOHAN DE CANGAS (s. XIV)

Vida
Foi un trobador galego, probablemente procedía da zona de Cangas do Morrazo, debido a que era costume por o lugar de onde se era.
Obra
As súas composicións teñen como elemento importante o mar. Empregaba mozas namoradas como narradoras.
Conservánse tres cantigas de amigo (do subxénero de romaría) sobre o Santuario de S. Mamede do Mar (pertencente a Bueu).

MARTÍN CODAX (s. XIII)

Vida
Martín Codax ou Martim Codaz como aparece no Cancioneiro da Vaticana, foi un trobador galego, probablemente de Vigo.
Obra
As dúas características máis importates das súas cantigas foron:
A inspiración orixinal (o amor vulgar)
As súas composicións ademáis de seren transmitidas polos Cancioneiros foron recollidas no Pergamino Vindel o que nos indica a posibilidade de a música do autor.
Os poemas de Martín Codax que figuran no pergamiño son os seguintes (non teñen título, pero cítanse polo primeiro verso):
- Ondas do mar de Vigo.
- Mandad’ey comigo.
- Mha irmana flemosa treydes comygo.
- Ay Deus se sab’ora meu amado.
- Quantas sabedes amar amigo.
- En o sagrad’ en Vigo.
- Ay ondas que eu vin veer.
Existe un grupo de música antiga chamado Martín Codax, que interpreta música medieval e do Renacemento e que na súa discografía está formada por cantigas medievais de escarnio, cantigas de Santa María e, por suposto, de Martín Codax.