domingo, 19 de abril de 2009

RECEITA

PURÉ DE CENORIAS


Ingredientes:
500 gr. de cenorias
1 cebola
2 dentes de allo
1 nabo
1 culler de manteiga
1 iogurt natural
¾ l. de caldo de verduras
pementa branca e sal

Elaboración:
1._ Relar a cenoria e reservala para a decoración. Pelar as outras cenorias, picar a cebola, o nabo e cortalos en rodaxas. Picar os allos moi finamente.
2._ Derreter a manteiga e dourar as cenorias, o nabo, os allos durante uns minutos.
3._ Engade o caldo de verduras e deixa cocer durante uns 20 minutos.
4._ Salpimenta e deixa cocer uns 5 minutos máis.
5._ Pon as verduras nun bol e pasa pola batidora ata facer unha pasta cremosa. Volta a por na tixola a crema.
6._ Engade o iogurt, remexe e quenta sen deixar ferver.
7._ Sirve decorandoa coa cenoria relada que tiñamos resevada.

Observacións:
Aplicacións: 1º plato
Preparación: 15 min.
Cocción: 30 min., aprox.
PAX.: 4 personas

jueves, 9 de abril de 2009

PERSOEIROS

María Soliña


Vida
Non se sabe con seguridade en que ano naceu, algúns din no 1551 e outros no 1601; tampouco se sabe o día da súa morte (pois de feito non hai acta de defunción).
Casada con Pedro Barba de profesión pescador. Tivo fillos ainda que se descoñecen cantos.
A súas posesións eran unha casa de pedra de dous andares, varias leiras, unha dorna e o máis importante, dereitos de presentación na Colexiata de Cangas e na Igrexa de San Cibrán, Aldán.

A morte de María Soliña.
Por aquel entón, Cangas era un importante pobo pesqueiro, en pleno auxe económico grazas a pesca e a salazón do peixe.
No 1617 houbo un ataque dos turcos en Cangas e arrasaron o pobo. Nese intre os nobres temen perder as súas riquezas ante a imposibilidade de terlle que pagar as rendas que lle exixían os seus vasalos.
A pobreza provocou tal que un nobre do lugar enviou unha carta o rei para liberalo pobo de pagar os impostos durante un tempo e así recuperar a zona.
Como defensa os donos das terras elaboran un plan dacordo coa Inquisición para non perder o poder económico que tiñan dende décadas. O plan era utilizar a Inquisición para quitarlle o poder as mulleres denunciandoas por bruxería.
Solían denunciar a ricas e pobres para non levantar sospeitas. A Inquisición e o nobre denunciante repartían as ganancias obtidas.
María Soliño (apelido seguramente máis real que Soliña) o ter dereitos, tiña unha porcentaxe das ganancias da Igrexa.. A parte de ter fortuna, ela volveuse tola trala morte do seu home e os seus fillos na invasión do 1617. Ía cada noite a praia, escoitaba as olas e paseaba pola area. Ésta foi a causa máis probable pola que a escolleron, ademáis de ser unha das mulleres máis ricas do pobo.
Foron xulgadas con María outras oito mulleres máis, cos datos necesarios, reais ou non, foron levadas os cárceres secretos do Santo Oficio. A súa condena era levar un hábito de penitencia durante seis meses, pero non se sabe se morreu antes ou despois do castigo, pois non hai acta de defunción. Aínda que se desconfia que despois da tortura a unha muller maior (duns setenta anos) os danos físicos e psíquicos producidos en María Soliña debían de notarse.
Por culpa da avaricia dos nobres, Maria Soliña morreu pobre e soa. Pero sempre se mantivo na memoria de todos, anque se teña unha imaxen deformada como que era unha meiga e estaba tola.

jueves, 2 de abril de 2009

ESCRITORES GALEGOS


Alfonso X, O Sabio

Vida:
Alfonso X naceu na cidade de Toledo (1221), era fillo primoxénito de Fernando III “O Santo” e da princesa xermana Dona Beatriz de Suabia.
A súa vida está vinculada a Galicia, porque foi onde pasou a súa infancia, criouse na fortaleza de Maceda (Ourense). Aquí aprendeu o galego.
En 1249 casou con Dona Violante, filla de Jaume I de Aragón e Dona Violante de Hungría. Cando tiña 31 anos accedeu ó trono de seu pai.
A súa vida mostroulle dúas caras, unha sempre máis exitosa ca outra. Na península consegue numerosas victorias militares contra os árabes (1243 conquista Murcia; 1246, Xaen; 1248 xunto a seu pai participa no cerco de Sevilla; 1260 toma Salé; 1262, ten Cádiz;…). Estivo enfrentado con Alfonso III de Portugal por culpa do Algarve (problema que se resolveu casándo o rei de Portugal cunha filla de Alfonso X, Beatriz, dese matrimonio nacería o rei Don Dinís).
Pero fracasou na política exterior pois ambicionaba alcanzar a coroa do Emperador Romano-Xermánico, a que tiña dereito por ascendencia materna. Ó atender a cumes máis altos deixou abandonado as tarefas como gobernante peninsular e así tivo que afrontar varios levantamentos mudéxares en Andalucía e ainda aumentaron o morrer o seu fillo primoxénito, Fernando.
O outro fillo Sancho “O Bravo” proclamouse rei fronte os desexos de seu pai que nomeara sucesor a seu fillo, Alfonso. O enfrontamento provocou unha guerra civil, na que todos abandonaron, mesmo o seu neto D. Dínis. Este enfrontamento rematou en 1284 cando Alfonso X morreu e convertiu o seu fillo, en Sancho IV de Castela e León. Din as crónicas que no leito de morte o rei sabio perdoou a seu fillo e nomeouno sucesor.


Obras:

- En castelán
Gran impulsor do castelán que converteu en lingua oficial da monarquía, foi creador, inspirador e promotor de obras.
Impulsou a traducción de textos hebreos, gregos, latinos e mesmo árabes.
Tamén favoreceu a aparición do
Fuero Real (1255)
Libros del Saber de la Astronomía (entre 1255 – 1259): Son quince.
Las Siete Partidas (1256 – 1265): Nome polo que é máis coñecido el Libro del Fuero de las Leyes e que provén da división en sete partes fundamentais de Dereito.
Tablas astronómicas alfonsíes (1262 – 1272)
General Estoria (1272 – 1284)
Libro de ajedrez, dados y tablas ou Lapidario (1276 – 1279)
Creou a Escola de Traductores de Toledo: grupo de estudosos cristians, xudíos e musulmáns, que desenrrolaron unha importantísima labor científica e cultural.
Tamén acolleu na súa corte a trobadores perseguidos polo rei de Francia, italianos, cataláns, etc. e congregou unha parte da xeración intermedia dos poetas galego-portugueses.
- En galego
Sen embargo deixou algo marxinada a nosa lingua, quizais por problemas que tivera coa diocese compostelá, coa que mantivo frecuentemente pelexas, chegando a ignorar o tema xacobeo e mesmo a lle atribuir á Virxe milagres nos que popularmente interviñera o Apóstolo.
Dende finais do s. XII por excelencia da lírica en terras peninsulares era o galego, acudiu a nosa lingua para a súa inspiración poética. Escribiu moi pouco en galego.
1 cantiga de amigo (antigamente de autoría disputada con Sancho I de Portugal)
4 cantigas de amor
35 textos satíricos
4 tenzóns.
Onde verdadeiramente sobresaiu foi na poesía de tema relixioso coa creación das Cantigas de Santa María.


Cantigas de Santa María


Son 420 composicións, elaboradas dende 1264 ata 1283 nas que pretende honrar a figura da Virxe María.
A maioria delas, 360, son narracións de milagres da Virxe; 43 cancións líricas de loor a nai de Xesús; 12 conmemoracións de festas marianas e 5 de festas do Noso Señor. Ademáis levan unha presentación, un prólogo e un epílogo en verso do propio rei.
Nacen como unha obra de propaganda do Rei Sabio, que debido as súas pretensións imperialistas e a rivalidade coa Igrexa debía mostrar prestixio e o poder da corte toledana.
No tocante a súa autoría, debemos supoñer que non todas son obras de Alfonso X. De feito téndese a lle atribuir ó rei a autoría dun pequeño grupo, as restantes foron compostas polos seus colaboradores.