sábado, 8 de octubre de 2011

COTIDIANO

A vendima

Este ano a xente comezou a vendimar moito antes, pois as uvas xa están maduras. Recordo hai uns anos, fora con unha amiga de viaxe, o 1 e 2 de outubro e cando chegara tivera que axudar coa vendima, a remexer no lagar… e agora este ano, a mediados de setembro, xa rematei ca vendima.

Os outros anos había moitos racimos con goios verdes, as uvas case un 50% estaban verdes ou lles dera a peste, pero este ano habría un 1% de uvas verdes ou con peste, ademáis eran grandes racimos, que xa non acordaba eu collelos.



O outono

O outono comezou ca vendima e, pouco a pouco, as noites xa se ven máis grandes, pronto as árbores deixaran caer as súas follas ou cambiaran de cor para dar un cadro fermoso o pasaren pola súa beira, disfrutando dun paseo a tardiña, relaxante, paseniño, escoitando os sons dos paxaros, o tren pasando pola vía, un coche pola carretera, un silbo… quén é, só un paxaro que canta para comunicarse cos seus conxéneres, un esquío brincando de póla en póla e, de súpeto, xa estás de volta dese soño, que che levou a outro mundo, a outra dimensión onde te relaxabas e experimentabas cousas que parece que só os anxos deben sentir, eras como un deles alá, nun ceo especial, facéndote vibrar.

Desperta, a realidade xa che da de fronte, con ladridos de cans, alboroto de cativos, señoras a rifar, volta a rutina, despois dun descanso que só ti coñeces; ese será o teu segredo.


Qué quererás de min, meu novo outono,

si xa todo cho din na última entrega;

si xa fixen balance e soio anega

tristeza ó corazón en abandono.”

(Arcadio López Casanova)