jueves, 30 de mayo de 2013

ESCRITORES GALEGOS


VICENTE TURNES
Vida.
Vicente Turnes de Río Maldonado naceu en Santiago de Compostela o 16 de setembro de 1786.
Estudio a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse nela, co cal exercía de profesor.
Turnes con vintesete anos empezou a padecer unha cegueira, ainda así, seguiu levando a cabo unha intensa actividade como escritor e xornalista galego.
Finou en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro do 1865.


Obra.

As súas obras pódense dividir en varios bloques temáticos:

Poesías áulicas.
Poesías patrióticas.
Poesías satíricas.
Villancicos de Nadal.
Os seus versos en galego non foron recollidos en ningún libro, máis sí en peródicos e follas soltas. Tamén lle foron atribuidos algúns "diálogos".
Colaborou nos xornais El centinela de Galicia e no El eco de Galicia no que publicou numerosos artigos e tamén un estudio sobre Foros y subforos de Galicia no xornal madrileño La Esperanza. Participou en diversas actividades da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, para que elaborou a "Memorias sobre los obstáculos que se oponían a los progresos de la Agricultura". Tamén foi o redactor das publicacións "Diálogos en la Alameda de Santiago" (1836) e "Tertulia de Picaños" (1836).
Entre a súa extensa producción poética destacan títulos como:
"Diego e Cristóbal"
"Diálogo entre Silvestre Cajaraville e Domingo Magariños, labradores e veciños nas súas respectivas parroquias".
"Uno de tantos"
"Tristes recuerdos del Dr. D. Vicente Turnes" (1834).
"Último adiós del Dr. D. Vicente de Turnes Río Maldonado, á su pinar" (1851).
Tamén inagurou o Liceo Artístico e Literario da Coruña.
Despois da morte de Turnes as súas poesías foron publicadas no folleto "Composiciones poéticas" (1875).
Atribuiselle a autoría do anónimo poema "Letrillas a os rexios desposorios de S. M."
(1829).
Deixou inédita unha traducción ó galego do "Evanxeo según San Mateo".