lunes, 11 de marzo de 2013

UNHA ESCAPADIÑA



AS BRAÑAS DO XESTOSO


·                  Introducción
Están situadas entre os termos municipais de Forcarei, Silleda e A Estrada.
As Brañas de Xestoso constituen un espazo natural protexido baixo a figura de lugar de importancia comunitaria (LIC) e abarca unha superficie de 1077 ha, cunhas altitudes entorno aos 700 m. sobre o nivel do mar, sendo o punto máis alto o Monte de S. Sebastián. Pequeño cordel de montes situados na conca dos ríos Ulla e Umia e caracterizase por presentar chairas rodeadas de suaves pendentes, que hoxe están inzados de aeroxeradores.
Ten un valor científico incalculable ó ser un rexistro do pasado. A súa flora consiste dende queirogas, piornos, toxos… e a súa fauna en numerosos anfibios, reptís e aves propias de hábitats esteparios.

·                 Situación
Podemos chegar dende Silleda collendo a estrada (CP – 2205) dirección Pontevedra – Forcarei e seguimos ata chegar ó limite co concello de Forcarei, entón veremos un letreiro que nos obliga a xirar á dereita para ir a Xestoso; collemos esa estrada local e teremos que pasar por tres lugares da parroquia (Xestoso, Fontelas e Río). Unha vez que deixemos a última casa de Río, a lagoa estará na única pista que está a esquerda.


·                 Estructuras das Brañas de Xestoso

§         As Turbeiras

Nese espacio son comúns as turbeiras que son onde dominan os fangos que absorben auga e crean un sustrato esponxoso.
As turbeiras divídense en:
a)      Irse acumulando materia vexetal na pequena lagoa, éstas acabanse xuntando e perdendo a auga corrente, así o osíxeno e os nutrintes, chegando a materia vexetal a descompoñerse formando a turba (un tipo de carbón).
b)      Son esenciais para que aniñen moitas especies de aves onde se alimentan de seres vivos que se agochan alí.
c)      Son o rexistro perfecto do devalar do clima e na regulación do ciclo do carbono, polo tanto é esencial nas  circunstancias así como o seu valor na regulación hidrolóxica, xa que a súa capacidade de control de auga serve para expulsala lentamente en épocas de seca.

§         A Lagoa Sacra.

Anque as Brañas de Xestoso están inzadas de pozas e pequenas lagoas estacionais, a Lagoa Sacra é sen dúbida a parte máis espectacular deste espazo protexido.
A Lagoa de Xestoso formouse ó estar situada nunha pequena depresión e o irén acumulandose a auga chega a formar un lugar de grande beleza.
A cultura popular sitúa a orixe da lagoa no cercamento dun antigo ceminterio. Ao parecer houbo nas súas proximidades unha gran batalla e para que non se profanara decidiuse erguer un muro darredor do camposanto polo que ao chover ía acumulando auga. A lenda fortalécese cos restos dun valado que está na parte da Lagoa correspondente a parroquia de Olives (termo municipal de A Estrada).