AS BRAÑAS DO XESTOSO
·
Introducción
Están situadas entre os
termos municipais de Forcarei, Silleda e A Estrada.
As Brañas de Xestoso constituen un espazo natural protexido baixo a figura de lugar de importancia comunitaria (LIC) e abarca unha superficie de 1077 ha, cunhas altitudes entorno
aos 700 m. sobre o nivel do mar, sendo o punto máis alto o Monte de S. Sebastián. Pequeño cordel de montes situados na conca
dos ríos Ulla e Umia e caracterizase por presentar chairas rodeadas de suaves
pendentes, que hoxe están inzados de aeroxeradores.
Ten un valor científico
incalculable ó ser un rexistro do pasado. A súa flora consiste dende queirogas,
piornos, toxos… e a súa fauna en numerosos anfibios, reptís e aves propias de
hábitats esteparios.
·
Situación
Podemos chegar dende Silleda
collendo a estrada (CP – 2205) dirección Pontevedra – Forcarei e seguimos ata
chegar ó limite co concello de Forcarei, entón veremos un letreiro que nos
obliga a xirar á dereita para ir a Xestoso; collemos esa estrada local e
teremos que pasar por tres lugares da parroquia (Xestoso, Fontelas e Río). Unha
vez que deixemos a última casa de Río, a lagoa estará na única pista que está a
esquerda.
·
Estructuras das
Brañas de Xestoso
§
As Turbeiras
Nese
espacio son comúns as turbeiras que son onde dominan os fangos que absorben
auga e crean un sustrato esponxoso.
As
turbeiras divídense en:
a) Irse acumulando materia vexetal na pequena lagoa,
éstas acabanse xuntando e perdendo a auga corrente, así o osíxeno e os
nutrintes, chegando a materia vexetal a descompoñerse formando a turba (un tipo de carbón).
b) Son esenciais para que aniñen moitas especies de aves
onde se alimentan de seres vivos que se agochan alí.
c) Son o rexistro perfecto do devalar do clima e na
regulación do ciclo do carbono, polo tanto é esencial nas circunstancias así como o seu valor na
regulación hidrolóxica, xa que a súa capacidade de control de auga serve para
expulsala lentamente en épocas de seca.
§
A Lagoa Sacra.
Anque
as Brañas de Xestoso están inzadas de pozas e pequenas lagoas estacionais, a Lagoa Sacra é sen dúbida a parte máis espectacular deste espazo
protexido.
A
Lagoa de Xestoso formouse ó estar situada nunha pequena depresión e o irén
acumulandose a auga chega a formar un lugar de grande beleza.
A
cultura popular sitúa a orixe da lagoa no cercamento dun antigo ceminterio. Ao
parecer houbo nas súas proximidades unha gran batalla e para que non se
profanara decidiuse erguer un muro darredor do camposanto polo que ao chover ía
acumulando auga. A lenda fortalécese cos restos dun valado que está na parte da
Lagoa correspondente a parroquia de Olives (termo municipal de A Estrada).
No hay comentarios:
Publicar un comentario