lunes, 6 de septiembre de 2010

IALMA "Galician"

Recordando

A finais da primavera estiven a por tonterias... non sei pero isto é o que saiu...


RECORDOS


Recordo a herba mollada, a brisa de ar quente chocando na cara,
esa algarabía de cantos de paxaros a mañanciña.
A ledicia de chegar o verán,
a sorpresa do día do meu cumpreanos,
a festa da parroquia, as esperas de ir para a casa dos avos e xogar cos curmáns.
Recordos que, por un intre, te levan a uns días sin preocupacións,
un tempo onde sorrír era continuo,
onde non había preocupacións nin saber a onde ía a túa vida.
Pero todo iso son recordos,
recordos gardados nunha caixa forte que sen eles non podes vivir,
sen eles non serías esa persoa que es,
recordos que dan vida para seguir, para levar o día a día,
recordos que che fan ver as cousas doutra maneira.
Por iso son recordos,
recordos ledos, recordos tristes,
recordos indiferentes,
recordos que agora podes utilizar de sabiduría…
esos son os recordos eses son a vida e a ilusión.
Recordos…


Ximonde

Volver de novo.

Non sei pero creo que xa vai sendo hora de voltar...
Tomei un descanso e agora, non tan seguido coma antes, pero volverei a escribir...