jueves, 26 de noviembre de 2009

RECEITA

COELLO Ó CHOCOLATE

Ingredientes:

1 coello cortado en octavos

1 cebola

1 copiña de brandy

50 gr. de chocolate

Elaboración:

1._ Limpa e pica finamente a cebola e corta os tomates.

2._ Quenta o aceite nunha cazola e dora os anacos de coello, salpimentaos. Incorpora a cebola e os tomates e deixa sofreír.

3._ Engádelle o brandy e tapa. Deixa cocer a lume lento durante unha hora.

4._ Engade o chocolate fundido e continua cinco min. máis a cocción.

5._Sírvese ben quente.

6._ Pódese acompañar cun arroz en branco.

Observacións:

Aplicacións: 2º plato

Preparación: 10 min.

Cocción: 1h 10 min.

PAX.: 4 personas

Anotacións: É mellor utilizar chocolate negro, sen leite; os chamados “de cobertura” ou “para postres”. Para que o chocolate non adquira un sabor amargo hai que disolvelo ó baño maría cun pouco de auga ou caldo.

domingo, 15 de noviembre de 2009

PERSOEIROS

Concepción Arenal

Naceu O Ferrol no 1820, os 14 anos deixouno e instalouse en Madrid para estudiar nun colexio de señoritas.
Sete anos despois asistiu a universidade como ointe as clases de dereito vestida de home. No 1848 acabou a carreira e nese ano casouse cun escritor, avogado e periodista liberal Fernando García Carrasco. Fuxindo da represión foron a vivir a Oviedo; quedou viuva xoven e con dous fillos pequenos e segue escribindo no periódico no que o facía o seu marido, La Iberia. Estableceu a súa residencia en Potes (Santander), onde no 1859 creou un grupo femenino da Conferencia de San Vicente de Paul para axudar os pobres.
No 1861 a Academia de Ciencias Morales y Políticas premiouna pola súa memoria La beneficencia, la filantropia y la caridad.
No 1863 convertiuse na primeira muller que foi nomeada visitadora xeral de prisións de mulleres e no 1868 asignaronlle o cargo de inspectora de casas de correción de mulleres. Tres anos despois publicou en Madrid La voz de la caridad revista que fundou con A. Guerola na que escribiu durante catorce anos. No 1872 fundou a Constructora Benéfica, unha sociedade filantrópica de casas baratas para obreiros.
Organizou en España a Cruz Roja. Foi unha das mentes máis lúcidas da historia da medicina hospitalaria polas súas aportacións a curación de enfermos, a asistencia sanitaria e psiquiátrica, a hixiene e o papel da muller nas diferentes institucións relacionadas coa cura de enfermos.
Estudios penitenciarios, Cartas a los delicuentes y El visitador de preso compoñen a súa obra, a trioloxía do seu pensamento de penalista xenial.
Morreu en Vigo en 1893 donde foi enterrado.

sábado, 7 de noviembre de 2009

ESCRITORES GALEGOS

MANUEL MURGUÍA

Vida:

Manuel Antonio Martínez Murguía naceu en Arteixo (A Coruña) o 17 de maio do 1833, fillo de Concepción Murguía e Juan Martínez, farmacéutico.

Despois foron vivir a Santiago de Compostela e sendo neno, Manuel, presenciou o levantamento liberal en Galicia que rematou en fusilamento coñecido como os Mártires de Carral (23/04/1846).

Murguía estudiou Humanidades e Latin en Santiago de Compostela, obtendo o bacharelato no 1850 e ó mesmo tempo Farmacia, carreira que iniciou por decisión do pai, por iso despois deixaría para adicarse o seu labor de escritor e investigador.

Neses anos os estudiantes e intelectuais reuníanse no Liceo de la Juventud, coñecendo a personas coma Eduardo Pondal ou Aurelio Aguirre.

Trasladouse a Madrid para terminar a carreira onde xuntouse con escritores coma Gustavo Adolfo Bécquer ou Rosalía de Castro.

Realizou unha crítica do poemario “La Flor” de Rosalía de Castro, onde a relación entrambos foi a máis ata ó punto de comprometerse e casar no 1858, na igrexa de San Idelfonso. Dende o primeiro momento Manuel Murguía animou a súa muller na súa carreira literaria e na publicación de obras como “Cantares Gallegos”.

No 1870 foi nomeado arquiveiro xefe do Arquivo do Reino de Galiza.

No 1885 foi nomeado Cronista Xeral do Reino.

No 1890 nos Xogos Florais de Barcelona lee un discurso que fixo que o nomearan “Maestro en Gay Saber”, nese discurso fala do sentimento histórico e cultural diferenciador de Galicia.

Nos Xogos Florais de Tui no 1891, Manuel Murguía pronuncia o discurso inagural.

No 1905 delega noutras personas os seus traballos e adicase por completo a fundar a “Real Academia Galega”, que foi aprobada a súa creación o 25 de agosto de 1906.

Manuel Murguía falece na súa casa no 1923. A revista da “Asociación Gallega de Historiadores” pasouse a chamar Murguía na súa honra

Obra:

- Libros:

La primera luz” (1860): Foi feito co motivo do nacemento da súa primeira filla. É un libro de lecturas escolares estructurado en vinte temas de historia e xeografía.

Diccionario de escritores gallegos” (1862)

De las guerras de Galicia en el siglo XV y de su verdadero carácter” (1861)

Historia de Galicia” (1865)

Memoria relativa al Archivo Regional de Galicia” (1871)

Biografía del P. M. Fr. Benito Jerónimo Feijóo” (1876)

El foro” (1882)

El arte en Santiago durante el siglo XVIII y noticia de los artistas que florecieron en dicha ciudad y centuria” (1884)

Los Percusores” (1886): Fai unha descripción de varios personaxes da vida cultural galega.

Galicia” (1888)

El regionalismo gallego” (1889)

En prosa” (1895)

Don Diego Gelmírez” (1898)

Los trovadores gallegos” (1905)

Apuntes históricos de la provincia de Pontevedra” (1913)

- Relatos:

Desde el cielo”: Foi a primeira novela que publico, con tan só dezasete anos.

Un can-can de Musard” (1853)

Un artista” (1853)

Luisa” (1855)

La Virgen de la Servilleta” (1855)

El regalo de boda” (1855)

Mi madre Antonia” (1856)

Don Diego Gelmírez” (1856)

El ángel de la muerte” (1857)

La mujer de fuego” (1859)

- Poemas:

Nena d’as soledades” (1856): Primeiro texto escrito en galego.

Madrigal” (1856)

La flor y el aire” (1856)

A una paloma” (1856)

A las ruinas del Castillo de Altamira” (1856)

En un Álbum” (1856)

Al partir” (1862)

Gloria” (1862)

Sueños dorados

Ildara del Courel

Soneto de Pardo de Cela

Los versos fueron mi ilusión primera” (1903).

domingo, 25 de octubre de 2009

UNHA ESCAPADIÑA


MOSTEIRO DE CARBOEIRO



Situación
Está na parroquia de Santa Maria de Carboeiro no concello de Silleda (Pontevedra).
Situado a beira do río Deza, aproveitando un meandro do propio río nunha paraxe abrupta, pero fermosa.

Historia
O seu comezo foi nos primeiros anos do s. X, ano 936, na propiedade dun ermitán chamado Egica e despois mercada polos condes de Deza, Don Gonzalo Betote e Dona Tareixa Eiriz.
No 939 acabouse a obra e elexiron como primer abade da comunidade ó presbistero Félix e consagrou o convento o bispo de Lugo, Don Hero, quedando así baixa a protección do rei Don Ramiro I de León.
O séculos XII e XIII son os de máis esplendor.
Durante o s. XVI, os pleitos e a mala xestión levan á comunidade a ruina, e xa no 1500 por orde dos Reis Católicos relégase a priorato, como granxa de S. Martiño Pinario, deixando no olvido ata 1836 co abandono total do mesmo.

Estructura do mosteiro.
A igrexa e de estilo románico e a súa construcción data do s. XII.
A planta da igrexa é de cruz latina con tres naves e cruceiro. Según se di que o autor do Pórtico da Gloria, o Mestre Mateo foi quen diseñou os planos desta igrexa basilical.
Destaca a gran cabeceira con tres ábsides radiais, cripta baixo a cabeceira e na fachada principal desenvólvese o tema dos anciáns da Apocalipse.

sábado, 17 de octubre de 2009

LENDA

A COVA DO REI CINTOLO


En Supena, preto de Mondoñedo está a cova do rei Cintolo, según as lendas falan de fadas, tesouros e mouros que a gardan.
Cintolo gobernaba hai moito tempo nunha cidade chamada Bría. Tiña moitas riquezas e unha fermosa filla, chamada Manfada, moi querida por nobres e plebeios, por a súa vontade.
Moitos príncipes e grandes señorías acudían para ver a súa filla para casarse, pero Cintolo non tiña presa por casala nin Manfada por casarse. Os pretendentes eran homes brutos que gañaban a fama e posesións grazas as guerras, asasinatos ó cal aumentaba a súa valía os ollos do rei.
Unha mañá chegou a Bría un xoven conde chamado Hollvrudet, acompañado duns poucos escudeiros. Entre éstos habían xóvenes e ancians e todos falaban moi ben do conde.
O xove conde conquistou o rei coa súa amabilidade e simpatía, pero ó pouco chegou un séquito acompañado de homes de armas. O xefe, home cruel enviou o rei Cintolo unha mensaxe esixindo a man da súa filla para o rei Tuba de Oretón, engadindo que se non o atendía asaltaría o castelo e levaría a princesa.
Ante a amenaza toda a xente do castelo incluindo o Rei mostráronse atemorizados. Ninguén sabia que facer ata que o conde Hollvrudet doulle a solución, ésta era combater él contra o Rei de Oretón. Desta forma envioulle unha carta onde o retaba a unha pelexa corpo a corpo.
Tuba, rei de Oretón non era xoven máis ben, gordo e con pouca habilidade no manexo das armas así que era inferior, pero poseía un don. O don era que era un bruxo e reuniu a todo o seu séquito, que tamén eran bruxos e lanzaron un encantamento para vingarse de Cintolo. Nese intre houbo un terrible estrondo e a cidade de Bría derrubouse, sepultando a todos. O conde Hollvrudet saliu ileso e conseguiu chegar ata o rei Tuba atravesando coa espada. De regreso ó castelo observou con terror que se convertera nun buraco con extrañas columnas, serpes, mouchos… pero a xente desaparecera.

Conta a xente do lugar que dentro da cova está a princesa, pero ésta non pode escapar porque un dos bruxos que acompañaba o rei Tuba tena prisioneira e deixa sair todas as noites ás doce só uns minutos, momento no que ela busca o seu amado polos arredores. Polo que se di que un mortal de corazón limpo que pase por alí, vea e logra desencantala quedará amo das súas riquezas, pero se falla será devorado polo monstruo que vive na cova.

sábado, 10 de octubre de 2009

ESCRITORES GALEGOS

ALFREDO BRAÑAS


Vida:
Alfredo Brañas Menéndez naceu en Carballo en 1859, fillo dun rexistrador da propiedade, pasou a súa infancia en Cambados. Estudio o bacharelato en Santiago de Compostela e despois dereito na universidade da mesma cidade. Trala morte de seu pai consegue acabar os estudios grazas a que un amigo de súa nai lle paga a carreira. Acabado os estudios volta a Cambados e traballa nunha notaria, en 1881 volta a Santiago para colaborar nun diario, El Libredón e comeza a exercer de avogado. Entre 1884 e 1885 foi secretario xeral da USC (Universidade de Santiago de Compostela).
Entre os anos 1885 e 1887 foi o director do diario El Libredón, pero acaba deixando polo carlismo declarado do xornal. En 1887 obtén a cátedra por oposición de dereito natural da Universidade de Oviedo e en 1888 marcha a Santiago para obter a cátedra de economía política desa cidade. En 1890 dáselle unha homenaxe en Santiago onde supón a primeira xuntanza de todos os galeguistas nun ambente de unidade.
Participa nos Xogos Florais de Tui no 1891, nos que fai un discurso por primeira vez en galego.
Foi un dos fundadores do Ateneo León XIII en Santiago en 1896.
A crise do 98 vaino apartar das súas ideas rexionalistas e vaino achegar ao carlismo.
Brañas falece no 1900, á idade de 40 anos. O seu corpo foi trasladado ó Panteón de Galegos Ilustres, onde xace nunha tumba coa seguinte inscripción:

Aquí yaz Alfredo Brañas Menéndez boo cristiano: agarimo d’a terra gallega sabio maeso na Escola compostelana. Deus ou teña no ceo. Naceu Janeiro 11.1859. Finou febreiro 21 – 1900.

Obra:
El Principio Fundamental del Derecho” (1885)
Fundamentos del Derecho de propiedad” (1887)
“El Regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario” (1889): Foi aceptado por todos os sectores do galeguismo como referente.
La Patria Gallega” (1890): Nesta obra fala por primeira vez de Galicia como nacionalidade.
La Renaixença” ou “La España Regional”: Son artigos que comparan os rexionalismo galegos e cataláns.
Historia Económica” (1894)
Curso de Hacienda Pública” (1896)
La Voz de la Sangre y la Voz de la Patria”: Drama.

sábado, 26 de septiembre de 2009

OS NOSOS CONCELLOS



SILLEDA



DEMOGRAFÍA
- Concello: Silleda
- Provincia: Pontevedra
- Comarca: Deza
- Área: 168 km²
- Entidades de población: 33 parroquias.

LÍMITES
A Serra do Candán, os montes do Chamor, San Sebastián de Meda e os ríos Ulla e Deza definen os límites do concello.

CONCELLOS LINDEIROS
- Norte e o leste: Vila de Cruces
- Leste e o sur: Lalín
- Oeste: A Estrada e Forcarei.

HISTORIA
A maior parte destas parroquias aparecen formando parte da jurisdicción do Trasdeza no s. XVII, que pertencían a provincia de Santiago.
A denominación Trasdeza aparece mencionada na Idade Media e en algúns documentos aparece a parroquia de Santa Maria de Cortegada.
Trasdeza aparece como denominación eclesiástica no 1645, designando un arciprestado do Deza, pertencente a diócesis de Lugo.
No actual territorio do concello houbo oito municipios constitucionais. Coa división municipal de 1835 o actual concello denominouse Chapa, establecendose unha pugna con Silleda pola capital e pola denominación do concello. Esta loita rematou no 1853 ao adoptarse como nome definitivo de Silleda.
Os primeiros rastros datados son da Idade do Bronce nos Campos de Mamoas. Da época castrexa son moitos restos encontrados como Castro de As Mamuelas (Refoxos) e da cultura romana consérvase algunha ponte coma a de Taboada.
Hai moita tradición histórica continuada na Idade Media coa fundación do Mosteiro de Carboeiro, construído polos condes D. Gonzalo e Dona Tareixa. O castelo de Cira onde na súa fortaleza foi escenario das loitas entre o arcebispo Diego Xelmírez e a raíña D. Urraca. No s. XIX xa derribado polos Irmandiños, presenciou a resistencia que o pobo fixo contra os franceses.
Tamén dis que na parroquia de Manduas foron acuñadas tres moedas visigodas do século VII.
Tamén houbo unha fortaleza en Chapa, pero edificáron enriba dela. Da fortaleza non queda nada nin rastro e atopar a parcela resulta difícil.
Ademáis o gravado de Castro Primadorna en Breixa que é Ben de Interés Cultural, declarado no 1974.
Os antecedentes históricos do concello de Silleda encontrámolos nos moitos castros repartidos por todo o municipio. Na parroquia de Silleda atopouse unha lápida adicada a LARIBUS VIÁLIBUS, a eidade protectora dos caminantes, indicando así que era unha zona tradicional de paso.
Todo o concelo foi escenario de feitos históricos na Idade Media.
O primeiro foi a fundación no século X da abadía de Carboeiro. No s. XI, Juan de Deza construiu o castelo de Cira que logo cedería a dona Urraca, co cal serviría para facerlle frente ao arcebispo Xelmírez. Do s. XI tamén destacan as igrexas románicas de Breixa e a de Taboada (s. XIII) e a de Ansemil (s. XIV) onde está enterrado o cabaleiro Diego de Deza.
No 1538, Pedro Mardones, maiordomo do arcebispo Pedro Sarmiento, intenta marchar contra o Conde Osorio de Moscoso en Chapa e Cira.
Nesta Idade Moderna e cando se construe o cruceiro barroco do centro do campo da feira da Bandeira (Manduas)
Na etapa contemporanea ten un interés marcado polo plan defensivo contra as tropas de Napoleón. Así en Marzo do 1809 reuníronse os párrocos de Abades, Fiestras, Grava, Cortegada, Oleiros, Refoxos, Ponte, Laro, Taboada, Rellas, Margaride, Negreiros, Ocastro, Silleda e Siador e con eles moitos veciños das parroquias, para acordar ir en contra da invasión francesa. Entón decidiron cubrir as pontes de Ledesma, Taboada, Carboeiro e Pereiro con 300, 2.000, 300 e 2.500 homes respectivamente nomeando comandante xeral das forzas a D. Bieito Martínez.
Neste concello tamen participaron polo apoio a causa Carlista, actuando nesta zona a partida de Goristide na primeira guerra (1833 – 1838) e na terceira fracción, constituída no 1873 con 25 homes (clérigos e estudantes) que foron desarticulados moi pronto, por unha denuncia imposta por uns veciños de aldeas preto do concello.

PATRIMONIO ARTÍSTICO E HISTÓRICO
Abades: Conta cun famoso santuario adicado a Nosa Señora dos Desamparados, construído no s. XVIII e destaca a súa torre que é a máis alta da comarca, frente dela está a primitiva igrexa románica.
A igrexa parroquial de Santa María de Abades está considerada de Ben de Interés Cultural dende 1981.
Ansemil: Ten un templo románico que formaba parte dun mosteiro medieval do s. XI. Este templo garda o sepulcro de Diego Gómez de Deza.
O mosteiro medieval foi fundado como mosteiro dúplice. Consta de cabeceira formada por 3 pequenas absides rectangulares que se prolongan en 3 naves que confluen na portada. Os capiteis representan motivos fitomórficos, son tallas sinxelas.
Breixa: Están os Castros das penas e os gravados rupestres de Primadouro, éstes últimos están considerados de Ben de Interés Cultural dende 1974.
Tamén está a igrexa parroquial cun gran abside e os mellores capiteis da comarca.
Carboeiro: Está o Mosteiro de San Lourenzo, fundado no ano 936, polos conde do Deza: Gonzalo Betotiz e Tareixa Eiriz.
Trátase dun mosteiro benedictino de orixe románica do s. X. Restaurado recentemente. Ten unha igrexa coa arquitectura primitiva, unha calzada empedrada que chega ata ponte medieval, ten muíño e pombal. Situado nun outeiro rodeado polo río Deza cunhas vistas fermosas.
É un Ben de Interés Cultural dende 1931.
Cervaña: Igrexa parroquial construída no 1594 co patrocinio dos Fernández de Deza e Taboada, garda o sepulcro desta familia nunha capela gótica con portada plateresca.
Cira: Ten a torre fortaleza sobre o río Ulla, único vestixio dun castelo medieval derruido polos irmandiños, segue en pé a torre homenaxe. Ademáis foi escenario das loitas de dona Urraca e o arcebispo Xelmírez. Está considerado Ben de Interés Cultural (1995).
Pazo de Paizas: pertencentes os Bolaños, Temes e Ballesteros e inicia a ruta dos pazos do Ulla.
Cortegada: Está o Castro de Cora fortaleza prehistórica e tamén a capela neoclásica e outra en Os Chaos, cun cruceiro.
Chapa: Antano capital do Trasdeza, fotaleza e hospital de peregrinos a Santiago.
Castro a carón da igrexa parroquial. Anterga ponte medieval, romana na súa orixe sobre o río Toxa e a súa beira, atopamos dous muíños.
Tamén capela barroca da Virxen das Candeas.
Dornelas: Castro Lóbrego e numerosas mármores
Igrexa románica rural do s. XII.
Escuadro: Pazo de Cascaxide pertencente aos Espinosa, dispón dunha casa señorial e ten un ejemplar de torre cadrada e unha igrexa románica do s. XVII. Ten os escudos dos Deza e dos Mondragón. Tamén dispón dunha fervenza coñecida como Pena da Auga, que amorea auga de choiva no seu interior e que segundo a tradición cura as enfermedades da pel e dos ollos.
Anterga calzada romana que chega o desaparecido castelo de Férveda derruído no 1320. Igrexa románica do s. XII con fermoso baldaquiro e cruz de prata moi labrada.
Fiestras: Igrexa e cruceiro barrocos.
Casa do convento, en Maril, que pertence o mosteiro de Acibeiro como granxa.
Graba: Restos de explotacións mineiras no Coto do Castelo.
Conxunto megalítico do Monte Penido.
Laro: Castro preto da igrexa.
Pena das Cazolas con gravados rupestres.
Manduas: No lugar de Bandeira destaca a Casa da Viña casona con portalón almenado, na entrada ó patio hai unha escalinata, ten unha gran chimenea e unha capela adicada a S. Antón, na súa fachada ten un gran escudo coas armas dos Gil, Taboada, Luaces e o león colorado dos Valenzuela.
Igrexa parroquial con portada románica.
Margaride: Torre de Costela (s. XV), único exemplar gótico da fortaleza medieval.
Igrexa barroca moi sinxela.
Casa e taller do pintor Manuel Colmeiro (1901 – 1999).
Martixe: Conserva un antigo trillo de liño no río Toxa.
Moalde: Coto do Castro con lendas de mouros e tesouros.
Igrexa neoclásica con torre (1829).
Negreiros: Igrexa parroquial con elementos románticos: arco triunfal, capiteis e ábside. Ademáis ten un campanario gótico.
Ocastro: Debe o seu nome a un castro prehistórico.
Oleiros: Pazo da Marza dos Sánchez Cantón.
Castro de As Ordas e Montaz.
Igrexa con tiunfano románico e sepulcro medieval no atrio.
Pazos: Gran fervenza natural, o lugar coñecido como a Fervenza da Devesa, un dos saltos de auga naturais con máis beleza de Galicia. Ten 50 m. aprox. de caída. O seu entorno propicia ter flora e fauna autóctona.
Dende as fervenzas parte unha ruta de sendeirismo chamada Carreiro do Deza. Gran vista paisaxística.
Este entorno está declarado Espacio Natural Protexido.
Piñeiro: Coto do Castro, recinto prehistórico.
Pazo de Carricoba co seu escudo, portalón grande, pombal e demáis elementos propios das casonas fidalgas, que nalgún tempo pertenceu ó Marqués de Ribadulla (Vedra – A Coruña).
Ponte: Restos dunha ponte medieval.
Refoxos: Castro de As Mamuelas.
Excelente panorámica dende o Monte do Candán.
Rellas: Antergo Castro e Torre medieval.
Casona construida por Beltrán Legerán, de empate de chateau francés, con balconadas, xardíns e 22 fiestras na fachada.
Saidres: Castro en Cartemil e Casoutas.
Manantial de As Candeas de augas sulfurosas.
Siador: Santuario adicado a Nosa Señora da Saleta do ano 1863.
Mamoas e castros.
Os petroglifos na Pena do Encanto.
Silleda: Pazo de Trasfontao do s. XVIII, é un recinto amurallado con amplas chimeneas, un hórreo e un pombal. Tamén ten unha capela cos escudos dos Montenegros, Varela e Mosquera.
Igrexa parroquial neoclásica.
Taboada: Debe o seu nome a unha ponte de taboas reemplazada no 912 por outra medieval, unha das vías medievais máis importante da comarca e consta dun só arco.
A igrexa románica é de principios do s. XIII. Conserva elementos da súa antiga fábrica. Tamén ten un cruceiro xunto ó templo.
Xestoso: Castro coñecido como Eira dos Mouros a 630 m.
A beira do río Escuadro hai varios antergos muíños que forman pequenas fervenzas.
No alto do monte atopamos unha lagoa coñecida como a lagoa sagra.


ESCUDO DO CONCELLO
O escudo do concello de Silleda foi doado no ano 1250 por Alfonso X, o Sabio, cando foi nomeado Rei de Castela, León e Galicia, polo apoio prestado na guerra que mantivo co seu irmán Juan.
SIGNIFICADO:
O León do escudo procede de León (o reino).
A cor verde que o rodea quere decir que foi doado.


FESTAS DO CONCELLO
Festa da rosquilla en Abades.
Festa do polo asado en Taboada.
Festa do Lacon en Silleda.
Festa da paella en Cortejada.
Festa da carne ó caldeiro en Piñeiro.
Festa da cacheira en Lamela.
Festa da tortilla en Laro.
Festa da empanada en Bandeira (Manduas).
Festa da castaña en Breixa.
Festa da Saleta en Siador.


PARROQUIAS
Santa María de Abades. San Pedro de Ansemil. Santiago de Breixa. Santa María de Carboeiro. San Mamede de Ocastro. San Salvador de Cervaña. San Cibrao de Chapa. Santa Baia de Cira. Santa María de Cortejada. San Martiño de Dornelas. San Salvador de Escuadro. San Martiño de Fiestras. Santa María de Graba. San Miguel de Lamela. San Salvador de Laro. San Tirso de Manduas. San Fiz de Margaride. San Cristovo de Martixe. San Mamede de Moalde. San Matiño de Negreiros. San Miguel de Oleiros. San Tomé de Parada. San Martiño de Pazos. San Xiao de Piñeiro. San Miguel de Ponte. San Paio de Refoxos. San Martiño de Rellas. San Xoan de Saidres. San Miguel de Siador. Santa Baia de Silleda. Santiago de Taboada. San Martiño de Vilar. Santa María de Xestoso.










miércoles, 16 de septiembre de 2009

RECEITA

TARTA DE SANTIAGO


Ingredientes:
100 gr. de fariña
250 gr. de azucre
4 ovos
100 gr. de manteiga
250 gr. de amendoa triturada ou en pó.
1 culler de levadura en pó.
2 taciñas de auga
Ralladura de limón
Azucre glass (para espolvorear)

Elaboración:
1._ Acender o forno e poñelo a 180º C
2._ Batir los ovos co azucre e cando comence a blanquear, engadir a manteiga derretida (morna), a fariña coa levadura en pó e a auga.
3._ Remexer pouco a pouco e cando estea ligada un pouco engadir as amendoas en pó e a ralladura de limón e mezclalo todo.
Verter a masa nun molde previamente engrasado con manteiga e engadido un pouco de fariña.
4._ Metelo no forno uns 30 min., aprox.
5._ Comprobar que a tarta está cocida, retirala do forno e deixala enfriar un 10 min., antes de desmoldala.
6._ Decorala con azucre glass.

Observacións:
Aplicacións: Postre.
Preparación: 50 min. aprox.
Cocción: 30 min. aprox.
PAX: 4 personas.
Anotacións: Hai variadas formas de facer está tarta.
Tamén pódese chamar “Tarta de amendoa” ou “Tarta Compostelana

viernes, 11 de septiembre de 2009

ESCRITORES GALEGOS

MANUEL PARDO DE ANDRADE


Vida:
Manuel Pardo de Andrade, tamén coñecido como León de Parma, Pardo de Chas ou Vardo de Chaz, naceu en Dorneda, Oleiros (A Coruña) no 1760.
De familia fidalga, de condición de segundón destinarono a ingresar na orde dos Agostiños os quince anos; ó ter unhas dotes intelectuais boas os superiores destinarono a estudiar Teoloxía en Salamanca (1780 – 1782), despois foi enviado a Roma onde obtivo un grado académico para poder ensinar como lector de Humanidades, Física e Moral en Ancona ata 1787. Volta a España no 1767 e pide a seculación coa excusa da súa mala saúde que obtivo no 1792. Sirve como capelán no segundo batallón do rexemento de infantería de Guadalajara durante once anos.
Retirado ó Pazo de Xaz (Oleiros, A Coruña) co grao de capitán entón empeza a Guerra da independencia.
Constitue o revolucionario Club de la Esperanza que reúnanse no bar coruñés do mesmo nome. Coa caída do réximen constitucional líbrase da horca e vaise a Inglaterra e terminou en París, alí tópase con Leandro Fernández de Moratín e cásase con Rosa Hardy coa que tivo dúas fillas. Volta de novo a Galicia no 1820. Despois volve a irse a Inglaterra, de alí a Bruselas e tamén viaxa a Alemania e Inglaterra todo por motivo de obter a residencia e garantir a subsistencia.
Cun pasaporte obtido en Bruselas encontrábase en Paris coa muller e as fillas cando morreu de cólera no 1832.

Obras:
- La conversione di Sant’Agostino: Tragicomedia feita en italiano (teatro).
- Ponse ó frente do Diario de La Coruña (1808 – 1809): primer periódico político apoiado pola Xunta de Galicia.
- Dirixe un Semanario Político, Histórico y Literario de La Coruña (1809 – 1810)
- Publica Reflexiones sobre la mejor constitución posible en España (1811)
- Colabora en El Ciudadano por la constitución (1812 – 1814)
- Atribuenselle folletos anónimos como o Juicio imparcial sobre la conducta del obispo “que fue” de Orense ou Principios elementales que han de servir de gobierno a la comisión de las tres Juntas reunidas en Galicia, León y Asturias (1811)
- El pueblo gallego no hizo gestion alguna para que el supremo Gobierno restablezca el Tribunal de la Inquisición (1812)
- Os rogos d’un gallego establecido en Londres, dedicados os seus paisanos para abrilles os ollos sobre certas iñorancias, e o demais que verá o curioso lector (1813): romance de cego
- Poesías (1820)
- Os artículos do Diario de Madrid (1794 – 1800)

martes, 18 de agosto de 2009

RECEITA

PISTO DE VERDURAS


Ingredientes

500 gramos de calabacins.
500 gramos de tomates.
500 gramos de pementos.
250 gramos de cebolas.
4 culleradas de aceite de oliva.
2 dentes de allo.
Sal.

Elaboración
1.- Nunha tixola ponse o aceite de oliva e cando está quente engadeselle a cebola picada moi fina, o allo e o perexil, también picados.
2.- Partense os pementos y quitaselle a semente, cortanse en pedaciños e engadeselle na tixola. Todo xunto deixase rehogar tapado e a lume suave.
3.- Quitaselle os calabacines a pel, partense a cuadriños e poñense nunha cazola.
4.- Escaldanse os tomates con auga fervendo durante dous minutos, quitaselle a pel e a semente e cortanse en pedaciños.
5.- Únense os calabacins na cazola, engadeselle o refrito da tixola e todo xunto deixase cocer lentamente e tapado ata que estén no seu punto aprox. uns 45 min.


Observacións
Aplicacións: Primer plato
Preparación: 1hora e 15 min., aprox.
Cocción: 45min.
PAX: 4 personas
Anotacións: Así só, é de primer plato, pero póde acompañar a ovos fritidos ou carne e pescado a prancha, entón seria de segundo. As posibilidades son infinitas, ademáis para agora o verán, é un prato moi agradable.

martes, 11 de agosto de 2009

PERSOEIROS

ANTOLIN FARALDO


Antolin Faraldo Asorey nace en Betanzos no 1822. Bautizouse na parroquia de Santa María de Azogue. Fillo de Feliciano Vicente Farado, escribano de números e de Francisca Asorey Canda, ten dous irmáns máis, Tiburcio e José.
Na súa nenez en Betanzos transcurre nun ambente cristián e monárquico. Na xuventude estudia en Santiago de Compostela, Mediciña, entre os anos 1835 – 1842 e obtivo o título de Bacharelato.
Na Academia Literaria onde lee libros e coñece a realidade de Galicia, ademáis coñece a Benito Vicetto, Neira Mosquera, Pío Terrazo, o mestre Ramón del Sagra e relacionase con eles, entusiasmándose das súas galeguismo ideas.
No 1842 colabora como periodista no Recreo Compostelano sobre temas literarios relacionados con Galicia e coa relixión católica.
No 1843 incorpórase a Diputación Arqueológica Gallega.
No 1845 dirixe o periódico El Porvenir onde mostra abertamente o seu pensamento liberal galego, considerando a Galicia: “Unha provincia autónoma, administrativa e cultural e propoñendo a reconstrucción da patria gallega”.
Sentía a necesidade de crear unha cidade popular que fora a capital da Galiza e xuntar as forzas sociais, políticas, literarias, comerciais e industriais galegas que impulsaran o movemento político do provincianismo galego que sustituíra ó Reino de Galicia.
Quería unha nova organización territorial de provincias e tribunais de xustiza, xa que a Constitución liberal de 1812 dividira en comarcas, concellos e parroquias; en sustitución do antigo Reino de Galicia, dividido en cinco provincias eclesiásticas: Lugo, Tui, Santiago de Compostela, Ouense e Mondoñedo e da abolición da jurisdicción foral dos señoríos.
Esta organización territorial leva a cabo o político liberal ilustrad, Javier de Burgos, no 1833, establecendo en 49 provincias imitando a división territorial francesa, despois de moitas tentativas anteriores.
No 1846, Antolín Faraldo únese ó pronunciamento liberal progresista do comandante Solís. Constituese unha Xunta Superior Provincial de Galicia do cal o presidente e o secretario son Pío Rodríguez Terrazo e Antolín Faraldo respectivamente.
No 1846, meses despois, firman un manifesto en contra do goberno que está, pero fracasa ese pronunciamento polas forzas liberais moderadas do xeneral Narváez, presidente do Goberno do Estado español.
Así o comandante Solís e a súa plana maior do mando son executados en Carral o 26 de abril do 1846.
Antolín Farado e os seus compañeiros partidarios exilianse a Portugal, onde permanecen ata ser amnistiados no 1847.
Faraldo vaise a Madrid, onde escribe varios artículos de carácter progresista no diario Europa e tamén en varios periódicos galegos coma Boletín Mercantil e Industrial de Galicia.
No 1848 decide fixar a residencia en Granada por razóns de saúde, onde morre en 1853.

martes, 4 de agosto de 2009

ESCRITORES GALEGOS


BENITO VICETTO

Vida:
Benito Vicetto Pérez naceu no Ferrol (A Coruña) no 1824.
Seu pai José A. Vicetto, italiano xenovés, era armador, dono e capitán dun barco casou en segundas nupcias con Josefina Pérez. Benito foi bautizado en S. Xiao de Ferrol. Quedou orfo na súa nenez e quedou ó coidado de súa nai. Tiña unha irmá.
Ingresa os 12 anos no Colexio de Gardas Marinas e Pilotos de Arsenal do Ferrol, abandonando por razóns de diñeiro.
Ingresa de soldado no servicio militar, tendo que ir a primeira guerra carlista (dura sete anos). Ó seu término accede ó Real Corpo de Alabardeiros onde permanece ata 1850, pasando a ser oficial de prisións en diversas cidades españolas.
En 1868 co triunfo dos liberais progresistas nomeano director da Fábrica de Moeda de Juvia (Ferrol) onde estivo ata pasar a ser empregado de Facenda Pública na Coruña ata pouco antes da súa morte.
Moi enfermo, regresa a Ferrol e morre, con só 59, no 1878, sendo enterrado no ceminterio da cidade natal.

Obra:
A producción novelística de Benito Vicetto é moi importante.
El caballero verde” (1844): Tiña 16 cando a escribiu e foi a súa primeira novela romántica e que trata do s. XIV, onde transcurre no mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Colabora nos periódicos ferroláns El Ferrolano e Aguila.
En Madrid colabora nos primeiros periódicos ilustrados, El Museo de las Familias e Semanario Pintoresco Español.
En Sevilla nos periódicos, Telégrafo, Eco de la Juventud e La Aurora.
En Extremadura manda diversos artículos a El Jévora en Badaxoz.
Entre 1854 e 1856 dirixiu o periódico El Clamor de Galicia onde facia unha chamada en pro do rexionalismo galego.
En1861 participa no Xogos Florais de Galicia coa poesía “Al enamorado Macías”, que obtivo o segundo premio.
Escribe “Historias de Galicia” (1865 – 1874): Consta de sete tomos e é iniciada coa prehistoria e termina co reinado de Isabel II.
En 1869 colabora co periódico Brigantiño.
Tamén escribiu:
Los Hidalgos de Monforte” (1851): Escribiuna en Sevilla e foi moi eloxiada pola crítica, e nara o enfrentamento entre o conde de Lemos, fiel a raíña Isabel cos irmandiños acaudillados polo mariscal Pardo de Cela.
El arquero y yo” Un drama e é unha novela canallesca ambentada no s. XIV.
Ecos del alma” (1869): Gran recopilación de poesias.
El último Roade” “Víctor Basben-Páginas de vida íntima” (1874)
Los Reyes Suevos en Galicia” “El Lago de Limia” (1861)
Crónicas Galaicas” “El caballero de Calatrava” “Angel de mi amor
Araceli-Recuerdos de Coruña” “Amores del conde Basben” “El cazador de fantasmas
Corona de fuego” “El conde de Amarante” (1872)
Horas de insomnio” “Crónicas españolas” (1851): Colección de lendas.
Cristina” (1852)
Rogin Rojal o el paje de los cabellos de oro” (1855)
Historia de una calavera” “Magdalena-Páginas de una pasión” (1861)
La Baronesa del Frige” “Las tres fases del amor” (1867)
Las aureanas del Sil” “Tradiciones feudales de Galicia
Ainda que a súa maior obra foi en castelán tamén escribiu en galego , só tres poemas e un sen título.
Os poemas son:
Cantigas de Boboriños
Ti e eu
Sono dunha noite de vran

jueves, 23 de julio de 2009

UNHA ESCAPADIÑA


O CASTRO DE SANTA TEGRA


INTRODUCCIÓN
Situado no monte de Santa Tegra a 341 m. de altitude, no concello de A Guarda (Pontevedra).
O contorno do monte de Santa Tegra conforma un xacemento arqueolóxico, no que se encontra o castro, Castro de Santa Tecla ou Santa Tegra, e é o máis visitado dos castros galegos.
Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no 1931 e tamén é considerado Ben de Interés Cultural.
Tamén encontránronse petroglifos feitos 2000 anos antes da ocupación dos castros.

XENTES DOS CASTROS.
Según a interpretación dos arqueólogos trataríase dun pobo de estructuras igualitarias, é dicir, construccións de tamaños semellantes, pacíficos e vivían da agricultura; tamén comercializaban, pois acharonse moitos productos foráneos.

ESTRUCTURA DO CASTRO
- A muralla: A muralla servía para delimitar o terreo do castro co entorno,
ademáis de facer as funcións defensivas.
Está feita de cantería unida con barro, non pasa dos 160 cm. de grosor. Tiña dúas portas de acceso: a do norte e a do extremo meridional.
- As casas: Casi todas delas son de plantas circulares ou ovaladas e teñen
esquinas en forma de arcos. O grosor das paredes son duns 40 cm. de media. A maioria son de pequenas dimensións.
Moitas presentan un vestíbulo de acceso que é unha influenza do mediterráneo.
- Os petroglifos: onde se levantou o poboado encontraronse restos de pinturas de
2000 anos antes.
Hoxe atopamos a Laxa Sagrada ou Laxa do Mapa que está situada na parte alta do monte, está composta por espirais, círculos concéntricos e trazos lineais máis ou menos paralelos.
Cerca desta encóntrase outra rocha con gravados similais. Estos gravados non teñen nada que ver co castro, son da etapa final do neolítico galego

O MUSEO
Fixeron este museo debido a que cando o arqueólogo, Ignacio Calvo, excavou en Santa Tegra (1914 – 1923) expoñera nun simple local de A Guarda.
Está na cima do monte e foi deseñado polo arquitecto Antonio Palacios e inagurado no 1953.

lunes, 13 de julio de 2009

FESTAS POPULARES

25 de Xullo


Introducción
O 25 de Xullo de cada ano, coincidindo coa festividade de Santiago Apóstolo, Galicia enteira celebra o seu Día Nacional ou Día da Patria Galega. Tamén coñecida como Día de Galicia.
Ésta é unha festa de reivindicación política, onde os galegos conmemorámolo noso autogoberno.
Celébrase actos institucionais coma a ofrenda ó Apóstolo Santiago, que ademáis é patrón de España dende hai séculos. Tamén as manifestacións que organizan os partidos nacionalistas ou as ofrendas florais no Panteón dos Galegos Ilustres; ademáis dos relixiosos como a tradicional misa na honra de Rosalía de Castro.
Coincidindo co 25 de Xullo só cando cadre en domingo, convértese en Ano Santo Compostelán. Durante o Ano Santo todos os cristiáns que confesan e visitan a catedral gañan as indulxencias plenarias polas que se lle concede a remisión dos seus pecados.

Historia
- Orixe
Puido ser en orixe unha celebración pagá celta reconvertida polo cristianismo.
Nun 25 de Xullo…
Do ano 893 foi cando o rei Alfonso III doalle a igrexa de Santiago da vila de Areas.
No 1311 Fernando IV concedelle ao arcebispo de Santiago o señorío sobre a cidade.
As orixes da celebración como tal desta xornada remóntase ao 1920, ano da II Asamblea Nacionalista que organizan as Irmandades da Fala como acto de afirmación da nosa identidade colectiva. Nesta asamblea acordan institucional o “Día da Patria o 25 do mes de Santiago”.
Fanse os seguintes anos 1921 – 1922, pero coa dictadura de Primo de Rivera impide as celebracións ata 1931. Retoman de novo todo e no seu discurso defínena así: “O Día de Galicia. O día da Nosa Fala Nacional”.
Son anos dunha ilusión ata que chegue o Estatuto do 1936.
-
Franco e Galicia.
Pero no 1936 chega a guerra e trae silenzos e oscuridade. A mediados do século recupérase a misa, en galego, na honra de Rosalía.
Na longa noite de pedra tamén as sociedades galegas que están na emigración manteñen os homenaxes e a luz acesa para recordar.
A finais da década dos 60, as organizacións nacionalistas comezan a convocar concentracións en Compostela o 25 de Xullo.
Nos 70 convocan as concentracións sobre a soberania nacional.
No 1973 utilizan por primeira vez o termo Día da Patria Galega.
-
Actualidade.
Dende a instauración da democracia e a promulgación do Estatuto de Autonomía, organizacións e institucións públicas programan todo tipo de conmemoracións nestas datas.
Bandos municipais chaman os veciños a celebrar o Día e a colocar a bandeira o mesmo 25 De Xullo en rúas e balcóns.

Cita.
A festa maior de Galicia, a festa de todos os galegos” Castelao.

lunes, 6 de julio de 2009

ESCRITORES GALEGOS


Francisco Añón

Vida:
Francisco Añón Paz naceu no lugar de Boel, concello de Outes (A Coruña) no 1812.
Era fillo de Fernando Añón e Vicente Paz, os dous labradores e veciños de Outes.
Bautizaron o neno o capelán de Outes, Xosé A. Cernadas e foille de padriño o párroco de Outes, Francisco Osorio. Quizáis este último foi quen lle ensinou as primeiras letras a Francisco Añón.
Añón entrou no Seminario de Santiago o ano da fundación deste (1829) polo arcebispo de Santiago, frei Rafael Vélez, e acadou o título de bacharel en Filosofía no 1833. Ademáis estudio cinco anos de Teoloxía, pero deixouno e acadou o título en Leis no 1843 e o de licenciado, días despois.
En 1846, Añón viaxou a Lisboa, non porque estivera implicado no levante militar (foi o ano do movemento galeguista que rematou cos mártires de Carral) senón que foi traballar cun primo nunha librería. Dise que Francisco Añón acompañou a un lord inglés, como secretario por Francia, Italia e Andalucía (non está documentado, pero Añón escribiu sobre as viaxes).
Sospeitase que nos anos 1853 e 1854 o poeta está vivindo en Sevilla e dá clases de francés e italiano. Pero no 1857 está en Madrid, ainda que eses anos fixera algunhas viaxes a Galicia.
En 1872 traballou como auxiliar e despois de oficial de arquivos e cesou en 1873.
Dende entón viviu pobre e morreu pobre.
Morre en Madrid no 1878.

Obra:
Francisco Añón escribiu na súa vida en galego, castelán e portugués. Ainda que non publicou ningunha obra en vida, deixou os poemas ciscados en xornais e outros nas mans de amigos e parentes que lle adicara, éstes últimos serán poemas inéditos).
Unha vez morto os seus contemporáneos foron recollendo a súa obra.
Según se ten entendido a súa obra consta de:
39 poemas en galego
107 en castelán - e –
7 en portugués
Os poemas de Francisco Añón, a maioría, están cargados de humor e de sátiras. O máis importante da súa obra, son os poemas que canta a Galicia, como patria da infancia, “Recordos da infancia” (1845): Un poema extraordinario e conmovedor; e aqueles nos que describe costumes galegos, “Alma en pena” (1860), “O magosto”, “A leiteira”.
No que se refire a poemas de circunstancias, escribiu varios poemas deste tipo en galego. Estas obras están dedicadas a amigos, familiares reais ou imaginarios ou persoeiros da época (os reis), nestes poemas atopamos moitas veces o humor e a ironía.
Tamén consérvanse de Añón poemas amorosos, ainda que non son moitos. Entre eles están “Amor apresurado” (1869) ou “A Sabeliña”.
Se por algo foi coñecido Francisco Añón foi por ser o poeta dos himnos, destacando o “Himno á agricultura” (1873) e o “Hymno dos povos” (en portugués): himno revolucionario que supuxo a súa expulsión de Portugal.
Tamén poemas dedicados a Galicia, que son catro: tres escritos en galego e un en castelá:
1._ “O recordo a Galicia” (1857): É unha obra de 48 versos que o tema principal e a exaltación de Galicia, centrándose nos seus recordos da infancia. Para o autor, Galicia é unha especie de paraíso onde pasou os seus momentos máis felices.
A composición ten un destacado ton biográfico. Ademáis dos recordos da infancia, o poeta fala dalgúns lugares que visitou ao longo da súa vida (Lisboa, Francia e Italia).
2._ “A Galicia” (Ay esperta, adorada Galicia): Grazas a este poema Añón gañou o primeiro premio nos Xogos Florais da Coruña en 1861, ainda que non lle gustou nada en absoluto.
O poema está escrito en oitavas italianas e comeza coa cita dunha balada popular. De novo aparece a exaltación de Galicia como paraíso da infancia. Ainda que neste poema varía algo, xa que nesta composición aparece a denuncia política e social. Tamén aparece outro soño do poeta que era voltar a Galicia.
3._ “Á Galicia” (Dos teus recordos vivo ¡Galicia encantadora!): Esta composición foi escrita en Madrid pouco antes de morrer en 1877. Compúxose en quintetos e tamén aparecen os tópicos da paisaxe e da esperanza no progreso. Neste poema faise máis evidente o desexo de poder regresar a Galicia antes de morrer, pois presentía que lle quedaba pouco tempo de vida.
4._ “A Galicia, visitada por el Rey Don Amadeo I” (1872): Esta obra é a única con este tema e está escrita en castelán, só polo título pódese ver que é unha obra de ton patriótico. Clasificaríase como poema de circunstancias. Neste poema o autor fala de que o país ten un grande futuro por diante. Hai unha referencia ao novo sistema político.


miércoles, 17 de junio de 2009

RECEITA


Coca de San Xoan

Ingredientes:
80 gr. de manteiga
300 gr. de fariña
100 gr. de azucre
4 ovos
30 gr. de azucre glass
¼ l. de leite
½ sobre de levadura en po
1 limón
100 gr, de froita confitada
50 gr. de piñóns
Anís moído e canela en po.

Elaboración:
1._ Acender ó forno e poñelo a 180ºC.
2._ Formar un volcán coa fariña tamizada e engadir o azucre, o leite, 3 ovos, o anís, a levadura, a ralladura de limón e espolvorear un pouco de canela por enriba da fariña. Amasar ata formar unha masa fina e homoxénea.
3._ Engadirlle a masa a manteiga derretida (non debe estar moi quente) e amásase de novo.
4._ Cando estea amasada, dáselle forma ovalada e ponse nunha bandexa que previamente está untada en manteiga e espolvoreada de fariña. Deixase repousar 15 min.
5._ Espolvoreamos a mesa coa fariña e estiramola, dándolle forma típica de coca (máis larga que ancha).
6._ Poñer nunha bandexa, untada con manteiga e espolvoreada en fariña, a coca.
7._ Pinta a coca con ovo batido. Despois repartir os anacos de froita confitada e os piñóns por enriba e ó remate espolvorear con azucre glass.
8._ Metelo no forno, xa aceso, e deixar cocela ata que quede douradiña durante 30 minutos aproximadamente.

Observacións:
Aplicacións: Postre
Preparación: 45min., aprox.
Cocción: 30 min.
PAX: 5 personas.


jueves, 11 de junio de 2009

PERSOEIROS


Pepa a Loba

Vida:
Non se sabe con certeza onde foi o lugar de nacemento, uns din que na parroquia de Couso (A Estrada) en 1835 e outros en Amoedo.
A nena creceu na compaña da súa nai coñecida como “La Falucha”, ésta mimouna e quixoa moito ainda que eran pobres. De pai descoñecido, ainda que o pobo cría que era o irmán do tendeiro do pobo.
A nena comezou a traballar no campo e tamen coidaba as ovellas de súa tía Dorinda, aquí foi onde gañou o alcume de Pepa a Loba, xa qe nunha ocasión enfrentouse ó lobo cun pao e o seu can saíu na súa defensa matando o lobo tras unha terrible loita. A nena quedou ferida e o can axudoulle a chegar a aldea.
Na xuventude Pepa ve como un descoñecido entra na casa e viola a súa nai, nove mese despois a nai de Pepa e o bebe morren no parto.
Entón súa tía Dorinda faise cargo dela obrigandoa a mendigar polas feiras e mercados, ademáis de traballar na terra e coidadando as ovellas. Dorinda mete a Pepa a vivir na casa do tendeiro coa esperanza de que a faga súa querida e gañar algúns pago por parte del. Pero o tendeiro colleulle cariño e adoptouna coma filla. Despois o tendeiro contratou a un estudiante para que aprendera o oficio. E Pepa e él fanse mozos. O tendeiro fai testamento a favor de Pepa e o pouco aparece asasinado cun coitelo de cociña cravado no peito. O mozo resulta exculpado mentras Pepa foi condenada a cadea perpetua. O pobo, sen embargo sospeitan que o crimen foi cometido polo irmán do tendeiro (ó que consideraban pai de Pepa).
Este erro da xustiza fai permanecer a Pepa no cárcere de Pontevedra durante moito tempo, convertindoa nunha muller chea de rencor e enormes desexos de vinganza. Na prisión pide auxilio ó capellán do cárcere e cando están a soas, golpeo e fuxe vestida de cura.
Para sair de Pontevedra, Pepa, disfrázase de home. A súa obsesión era vingarse de Albeite (o irmán do tendeiro e suposto pai). Cunha pistola e o seu nobre can van para Couso, alí amenazouno e fixo que o seu can o matase. Era o primer crimen de Pepa a Loba.
Despois marchou vivir ó monte onde formou unha banda de bandoleiros cos que cometía roubos asaltos e crímenes. Dise que o principal escenario foi a provincia de Pontevedra, pero tamén realizou asaltos a outras provincias galegas. Coa súa cuadrilla asaltaban os camiñantes e robaban nos pazos e nas rectorias. Pepa a Loba era temida e admirada por igual. O pobo difundiu a lenda ainda que hai pouca documentación sobre a súa vida. A maioría dos relatos débense a tradición oral que foi transmitida de xeración en xeración.

Mito Galego.
Pepa a Loba é a muller prototipo do bandoleirismo dende o s. XIX en toda Galicia.
Hai xente que cree que houbese máis ca unha. Desta maneira a primeira levase este alcume e outras mulleres que se dedicaron ao bandoleirismo adoptarían ou serían coñecidas pola mesma denominación.
Houbo escritores galegos coma Emilia Pardo Bazán e Ramón María del Valle - Inclán entre outros que deron vida a un bandoleirismo en Galicia, pero sen ser verdade, só nos seus libros. Desta maneira a lectura chegaría a convertirse en lenda.

viernes, 5 de junio de 2009

ESCRITORES GALEGOS


Xoan Manuel Pintos

VIDA:
Xoan Manuel Valentín Pintos Villar naceu na parroquia de Santa María a Maior (Pontevedra), en 1811.
Según se sabe estudio tres anos de Filosofía (equivalente á Segunda Ensinanza), cinco anos de Institucións Civis (Leis) e un ano de Institucións en Canónicas. E acadou o título de bacharel en Leis en 1833 e o título de bacharel en Canons en 1835. No seu expedente non consta a data de licenciado en leis, ainda que se sabe que traballou de avogado na Coruña.
Casou en Pontevedra con Serafina Amando Boullosa e tivo catorce fillos.
Xoan Manuel Pintos tamén foi xuíz en Cambados, exerceu de avogado en Pontevedra, deu clases de latín no instituto de Pontevedra e foi Rexistrador da Propiedade en Vigo ata o ano da súa morte.
Morre en 1876 en Vigo onde é enterrado.


OBRA:
Este poeta é o máis destacado precursor do Rexurdimento galego.
Escribiu:
A gaita gallega” (1853): O libro fala dun protagonista, Cristus, un gaiteiro galego, que lle aprende a un tamborileiro non galego, Pedro Luces, o noso idioma.
É un libro en verso (con partes en prosa), que consta de poemas de métrica variada, integrados en sete partes. Tamén ten un contido galeguista, pois o autor pensa que os galegos poden acadar a súa propia dignidade falando e estudiando o galego.
Xoan Manuel Pintos escribiu este libro para exaltar a lingua galega e así que os galegos a usasen.
Ó remate da séptima parte na que divide o libro, o autor dedícalle un texto en prosa ó Padre Sarmiento.


Ademáis escribiu poemas en galego como:
Contos da aldea”(1858): publicado no periódico El Circulador.
Rechamo” (1859).
O reiseñor” (1868): publicado no Almanaque de Galicia (Lugo).
A Galicia” (1861): é un agromo de epopea de máis de seiscentos versos
Tamén tres églogas:
Antonio e Margarida”(1857);
Xacinto e Catriña”(1858);
Delores e Alexandre”(1858).
E tamén autor dun Breve Diccionario Gallego (1853) cunhas 6000 entradas.


viernes, 22 de mayo de 2009

UNHA ESCAPADIÑA



Praia das catedrais


O seu nome é Praia de augas santas, situada en Ribadeo (Lugo). É coñecida por este nome polas apariencias dos seus acantilados.
Está declarado MonumentoNatural pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
O característico desta praia son as diversas figuras que forman as rochas producida pola continuo golpeo das olas contra ellas. Esto pódese ver cando hai baixamar, podendo acceder a un areal que nos levaonda arcos de trinta m., covas, corredores no medio de rochas e outras curiosidades.
Cando hai mareas vivas, as mareas soben e baixan máis do normal podendo chegar a praias veciñas, pero tende coidado e voltar antes de que volva a sibir a marea.

sábado, 16 de mayo de 2009

LENDA


LENDA DO PAZO SUBTERRÁNEO

Hai tempo no Pico Sacro (monte próximo a Santiago) había unha torre, dicíase que quén pasara por algún camiño cercano a ela durante a noite, podíase oír os xemidos e lamentos dunha muller alí encantada por un xigante e ben gardada sen que ninguén puidese achegarse a ela. Algúns valentes que ousaron liberala quedaron alí mortos.
Según contan ten os esqueletos colgados a entrada do pazo subterráneo. Dous xigantes de ferro, que se moven a través dun inxenio das portas que cando alguén intenta abrilas caíanlle dous pesado martelos cos cales esnaquizabanlle as cabezas os atrevidos. Ese isto non bastase dise que tralas portas fan garda uns leóns que os destrozarían por se pudiesen esquivar o primeiro atranco.
O xigante do pazo é un bruxo que grazas as artes da maxia destrueu as paredes do castelo e fixo coas pedras e as rochas dos arredores grandes montóns que cubriron a entrada do pazo onde vive.
Dicíase que todo o que os labregos traballaban nas terras ían para os grandes depósitos e horreos do pazo do Pico Sacro, xa que ninguén sabe onde está, pois as rochas cubrírono fai moitos anos que nin sequera os máis vellos do pobo se acordan.
Conta unha velliña do lugar que en S. Lourenzo da Granxa xa fai moitos anos escoitou dicir a súa avoa que unha mociña da súa parroquia desaparecera un día; ó parecer, según din quen a viu estaba falando a noitiña nunha corredoira cun señor, sospeitaron que sería Encanto do Pico Sacro, que a levaría para o seu temido pazo.
Pasou moito tempo sen que ninguén a vira nin se soubera dela, ata que ó cabo de cincuenta anos apareceu ó carón dun ruleiro unha velliña cos cabelos brancos, a cara con enrrugas e os ollos cegos. Coñeceron quén era pois a infeliz preguntaba a todos pola nai daquel rapaza desaparecida, morta facía moito tempo.
Contaba a coitadiña cómo o señor co que falou sendo moza lle dixera que se fora con él, que ía ser tratada coma unha raíña e que tería fermosos vestidos, colares e outras xoias e pedras preciosas de moitas cores, que habería ser servida por criadas. E como ela lle dixera que non quería ir, doulle a beber un viño e despois adormeceuse; ó despertar achouse nun salón moi bonito e cheo de espellos nas paredes, con marcos dourados e grandes cortinas, unha mesa cuberta cun gran mantel branco bordado con flores de moitas cores, deronlle manxares sabrosos e viños doces, pasteis que na súa vida probara nin imaxinara pudiera probar nunca.
Tivo unha vida chea de pracer e encantamento, de festa en festa, xantares delicioso, música, bailes e moi pronto olvidou os seus pais, a súa aldea e toda a súa vida anterior… Ata que pasados algúns meses pariu un fillo mouro. Aquilo produciulle unha gran pena ó saber que tivera un fillo de moura ralea. Entón entroulle a morriña. Pero o señor do pazo díxolle poucos días despois, cando ela pensaba voltar a súa vida chea de praceres:
“Pasou isto por ser desleal conmigo e traizoarme cun dos meus criados mouros; de agora en diante deixaras de ser a miña amada e serás a escrava de todos os que vivimos neste pazo; e traballaras e serviras a todos sen queixarte, xa que polo teu pouco xuizo perdícheste. “
Entón a rapaza chorou os sete chorares e pediulle o señor Encanto que tivera piedade dela, pois non sabía o que lle pasara nin cómo ocurrira tal cousa, a non ser que lle deran unha brebaxe para rirse dela e desgraciala. Pero non serviu de nada e tivo que cumplir o castigo que lle impuxeran. De tantos traballos, amarguras e tanto chorar a diario foise facendo velliña, perdendo a vista dos seus ollos, ata que un día sin saber cómo nin por qué encontrouse na corredoira e foi dar a parroquia onde facía anos a levaran.

martes, 5 de mayo de 2009

ESCRITORES GALEGOS


Nicomedes Pastor Díaz

Vida:
Nicomedes Pastor Díaz Corbelle naceu en Viveiro (Lugo) en 1811. Foi o terceiro de dez irmáns (oito mulleres e dous varóns) puxéronlle o nome do santo do día, San Nicomedes, máis o equivalente en masculino do nome de súa madriña, Pastora.
Seu pai, Antonio Díaz, foi administrador da Armada e chegou a ser contable de correos en Lugo e súa nai era María Corbelle.
Nicomedes ingresou no Seminario de Viveiro e despois no Seminario Santa Catalina en Mondoñedo. Anos máis tarde foi estudiar Leis a Universidade de Santiago de Compostela onde comezou a súa actividade poética. Afectoulle o peche das universidades decretadas por Fernando VII, entón trasladouse a Alcalá de Henares para proseguir os seus estudios e alí conseguiu o título de avogado.
Parece que a súa vocación religiosa era verdadeira, pois morreu solteiro.
Houbo tres importantes valedores que lle facilitaron o seu ingreso na sociedade madrileña:
- Manuel Fernández Varela: Membro do Consello da súa Maxestade e Comisario Apostólico Xeral da Cruzada (cargo eclesiástico de gran importancia) que favoreceu a moitos homes de talento, fomentou o desenrrolo e saneamento da súa terra galega.
- Manuel de Latre: militar liberal destacado nas guerras carlistas, que fixouse nel para recomendalo a postos importantes.
- O académico Manuel José Quintana: poeta e patriota español, por medio deste coñeceu a Espronceda, Larra, Serafín Estébanez Calderón, Ventura de la Vega e moitos outros no que encontra o que anos despois sería o seu mellor amigo e protexido, José Zorrilla. Esta boa relación chega a tal punto que o prólogo da primeira edición de Don Juan Tenorio, obra máis coñecida de Zorrilla, firma Nicomedes Pastor Díaz.
En 1835 foi nomeado, gracias a Latre, oficial do Ministerio de Gobernación en Cáceres, comenzando así unha carreira política.
O 18 de marzo de 1847 foi nomeado membro da Real Academia Española de la Lengua, a partir de aquí entre a súa saude e a negativa a certos lios políticos foi deixando pouco a pouco a política.
Entón centrase na súa vida intelectual e dedícase tranquilamente o seu traballo e o seu estudio.
Foi rector da Universidade de Madrid, nomeado Conselleiro de Estado, nomeado senador do Reino, tamén cumpriu varias misións como embaixador en Cerdeña e Lisboa.
Pese os importantes cargos que ocupou e a súa vida política, foi un home honrado e intachable.
Morreu en marzo do 1863, concedendolle unha pensión a súa nai e a súa irmán para poder sobrevivir despois da súa morte.

Obra:
Poesías” (1840): Son poemas compostos dende 1828, que foron publicados en revistas coma El Artista.
De feito está o poema “Alborada”(1828), obra en galego que é unha das primeiras obras onde se dan mostras do renacer da lingua galega.
Outro poema é “Egloga de Belmiro e Benigno”, obra en galego, na que dous pastores choran as súas penas de amor.
Predominan os poemas amorosos que xiran en torno a dúas mulleres, Lina, o seu amor adolescente e a outra unha aristócrata que pretendeu na súa idade máis madura.
As súas composicións inspiradas en Lina están cheas de dor, angustia, desconsolo, como o poema “Mariposa negra” (1835), tamén “Al silencio”; “A la muerte” que é un grito de angustia pola morte da sua amada; “A la luna” onde combina a paisaxe galega e a ausencia da súa amada.
Compuxo tamén poemas descriptivos coma “Al acueducto de Segovia”; “En las ruinas de Itálica”, “La sirena del norte”onde describe a paisaxe mariñeira de Galicia; “A la inmortalidad” onde expresa unha dúbida, sobre o máis alá e a perduración.
Una cita” (1837): É unha novela corta ambientada na Galicia que revive os amores de Lina e a súa morte.
De Villahermosa a la China. Coloquio de la vida íntima” (1855): Conta os amores do protagonista e a súa conversión relixiosa dende as festas mundanas do pazo madrileño de Villahermosa ata a marcha a China como misioneiro. É unha novela en clave onde o protagonista, Xavier; identificase co autor, ademáis é a novela coa que se consolidou o realismo narrativo.
Ademáis compuxo numeroso artículose varios libros como periodista, político e orador.
Los problemas del socialismo” (1848 – 1849): Neles revelése a mentalidade conservadora de Pastor Díaz.
Coa colaboración de Francisco Cárdenas, escribiu un libro de biografía coma a de Ángel de Saavedra ou Ramón Cabrera, consta de varios volúmenes.
Compendio Histórico-Crítico de la Jurisprudencia Romana” (1842)
Entre os seus artículos de crítica destacan “Del movimiento literario en España” e “De las novelas en España
Publicou en diversas revistas madrileñas, coma “El Artista”, “La abeja” e “El siglo” onde estivo na redacción con Ros de Olano e José Espronceda.
Fundou o semanario “El Conservador” en 1841.
Tamén escribiu para “El correo nacional” e “El Heraldo” e funda un periódico “El Sol” con Antonio de los Ríos Rosas e Gabriel García Tassara.

domingo, 19 de abril de 2009

RECEITA

PURÉ DE CENORIAS


Ingredientes:
500 gr. de cenorias
1 cebola
2 dentes de allo
1 nabo
1 culler de manteiga
1 iogurt natural
¾ l. de caldo de verduras
pementa branca e sal

Elaboración:
1._ Relar a cenoria e reservala para a decoración. Pelar as outras cenorias, picar a cebola, o nabo e cortalos en rodaxas. Picar os allos moi finamente.
2._ Derreter a manteiga e dourar as cenorias, o nabo, os allos durante uns minutos.
3._ Engade o caldo de verduras e deixa cocer durante uns 20 minutos.
4._ Salpimenta e deixa cocer uns 5 minutos máis.
5._ Pon as verduras nun bol e pasa pola batidora ata facer unha pasta cremosa. Volta a por na tixola a crema.
6._ Engade o iogurt, remexe e quenta sen deixar ferver.
7._ Sirve decorandoa coa cenoria relada que tiñamos resevada.

Observacións:
Aplicacións: 1º plato
Preparación: 15 min.
Cocción: 30 min., aprox.
PAX.: 4 personas

jueves, 9 de abril de 2009

PERSOEIROS

María Soliña


Vida
Non se sabe con seguridade en que ano naceu, algúns din no 1551 e outros no 1601; tampouco se sabe o día da súa morte (pois de feito non hai acta de defunción).
Casada con Pedro Barba de profesión pescador. Tivo fillos ainda que se descoñecen cantos.
A súas posesións eran unha casa de pedra de dous andares, varias leiras, unha dorna e o máis importante, dereitos de presentación na Colexiata de Cangas e na Igrexa de San Cibrán, Aldán.

A morte de María Soliña.
Por aquel entón, Cangas era un importante pobo pesqueiro, en pleno auxe económico grazas a pesca e a salazón do peixe.
No 1617 houbo un ataque dos turcos en Cangas e arrasaron o pobo. Nese intre os nobres temen perder as súas riquezas ante a imposibilidade de terlle que pagar as rendas que lle exixían os seus vasalos.
A pobreza provocou tal que un nobre do lugar enviou unha carta o rei para liberalo pobo de pagar os impostos durante un tempo e así recuperar a zona.
Como defensa os donos das terras elaboran un plan dacordo coa Inquisición para non perder o poder económico que tiñan dende décadas. O plan era utilizar a Inquisición para quitarlle o poder as mulleres denunciandoas por bruxería.
Solían denunciar a ricas e pobres para non levantar sospeitas. A Inquisición e o nobre denunciante repartían as ganancias obtidas.
María Soliño (apelido seguramente máis real que Soliña) o ter dereitos, tiña unha porcentaxe das ganancias da Igrexa.. A parte de ter fortuna, ela volveuse tola trala morte do seu home e os seus fillos na invasión do 1617. Ía cada noite a praia, escoitaba as olas e paseaba pola area. Ésta foi a causa máis probable pola que a escolleron, ademáis de ser unha das mulleres máis ricas do pobo.
Foron xulgadas con María outras oito mulleres máis, cos datos necesarios, reais ou non, foron levadas os cárceres secretos do Santo Oficio. A súa condena era levar un hábito de penitencia durante seis meses, pero non se sabe se morreu antes ou despois do castigo, pois non hai acta de defunción. Aínda que se desconfia que despois da tortura a unha muller maior (duns setenta anos) os danos físicos e psíquicos producidos en María Soliña debían de notarse.
Por culpa da avaricia dos nobres, Maria Soliña morreu pobre e soa. Pero sempre se mantivo na memoria de todos, anque se teña unha imaxen deformada como que era unha meiga e estaba tola.

jueves, 2 de abril de 2009

ESCRITORES GALEGOS


Alfonso X, O Sabio

Vida:
Alfonso X naceu na cidade de Toledo (1221), era fillo primoxénito de Fernando III “O Santo” e da princesa xermana Dona Beatriz de Suabia.
A súa vida está vinculada a Galicia, porque foi onde pasou a súa infancia, criouse na fortaleza de Maceda (Ourense). Aquí aprendeu o galego.
En 1249 casou con Dona Violante, filla de Jaume I de Aragón e Dona Violante de Hungría. Cando tiña 31 anos accedeu ó trono de seu pai.
A súa vida mostroulle dúas caras, unha sempre máis exitosa ca outra. Na península consegue numerosas victorias militares contra os árabes (1243 conquista Murcia; 1246, Xaen; 1248 xunto a seu pai participa no cerco de Sevilla; 1260 toma Salé; 1262, ten Cádiz;…). Estivo enfrentado con Alfonso III de Portugal por culpa do Algarve (problema que se resolveu casándo o rei de Portugal cunha filla de Alfonso X, Beatriz, dese matrimonio nacería o rei Don Dinís).
Pero fracasou na política exterior pois ambicionaba alcanzar a coroa do Emperador Romano-Xermánico, a que tiña dereito por ascendencia materna. Ó atender a cumes máis altos deixou abandonado as tarefas como gobernante peninsular e así tivo que afrontar varios levantamentos mudéxares en Andalucía e ainda aumentaron o morrer o seu fillo primoxénito, Fernando.
O outro fillo Sancho “O Bravo” proclamouse rei fronte os desexos de seu pai que nomeara sucesor a seu fillo, Alfonso. O enfrontamento provocou unha guerra civil, na que todos abandonaron, mesmo o seu neto D. Dínis. Este enfrontamento rematou en 1284 cando Alfonso X morreu e convertiu o seu fillo, en Sancho IV de Castela e León. Din as crónicas que no leito de morte o rei sabio perdoou a seu fillo e nomeouno sucesor.


Obras:

- En castelán
Gran impulsor do castelán que converteu en lingua oficial da monarquía, foi creador, inspirador e promotor de obras.
Impulsou a traducción de textos hebreos, gregos, latinos e mesmo árabes.
Tamén favoreceu a aparición do
Fuero Real (1255)
Libros del Saber de la Astronomía (entre 1255 – 1259): Son quince.
Las Siete Partidas (1256 – 1265): Nome polo que é máis coñecido el Libro del Fuero de las Leyes e que provén da división en sete partes fundamentais de Dereito.
Tablas astronómicas alfonsíes (1262 – 1272)
General Estoria (1272 – 1284)
Libro de ajedrez, dados y tablas ou Lapidario (1276 – 1279)
Creou a Escola de Traductores de Toledo: grupo de estudosos cristians, xudíos e musulmáns, que desenrrolaron unha importantísima labor científica e cultural.
Tamén acolleu na súa corte a trobadores perseguidos polo rei de Francia, italianos, cataláns, etc. e congregou unha parte da xeración intermedia dos poetas galego-portugueses.
- En galego
Sen embargo deixou algo marxinada a nosa lingua, quizais por problemas que tivera coa diocese compostelá, coa que mantivo frecuentemente pelexas, chegando a ignorar o tema xacobeo e mesmo a lle atribuir á Virxe milagres nos que popularmente interviñera o Apóstolo.
Dende finais do s. XII por excelencia da lírica en terras peninsulares era o galego, acudiu a nosa lingua para a súa inspiración poética. Escribiu moi pouco en galego.
1 cantiga de amigo (antigamente de autoría disputada con Sancho I de Portugal)
4 cantigas de amor
35 textos satíricos
4 tenzóns.
Onde verdadeiramente sobresaiu foi na poesía de tema relixioso coa creación das Cantigas de Santa María.


Cantigas de Santa María


Son 420 composicións, elaboradas dende 1264 ata 1283 nas que pretende honrar a figura da Virxe María.
A maioria delas, 360, son narracións de milagres da Virxe; 43 cancións líricas de loor a nai de Xesús; 12 conmemoracións de festas marianas e 5 de festas do Noso Señor. Ademáis levan unha presentación, un prólogo e un epílogo en verso do propio rei.
Nacen como unha obra de propaganda do Rei Sabio, que debido as súas pretensións imperialistas e a rivalidade coa Igrexa debía mostrar prestixio e o poder da corte toledana.
No tocante a súa autoría, debemos supoñer que non todas son obras de Alfonso X. De feito téndese a lle atribuir ó rei a autoría dun pequeño grupo, as restantes foron compostas polos seus colaboradores.

miércoles, 18 de marzo de 2009

PERSOEIROS


O MARISCAL PARDO DE CELA


Pero Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneira tamén coñecido como D. Pedro Pardo de Cela, foi un Mariscal galego do s. XV.
Estaba casado coa filla do Conde de Lemos, Isabel de Castro, que chegou a a cidade episcopal co seu tío, D. Pedro Enrique de Castro, bispo de Mondoñedo, en representación da Casa de Lemos.
Ainda que Isabel era unha Osorio por parte de pai, ela gustáballe chamarse Isabel de Castro e aportou o matrimonio bens doados polo Bispo, seu tío, integrados pola maior parte dos castelos e fortalezas baixo a Mitra, entre eles o reconstruído castelo de A Frouxeira. Os bispos sucesores de D. Pedro sempre lle reclamaron a Pardo de Cela a devolución de ditos bens patrimoniais que ninguén lle podían discutir. Pardo de Cela sempre lle negou.
Na realidade Pardo de Cela podía ter razón, pois os bens recibidos na dote pertencían a os Castros dende 1327 con Pedro Fernández de Castro, o señor da guerra, e non da Mitra como pretendían os Bispos. Así que a doazón feita a súa sobriña por D. Pedro Enríquez foi título persoal e os bens doados pertencían a él por herencia familiar.
Por tradición e leis da Igrexa todos os bens gañados ou dos propios clérigos ou bispos, a súa morte, pasan a ser da Igrexa. O caso chegou o Real Correxidor e éste falla a favor do Bispado e ordea a súa devolución, cousa que Pardo de Cela negouse rotundamente.
Entón foi xulgado en rebeldía e condenado a morte.
Por outra parte as razóns de Pardo de Cela parecían sólidas e unha lea polas terras co Bispo de Mondoñedo non parecía suficiente motivo para que a Coroa firmara unha sentenza a morte. Empezaron a cuestionar que Pardo de Cela ocupara un alto cargo militar con Enríque IV, para ter o título de Mariscal. Por eso empezaron a dicir que era aspirante a Coroa, entón os Reis Católicos para dominalo, mandaron as súas tropas a Galicia. Pero o Mariscal resistiuse ata que en 1483 morreu o Conde de Lemos, entón os mandatarios reais traman a traizón do castelo de A Frouxeira, ante a imposibilidade de podelo conquistar.
O mariscal Pardo de Cela é vendido polos seus criados que defendían a fortaleza. Os “cantares” din que o traidor foi Roi Cofano do Valadouro. Sin a protección da Frouxeira onde era forte é detido e degolado, en 1483, diante da catedral de Mondoñedo por mandato dos Reis Católicos e enterrado na súa Catedral co beneplácito do bispo mindoñense; a súa fortaleza e os símbolos de poder foron derruidos e arrasados.
A dura loita durante tres anos na Frouxeira, a traizón dos criados e morto no cadalso convertiuno rápidamente nun mito e empezou a ser trobado nas feiras e mercados.
No museo Provincial de Lugo consérvase “a mariscala”, unha enorme cadea que dise que tiña posta o Mariscal na prisión.
Tamén Isabel de Castro foise entrevistar coa súa curmá, a raíña Isabel, da que conseguiu o indulto. Pero o sabelo o bispo, amañou as cousas de xeito que, cando chegaba Isabel de Castro uns cóengos disfrazados saíron ó seu encontro e con enganos conseguiron detela ata que as campás da catedral tocaron a morto. Por eso en Mondoñedo hai unha ponte, onde os cóengos entretiveron a Isabel de Castro denominada, dende entón, a Ponte do Pasatempo (ver foto).

martes, 10 de marzo de 2009

LENDA


Normalmente escribo lendas galega, hoxe vou por unha lenda castelá, pero que ten relación con nos, pois o protagonista foi un escritor galego, Macías o namorado. Según sábese este escritor foi máis coñecido polas lendas que polo que realmente escribiu. Pois hoxe vou contar o tráxico final de Macías.


LENDA DE MACÍAS
Macías era un xoven de bo ver que estaba ó servizo dun Marqués, nunha casa grande e con xardíns preciosos. O marqués tiña unha filla, Estrela, que era dunha beleza tal, que parecía sacada dun conto de fadas.
Os dous mozos amábanse anque ninguén o sabía, as únicas testemuñas dese amor prohibido eran as prantas e as frores do xardín da casa. Había un pequeño detalle e era que o marqués nunca permitiría que a súa filla casara cun simple servente; a única forma era que perdera o nome de poeta e se fixera guerreiro. Así que alistouse no exercito e aprendeu o manexo das armas.
A esperanza para estar con Estrela fixo que se convertera nun dos máis valerosos guerreiros e desa forma o marqués nomeouno doncel. Macías xa estaba case seguro de que non habría atranco ningún para que lle dera a man da súa filla.
Cando estaba máis ledo e máis valeroso sorprendeulle a desgraza.
Tras unha batalla moi importante de que sairan vencedores, foron celebralo, todo era ledicia ata que, de súpeto, viu chegar un mensaxeiro do marqués, dicindolle que fora olvidando a súa amada, pois a pobre, contra da súa vontade, fora prometida cun marqués da comarca.
A pena que invadía a Macías era moi grande, anque él seguiu traballando co seu amo, pero decatouse que a voda da súa amada fora por ciumes do marqués co que casara, xa que cando encontrábanse, éste intentaba evitalo.
Un día o home de Estrela sorprendeunos as agochadas e escoitou que ambos xurábanse amor eterno, éste cobarde non os encarou e foi correndo contarllo o sogro. O marqués enoxouse e enviou a Macías a unha das torres baixas do castelo. Este castigo para Macias foi moi grande máis ca súa propia morte, o único que lle deron foi un laúd.
Con voz potente Macías cantaba o seu pesar e a xente impresionada pola arte sentábase ó carón da torre para escoitalo. A súa fama extendeuse a varios kilómetros pola redonda e tamén as xeracións posteriores.
As cantigas eran desoladoras, alternando con ataques de ira nos que maldicía a súa amada por quedar cun home que non amaba antes de loitar e ademáis de non preferir a morte a estar con ese home. A esto seguíalle momentos de choros nos que se arrepentía por atreverse a maldicir a súa amada. Despois chamaba con deseperación a morte ata que ó final chegou.
O home de Estrela de noite agochouse nas sombras e a traizón cravoulle un coitelo no corazón a Macías, co cal morreu no acto. Non houbo testemuñas, pero o pobo sinalou o home de Estrela como o criminal, tal foron as represalias que tivo que abandonar o pobo. Mentres o pobo polo amor que lle tiñan a Macías, fixeronlle unha ermida e enterrarrono cunha gran lousa co seguinte epitafio:
AQUÍ YACE MACÍAS EL ENAMORADO
O pouco de morrer Macías contan que unha muller entraba na ermida a rezar pola súa alma. Din que eras unha muller tola que procedía do castelo do marqués, as únicas frases que dicía sempre era “é tarde”, “é tarde”.
Outro día entraron o xenro do marqués e o sacristán e viron un bulto a carón da tumba, o xenro do marqués riase da pobre namorada de Macías. Ó acercarse decatouse que era a súa muller, a cal estaba encerrada nos seus aposentos e non deixaba saír ata que ela logrou fuxir. Contan que cando a moveron da tumba de Macías os beizos bicaban o rostro pétreo de Macías que había sobre a súa tumba.
Pero aínda hoxe contan os habitantes do lugar que nesa ermida non está soa, pois moitas veces a luz da lúa baixa un raio cunha figura resplandecente ata tumba de Macías e escoitase unha doce melodía dun laúd.
Nese pobo din que por fin Estrela e Macías pódense amar, que tiunfou o seu gran amor.

jueves, 5 de marzo de 2009

ESCRITORES GALEGOS

PERO DA PONTE (s. XIII)
Vida
De orixe galega e escudeiro de profesión, foi un poeta medieval.
Estivo activo nos reinados de Fernando III e Alfonso X.
Obra
É autor de 53 textos:
7 cantigas de amor
7 cantigas de amigo
23 cantigas de escarnio
3 sátiras literarias
1 pranto burlesco
4 serventesios morais
2 elogios
4 prantos
1 tenzón
1 partimén.


MACÍAS (s. XV)
Vida
Naceu en Padrón (A Coruña) e morreu en Arjonilla (Jaén) en 1434.
Parece que estivo ó servicio dalgún nobre como trobador e escudeiro. Foi o último gran poeta medieval que escribiu en lingua galega. Pertenceu a chamada escola galaico-castelá, non foi tan coñecido pola extensión das súas obras, senon polas lendas dos seus amores alimentadas polos seus versos e diversas historias.
Morreu tráxicamente según contan a tradición a mans dun nobre por ciumes.
O certo é que os seus versos están recollidos no Cancioneiro de Juan Alfonso de Baena e doutros cancioneiros e fan referencias sobre eles os poetas do s. XV dende o Marqués de Santillana ata Juan de Mena.
A partir do século de Ouro convérsese nun motivo literario tanto na comedia de López de Vega (“Porfiar hasta morir”) ou no drama do Romántico como o de Mariano José de Larra (“Macías”).
Obra
Atribuenselle 21 Cantigas recollidas no Cancioneiro de Baena.

JUAN RODRÍGUEZ DO PADRÓN (s. XV)
Vida
Poeta nado en Padrón (A Coruña).
Pouco se sabe da vida deste poeta, a súa orixe non está clara. Pódese situar de poeta entre o 1420 e 1430 e decir no reinado de Juan II.
Obra
Considerado un dos escritores máis representativos da novela sentimental.
A súa obra “Siervo libre de amor” constitue un excelente exempro de aplicar os esquemas do camiño ou peregrinaxe amorosa. A dificultade do amante para reunirse coa amada apoiase nas novelas de cabaleiros que a súa vez, trasladarán de tópicos literarios a mística.
Outra obra é “Trionfo de las donas” onde cuestiona a vision do escritor italiano Boccaccio sobre as mulleres, a quen acusa de romper as regras do amor cortés.
Entre os seus textos poéticos figuran:
“Diez mandamientos de amor”
“Los siete gozos de amor”.