sábado, 16 de mayo de 2009

LENDA


LENDA DO PAZO SUBTERRÁNEO

Hai tempo no Pico Sacro (monte próximo a Santiago) había unha torre, dicíase que quén pasara por algún camiño cercano a ela durante a noite, podíase oír os xemidos e lamentos dunha muller alí encantada por un xigante e ben gardada sen que ninguén puidese achegarse a ela. Algúns valentes que ousaron liberala quedaron alí mortos.
Según contan ten os esqueletos colgados a entrada do pazo subterráneo. Dous xigantes de ferro, que se moven a través dun inxenio das portas que cando alguén intenta abrilas caíanlle dous pesado martelos cos cales esnaquizabanlle as cabezas os atrevidos. Ese isto non bastase dise que tralas portas fan garda uns leóns que os destrozarían por se pudiesen esquivar o primeiro atranco.
O xigante do pazo é un bruxo que grazas as artes da maxia destrueu as paredes do castelo e fixo coas pedras e as rochas dos arredores grandes montóns que cubriron a entrada do pazo onde vive.
Dicíase que todo o que os labregos traballaban nas terras ían para os grandes depósitos e horreos do pazo do Pico Sacro, xa que ninguén sabe onde está, pois as rochas cubrírono fai moitos anos que nin sequera os máis vellos do pobo se acordan.
Conta unha velliña do lugar que en S. Lourenzo da Granxa xa fai moitos anos escoitou dicir a súa avoa que unha mociña da súa parroquia desaparecera un día; ó parecer, según din quen a viu estaba falando a noitiña nunha corredoira cun señor, sospeitaron que sería Encanto do Pico Sacro, que a levaría para o seu temido pazo.
Pasou moito tempo sen que ninguén a vira nin se soubera dela, ata que ó cabo de cincuenta anos apareceu ó carón dun ruleiro unha velliña cos cabelos brancos, a cara con enrrugas e os ollos cegos. Coñeceron quén era pois a infeliz preguntaba a todos pola nai daquel rapaza desaparecida, morta facía moito tempo.
Contaba a coitadiña cómo o señor co que falou sendo moza lle dixera que se fora con él, que ía ser tratada coma unha raíña e que tería fermosos vestidos, colares e outras xoias e pedras preciosas de moitas cores, que habería ser servida por criadas. E como ela lle dixera que non quería ir, doulle a beber un viño e despois adormeceuse; ó despertar achouse nun salón moi bonito e cheo de espellos nas paredes, con marcos dourados e grandes cortinas, unha mesa cuberta cun gran mantel branco bordado con flores de moitas cores, deronlle manxares sabrosos e viños doces, pasteis que na súa vida probara nin imaxinara pudiera probar nunca.
Tivo unha vida chea de pracer e encantamento, de festa en festa, xantares delicioso, música, bailes e moi pronto olvidou os seus pais, a súa aldea e toda a súa vida anterior… Ata que pasados algúns meses pariu un fillo mouro. Aquilo produciulle unha gran pena ó saber que tivera un fillo de moura ralea. Entón entroulle a morriña. Pero o señor do pazo díxolle poucos días despois, cando ela pensaba voltar a súa vida chea de praceres:
“Pasou isto por ser desleal conmigo e traizoarme cun dos meus criados mouros; de agora en diante deixaras de ser a miña amada e serás a escrava de todos os que vivimos neste pazo; e traballaras e serviras a todos sen queixarte, xa que polo teu pouco xuizo perdícheste. “
Entón a rapaza chorou os sete chorares e pediulle o señor Encanto que tivera piedade dela, pois non sabía o que lle pasara nin cómo ocurrira tal cousa, a non ser que lle deran unha brebaxe para rirse dela e desgraciala. Pero non serviu de nada e tivo que cumplir o castigo que lle impuxeran. De tantos traballos, amarguras e tanto chorar a diario foise facendo velliña, perdendo a vista dos seus ollos, ata que un día sin saber cómo nin por qué encontrouse na corredoira e foi dar a parroquia onde facía anos a levaran.

No hay comentarios: