Francisco Añón
Vida:
Francisco Añón Paz naceu no lugar de Boel, concello de Outes (A Coruña) no 1812.
Era fillo de Fernando Añón e Vicente Paz, os dous labradores e veciños de Outes.
Bautizaron o neno o capelán de Outes, Xosé A. Cernadas e foille de padriño o párroco de Outes, Francisco Osorio. Quizáis este último foi quen lle ensinou as primeiras letras a Francisco Añón.
Añón entrou no Seminario de Santiago o ano da fundación deste (1829) polo arcebispo de Santiago, frei Rafael Vélez, e acadou o título de bacharel en Filosofía no 1833. Ademáis estudio cinco anos de Teoloxía, pero deixouno e acadou o título en Leis no 1843 e o de licenciado, días despois.
En 1846, Añón viaxou a Lisboa, non porque estivera implicado no levante militar (foi o ano do movemento galeguista que rematou cos mártires de Carral) senón que foi traballar cun primo nunha librería. Dise que Francisco Añón acompañou a un lord inglés, como secretario por Francia, Italia e Andalucía (non está documentado, pero Añón escribiu sobre as viaxes).
Sospeitase que nos anos 1853 e 1854 o poeta está vivindo en Sevilla e dá clases de francés e italiano. Pero no 1857 está en Madrid, ainda que eses anos fixera algunhas viaxes a Galicia.
En 1872 traballou como auxiliar e despois de oficial de arquivos e cesou en 1873.
Dende entón viviu pobre e morreu pobre.
Morre en Madrid no 1878.
Obra:
Francisco Añón escribiu na súa vida en galego, castelán e portugués. Ainda que non publicou ningunha obra en vida, deixou os poemas ciscados en xornais e outros nas mans de amigos e parentes que lle adicara, éstes últimos serán poemas inéditos).
Unha vez morto os seus contemporáneos foron recollendo a súa obra.
Según se ten entendido a súa obra consta de:
39 poemas en galego
107 en castelán - e –
7 en portugués
Os poemas de Francisco Añón, a maioría, están cargados de humor e de sátiras. O máis importante da súa obra, son os poemas que canta a Galicia, como patria da infancia, “Recordos da infancia” (1845): Un poema extraordinario e conmovedor; e aqueles nos que describe costumes galegos, “Alma en pena” (1860), “O magosto”, “A leiteira”.
No que se refire a poemas de circunstancias, escribiu varios poemas deste tipo en galego. Estas obras están dedicadas a amigos, familiares reais ou imaginarios ou persoeiros da época (os reis), nestes poemas atopamos moitas veces o humor e a ironía.
Tamén consérvanse de Añón poemas amorosos, ainda que non son moitos. Entre eles están “Amor apresurado” (1869) ou “A Sabeliña”.
Se por algo foi coñecido Francisco Añón foi por ser o poeta dos himnos, destacando o “Himno á agricultura” (1873) e o “Hymno dos povos” (en portugués): himno revolucionario que supuxo a súa expulsión de Portugal.
Tamén poemas dedicados a Galicia, que son catro: tres escritos en galego e un en castelá:
1._ “O recordo a Galicia” (1857): É unha obra de 48 versos que o tema principal e a exaltación de Galicia, centrándose nos seus recordos da infancia. Para o autor, Galicia é unha especie de paraíso onde pasou os seus momentos máis felices.
A composición ten un destacado ton biográfico. Ademáis dos recordos da infancia, o poeta fala dalgúns lugares que visitou ao longo da súa vida (Lisboa, Francia e Italia).
2._ “A Galicia” (Ay esperta, adorada Galicia): Grazas a este poema Añón gañou o primeiro premio nos Xogos Florais da Coruña en 1861, ainda que non lle gustou nada en absoluto.
O poema está escrito en oitavas italianas e comeza coa cita dunha balada popular. De novo aparece a exaltación de Galicia como paraíso da infancia. Ainda que neste poema varía algo, xa que nesta composición aparece a denuncia política e social. Tamén aparece outro soño do poeta que era voltar a Galicia.
3._ “Á Galicia” (Dos teus recordos vivo ¡Galicia encantadora!): Esta composición foi escrita en Madrid pouco antes de morrer en 1877. Compúxose en quintetos e tamén aparecen os tópicos da paisaxe e da esperanza no progreso. Neste poema faise máis evidente o desexo de poder regresar a Galicia antes de morrer, pois presentía que lle quedaba pouco tempo de vida.
4._ “A Galicia, visitada por el Rey Don Amadeo I” (1872): Esta obra é a única con este tema e está escrita en castelán, só polo título pódese ver que é unha obra de ton patriótico. Clasificaríase como poema de circunstancias. Neste poema o autor fala de que o país ten un grande futuro por diante. Hai unha referencia ao novo sistema político.
No hay comentarios:
Publicar un comentario