jueves, 12 de febrero de 2009

FESTAS POPULARES


O ENTROIDO

* ORIXE DO ENTROIDO
A palabra entroido deriva do latín "introitos" que significa “entrada” ou “comezo” da primaveira.
Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns din que é tradición celta, outros que eran adoracións os deuses Baco ou Dionisos. Pero coa chegada do cristianismo moitas destas festas pagás foron cristianizadas. Deste xeito, estas celebracións que tiñan o significado de comezos da primaveira foron trocados pola despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma, que comeza o Mércores de cinza.


* GALIZA E O ENTROIDO
En Galicia o entroido celébrase dende sempre. Hai vilas na que teñen unha gran tradición coma Ourense e parte de Lugo, ata están considerados “acontecemento turístico nacional” polo Ministerio de Turismo.
O entroido en Galicia celébrase con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre as diversas vilas.
As características máis importantes son:
- As pantallas de Xinzo de Limia.
Os cigarróns de Verín
Os peliqueiros de Laza
Os zarramanculleiros en Cualedro
Os boteiros de Viana do Bolo, Manzaneda, Vilariño de Conso e O Bolo
Os chocallóns en Vilardevos… etc.
Son máscaras coloristas que cobren a cara, realizadas moitas en madeira que teñen como misión meter medo ou escorrentalas personas. Ainda que van en grupos, as súas performance (debuxos) son habitualmente individuais.
- Os Correos que van pola veciñanza ofrecendo cos “xenerais “ canten a cada unha das casas a cambio dunha doazon. Os xenerais van disfrazados con sombreiros, medallas e fitas que lembran de xeito choqueiro os uniformes do s. XIX, que frecuentemente deixan o rostro ó descuberto.
Nalgunhas das parroquias realizanse os encontros ou “altos” entre xenerais, facendo un repaso satírico da vida cotiá. Son o caso os Xenerais do Ulla ou da comarca do Deza.
- Tamén existen outros costumes:
_ As damas e galáns de Cangas e Vilaboa
_ Mecos bonitos e feos de Froxán das Viñas
_ O Oso de Salcedo en Salcedo (A Pobra do Brollón)
_ O merdeiro en Vigo
_ As madamitas e madamitos en Cotobade.


* A COMIDA DO ENTROIDO
O entroido é unha festa de comer e beber ata o límite. En Galicia a comida sempre foi un elemento fundamental, sendo o máis tradicional as filloas, a cacheira, a bica, as orellas, a androlla ou tamén os doces, os chourizos, o lacón, os grelos ou o ben querido cocido que son consumidos nestas datas do inverno.


* O CALENDARIO DO ENTROIDO
O entroido soe variar conforme a Pascua e a Coresma non tendo data fixa. Normalmente soe ser entre febreiro ou marzo, pero en algunhas vilas o entroido chega a durar cinco semans como no de Xinzo de Limia.
As súas partes fundamentais son:
_ Domingo Fareleiro ou Borrallento: A costume e que os veciños se manchen uns os outros con “borralla “ou “farelo” (a fariña de peor calidade).
_ Xoves de Compadres: Neste día realízase unha tradicional pelexa entre sexos. As mozas fabrican un boneco que representan os homes e tentan queimalo, mentres os homes loitan por llo roubar.
_ Domingo Corredoiro ou Oleiro: Tradicionalmente era cando se facía a corrida do galo; en Laza lánzase formigas enriba da xente e faise a farrapada (loita de farrapos enchoupados en lama ou esterco); en Xinzo de Limia celébrase o xogo das olas e trata en que os participantes se pasen olas de barro e a quen lle rompa debe pagar unha rolda.
_ Xoves de Comadres: O revés do de Compadres, neste caso son os homes quen fan os bonecos e elas intentan arrebatarllos.
_ Domingo de entroido: Comeza a festa maior.
_ Martes de entroido: En moitos lugares celébranse os “Testamentos” do entroido.
_ Mércores de Cinza: E a data na que todo remata e as aldeas enterran a sardiña.

No hay comentarios: