lunes, 10 de marzo de 2014

RECEITA


PEITUGAS DE POLO RECHEAS.

Ingredientes:
4 peitugas de polo deshuesadas
8 palitos de cangrexo.
1 ovo
4 cebolas.
2 vasos de viño blanco.
2 dentes de allo.
100 gr. de fariña.
Perexil, aceite, pementa negra e sal.
Elaboración:
1._ Pelar e cortar a cebola, os allos e o perexil.
2._ Fritir no aceite a cebola e o allo a lume lento ata que este blanda e sen coller cor.
3._ Verter o viño blanco, salpimentar e deixar cocer despaciño uns 20 min.
4._ Cando estea, triturar a cebola na batidora, despois pasar por un chino ou coador fino para obter unha salsa fina e engadirlle o perexil picado e mezclar ben.
5._ Verter a salsa nunha cazola de amplia base.
6._ Mentres salpimentar as peitugas e enrolar dous palitos de cangrexo nelas. Suxeitar cun palillo.
7._ Pasar as peitugas por fariña e ovo batido.
8._ Quenta aceite nunha tixola e fríe as peitugas ata estar douradas.
9._ Pasar os roliños de peituga a cazola coa salsa e cocer a lume lento uns 15 min.

Observacións:
Aplicacións: 2º plato.
Preparación: uns 30 min., aprox.
Cocción: 15 min. e 20 min.
P.A.X.: 4 personas.
Anotacións: Podes variar o recheo, poñendo xamón york e queixo ou nunha ocasión especial recheas con 200 gr. de champiñóns fritos e mezclados con 4 culleradas de salsa bechamel.

No hay comentarios: