miércoles, 12 de noviembre de 2008

ESCRITORES GALEGOS


Rosalía de Castro

Vida
Naceu en Santiago de Compostela no 1837, filla de nai solteira, de boa familia, e dun seminarista. Acolleuna súa madriña, que lle ensinou a lingua galega e a coñecer a poesía popular nesa lingua.
Na adolescencia foi vivir coa súa nai a Santiago, alí participo unas actividades do Liceo de la Juventud onde se atopou con outros mozos intelectuais coma Eduardo Pondal, Manuel Murguía,…etc. cos que compartía uns ideais igualitaristas e galeguistas.
Despois trasladouse a Madrid alí casa con Manuel Murguía , co que ten sete fillos.
No 1875, volta a súa casa de Padrón onde se instala definitivamente.
E en 1885 morre dun cancro e foi enterrada en Iria Flavia.
En 1891 os seus restos son trasladados ao Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.

Obra

En castelán:

Comeza escribindo en castelán, no 1857, La flor, un breve poemario.
En 1859 aparece La hija del mar , a súa primeira novela.
En 1861, Flavio, é unha novela que trata sobre a imposibilidade do amor.
Éstes tres títulos teñen unha forte influenza romántica.
En 1863 escribe A mi madre, que trata sobre a morte de súa nai.
No 1866 publica o breve relato costumista Ruinas;
En 1867, a novela El caballero de las botas azules, unha das súas mellores obras en prosa.
En 1881 unha novela breve, El primer loco.
En 1884 , En las orillas del Sar, a forma escrita destes poemas, rompen coa forma métrica do seu tempo e representa unhas imaxes religiosas inquedantes e moi pouco tradicional, gracias a isto , supón un punto de partida da lírica moderna.
Tamén publicou algúns artigos periodísticos en diversas revistas.

En galego:

A súa obra en galego consta de tres títulos entre os que destacan :
Cantares gallegos (1863) primer libro publicado en galego, este acontecemento ficará na historia de Galicia que se inagura , simbólicamente, o Rexurdimento das letras galegas.
Esta obra responde a dúas motivacións:
- O compromiso coa terra e a xente de Galicia.
- Intención de glosar poéticamente unha serie de coplas populares.
Follas Novas (1880) segundo e derradeiro libro de poemas en galego.
Neste libro escribio cunha visión marcada pola saudade e o pesimismo.
En prosa, deixou un inédito conto, de tipo popular, Conto gallego, que foi publicado, póstumamente, no 1923 en Bos Aires no Almanaque Gallego que dirixía Manuel de Castro.

No hay comentarios: