jueves, 22 de enero de 2009

LENDA


LENDA DO APÓSTOLO SANTIAGO.

Conta a lenda que dous discípulos de Xacobe, Atanasio e Teodoro, colleron o corpo sen vida do seu mestre e lévano ó mar onde encontran unha barca sen tripulantes e lista para navegar. Fanse a mar sendo guiados por uns anxos ata as costas de Gallaecia. A súa chegada celébranse uns xogos con lanzas entre cabaleiros. Un deles cae ó mar desaparecendo nas augas e ante a atenta mirada de todos, reaparece xunto a barca, sen magulladuras, pero todo cuberto de conchas de vieiras, recibindo a bendición dos discípulos do apóstolo. En recordo a este milagro do santo, todos os peregrinos xacobeos levan conchas de vieiras nas súas vestimentas…
Mentres a barca seguía o seu camiño empurrada polo vento ata a desembocadura dun río e foi subindo polo cauce ata que se detivo nas areas da ribeira.
Os discípulos amarraron a barca nunha gran pedra labrada que resultou ser un altar pagano ou “Aras Solis”. Sacaron o corpo e depositárono sobre unha gran pedra que se fundiu e adaptouse a forma do corpo. Ante tal prodixo ese lugar cambio o nome romano polo de Pedrón, que despois transformaríase en Padrón.
Como alí non lles parecía un lugar apropiado para enterralo, un deles decidiu pedir axuda mentres que o outro quedaba acompañando o corpo do mestre.
Comezou a camiñar por un carreiro que partía do lugar no que estaban e seguiuno ata que o anoitecer viu ó lonxe unha luz. Dirixiuse cara o curuto dun outeiro e divisou unha construcción; chegou ata porta e chamou con forza.
Alí contestoulle a Raíña Lupa, pero quería quitalo de enriba, entón díxolle que fora ver o Sumo Sacerdote, Régulo, mentres que ela enviaba os seus soldados para apoderarse do corpo. Cando éstes chegaron o lugar do sarcófago, éste elevouse no ar e dirixiuse cara a cima do Picro Sacro. Sen atreverse a tocalo avisaron a Raíña do acontecido. Mentres o discípulo é apresado, pero logra escapar nunha noite cando apareceu dentro da cela unha luz coma de vagalume e abrindo un buraco nos muros permitiu saír o discipulo e abandoar a prisión.
Dirixiuse de novo pedir axuda a Raíña Lupa pidindolle un carro e un par de bois. A Raíña Lupa enviouno ó monte Illianus (Pico Sacro) onde pacen os bois soltos.
Polo camiño tópase cunha serpe que elimina facendo o sinal da cruz.
No prado encóntrase ante un novo engano da Raíña, xa que os animais eran salvaxes e arremeten contra él. Novamente ante o sinal da cruz os bois amansan…
Collendo dous animais que uniron o carro, voltaron o castelo da Raíña Lupa sin que ninguen guiasen os bois. A Raíña Lupa ante tales acontecementos fíxose bautizar alí mesmo, ofrecendo o castelo os discípulos que rechazaron dicindo que sería a vontade de Deus e non a do home a que decidise onde se enterraría o apóstolo.
Despois de dirixirse o Pico Sacro e recolle o sarcófago, deixaron que os bois guiasen o carro onde quixeran. Os animais detiveronse nun campo propiedade da Raíña chamado Libredón, que posteriormente sería “O campo da estrela” dando orixe a cidade medieval de Compostela.
Un ermitaño chamado Pelagio viu luces sobrenaturais ou chuvia de estrelas sobre o lugar cercano, tamén vistas polos veciños e fieis do poblado de San Fiz. Avisado o bispo de Iria Flavio (Padrón) ordenou excavar o lugar, encontrando un pequeño mausoleo de mármore contendo un sepulcro e un corpo que determinaron que se trataba do apóstolo Jacobo Boanerges (San Iacobo, Sant Jacob, San Yago, Santiago).

No hay comentarios: