ANTONIO
LÓPEZ FERREIRO
Vida:
Antonio Joaquín López Ferreiro naceu
na cidade de Santiago de Compostela (A Coruña), na actual sede do
Instituto da Lingua Galega, o 9 de novembro do 1837.
Foi o único fillo varón de Ramón
López Vázquez e de Xoana Ferreiro Hermida, ademáis de catro
fillas.
López Ferreiro comeza a segunda
ensinanza en Santiago, no curso 1848 – 1849, e fai catro cursos no
Seminario. Acada o título de bacharel en Filosofía no 1856. No
curso 1856 – 1857 comeza os estudios de Teoloxía na Facultade de
Teoloxía na Universidade de Santiago, acadando o título de bacharel
en Teoloxía no 1860. Despois fixo Dereito Canónico e estudou dous
ano de hebreo. Sobre 1862 marchou a Madrid coa súa familia por
traslado do pai, que era funcionario do Ministerio da Gobernación.
Na Universidade de Madrid licenciouse en Teoloxía no 1863, pero
antes de licenciarse ordenouse sacerdote en Santiago no 1862.
Estudou tres anos na Escola Superior
Diplomática, en Madrid conseguindo o título de arquiveiro. Nesta
escola surxio a vocación de historiador.
En 1865 regresa a Galicia e por
concurso gaña en propiedade a parroquia de Santa Baia de Vedra, onde
permanece ata que o cardeal Miguel García Cuesta o nomea coengo da
Catedral de Santiago, no 1871, da que tamén será arquiveiro.
López Ferreiro foi un dos máis
grandes historiadores en temas da cidade de Santiago e Galicia. Coas
súas obras históricas axudou a que a nosa terra adquirise
conciencia da propia personalidade.
López Ferreiro é un narrador de
moitos dotes e un gran coñecedor da lingua popular galega.
Foi un dos académicos fundadores
da Real Academia Galega o 4 de setembro de 1905, na cadeira
15, membro correspondente da Real Academia da Historia (Madrid) e
membro da Academia de Boas Letras de Barcelona.
Morreu na parroquia de San Pedro de
Vilanova, concello de Vedra (A Coruña) o 20 de Marzo de 1910, pero
foi enterrado no claustro da catedral de Santiago.
Obra:
- Literatura galega:
- “ A teceira de Bonaval” (1894): É un mezcla dunha historia de amor cos acontecementos sociopolíticos da Galicia do s. XVI (enfrentamento entre a burguesía e a Igrexa Compostelá)
- “O castelo de Pambre” (1895): Alterna unha historia de amor coa exposición dun conflicto nobiliario entre Gonzalo Ozores de Ulloa e outros nobres galegos partidarios da casa Trastamara. Nesta novela utilizou o seudónimo de “K”.
- “O niño de pombas” (1905): De temática amorosa que está ambientada na Galicia do s. XII, e ten como escenario o Mosteiro de Carboeiro. Nesta novela firmou co seu seudónimo “K”.
- Historiador:
- Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela: Está formada por once tomos e foi nos anos 1898 – 1911, o derradeiro póstumo.
- “La historia de
Compostela y su reprobación crítica por Masdeu” (1866)
- “El Sepulcro del
apóstol Santiago” (1872)
- “Leyenda sobre la vida de San Pedro Mezonzo” (1872)
- “Estudio histórico crítico sobre el Priscilianismo” (1878)
- “Galicia en el último tercio del siglo XV” (1883 – 1885)
- “Don Rodrigo de Luna” (1884)
- “El Pórtico de las Platerías” (1844)
- “Don Alfonso VII, rey de Galicia y su ayo el conde de Traba” (1884)
- “El Pórtico de la Gloria” (1886)
- “Fueron municipales de Santiago y su tierra” (1895)
- “Santiago y la crítica moderna” (1901)
- Fundador:
Fundou e dirixiu
revistas, a máis importante:
- Galicia Histórica (Santiago, 1901 – 1903): Onde quixo publicar estudios históricos, fuentes, bibliografía y crónicas de Galicia.
- Un dos fundadores da Real Academia Galega (1905)
- Revistas:
Traballou para
estas revistas:
- El porvenir.
- Revista Compostelana de Instrucción y recreo.
- El libredón.
- Boletín Oficial del Arzobispado.
- Galicia católica.
- El pensamiento gallego.
- Galicia diplomática.
- Arqueología:
No campo da arqueoloxía
destacou polas investigacións arqueolóxicas na catedral
“Lecciones de Arqueología
Sagrada” (1889)
Ademáis foi relevante a súa
labor como presidente da “Sección
Arqueológica de la gran Exposición Regional”:
Celebrada en Santiago no ano 1900.
- A Real Academia Galega adicoulle o Día das Letras Galegas no 1978.
No hay comentarios:
Publicar un comentario