lunes, 6 de julio de 2009

ESCRITORES GALEGOS


Francisco Añón

Vida:
Francisco Añón Paz naceu no lugar de Boel, concello de Outes (A Coruña) no 1812.
Era fillo de Fernando Añón e Vicente Paz, os dous labradores e veciños de Outes.
Bautizaron o neno o capelán de Outes, Xosé A. Cernadas e foille de padriño o párroco de Outes, Francisco Osorio. Quizáis este último foi quen lle ensinou as primeiras letras a Francisco Añón.
Añón entrou no Seminario de Santiago o ano da fundación deste (1829) polo arcebispo de Santiago, frei Rafael Vélez, e acadou o título de bacharel en Filosofía no 1833. Ademáis estudio cinco anos de Teoloxía, pero deixouno e acadou o título en Leis no 1843 e o de licenciado, días despois.
En 1846, Añón viaxou a Lisboa, non porque estivera implicado no levante militar (foi o ano do movemento galeguista que rematou cos mártires de Carral) senón que foi traballar cun primo nunha librería. Dise que Francisco Añón acompañou a un lord inglés, como secretario por Francia, Italia e Andalucía (non está documentado, pero Añón escribiu sobre as viaxes).
Sospeitase que nos anos 1853 e 1854 o poeta está vivindo en Sevilla e dá clases de francés e italiano. Pero no 1857 está en Madrid, ainda que eses anos fixera algunhas viaxes a Galicia.
En 1872 traballou como auxiliar e despois de oficial de arquivos e cesou en 1873.
Dende entón viviu pobre e morreu pobre.
Morre en Madrid no 1878.

Obra:
Francisco Añón escribiu na súa vida en galego, castelán e portugués. Ainda que non publicou ningunha obra en vida, deixou os poemas ciscados en xornais e outros nas mans de amigos e parentes que lle adicara, éstes últimos serán poemas inéditos).
Unha vez morto os seus contemporáneos foron recollendo a súa obra.
Según se ten entendido a súa obra consta de:
39 poemas en galego
107 en castelán - e –
7 en portugués
Os poemas de Francisco Añón, a maioría, están cargados de humor e de sátiras. O máis importante da súa obra, son os poemas que canta a Galicia, como patria da infancia, “Recordos da infancia” (1845): Un poema extraordinario e conmovedor; e aqueles nos que describe costumes galegos, “Alma en pena” (1860), “O magosto”, “A leiteira”.
No que se refire a poemas de circunstancias, escribiu varios poemas deste tipo en galego. Estas obras están dedicadas a amigos, familiares reais ou imaginarios ou persoeiros da época (os reis), nestes poemas atopamos moitas veces o humor e a ironía.
Tamén consérvanse de Añón poemas amorosos, ainda que non son moitos. Entre eles están “Amor apresurado” (1869) ou “A Sabeliña”.
Se por algo foi coñecido Francisco Añón foi por ser o poeta dos himnos, destacando o “Himno á agricultura” (1873) e o “Hymno dos povos” (en portugués): himno revolucionario que supuxo a súa expulsión de Portugal.
Tamén poemas dedicados a Galicia, que son catro: tres escritos en galego e un en castelá:
1._ “O recordo a Galicia” (1857): É unha obra de 48 versos que o tema principal e a exaltación de Galicia, centrándose nos seus recordos da infancia. Para o autor, Galicia é unha especie de paraíso onde pasou os seus momentos máis felices.
A composición ten un destacado ton biográfico. Ademáis dos recordos da infancia, o poeta fala dalgúns lugares que visitou ao longo da súa vida (Lisboa, Francia e Italia).
2._ “A Galicia” (Ay esperta, adorada Galicia): Grazas a este poema Añón gañou o primeiro premio nos Xogos Florais da Coruña en 1861, ainda que non lle gustou nada en absoluto.
O poema está escrito en oitavas italianas e comeza coa cita dunha balada popular. De novo aparece a exaltación de Galicia como paraíso da infancia. Ainda que neste poema varía algo, xa que nesta composición aparece a denuncia política e social. Tamén aparece outro soño do poeta que era voltar a Galicia.
3._ “Á Galicia” (Dos teus recordos vivo ¡Galicia encantadora!): Esta composición foi escrita en Madrid pouco antes de morrer en 1877. Compúxose en quintetos e tamén aparecen os tópicos da paisaxe e da esperanza no progreso. Neste poema faise máis evidente o desexo de poder regresar a Galicia antes de morrer, pois presentía que lle quedaba pouco tempo de vida.
4._ “A Galicia, visitada por el Rey Don Amadeo I” (1872): Esta obra é a única con este tema e está escrita en castelán, só polo título pódese ver que é unha obra de ton patriótico. Clasificaríase como poema de circunstancias. Neste poema o autor fala de que o país ten un grande futuro por diante. Hai unha referencia ao novo sistema político.


miércoles, 17 de junio de 2009

RECEITA


Coca de San Xoan

Ingredientes:
80 gr. de manteiga
300 gr. de fariña
100 gr. de azucre
4 ovos
30 gr. de azucre glass
¼ l. de leite
½ sobre de levadura en po
1 limón
100 gr, de froita confitada
50 gr. de piñóns
Anís moído e canela en po.

Elaboración:
1._ Acender ó forno e poñelo a 180ºC.
2._ Formar un volcán coa fariña tamizada e engadir o azucre, o leite, 3 ovos, o anís, a levadura, a ralladura de limón e espolvorear un pouco de canela por enriba da fariña. Amasar ata formar unha masa fina e homoxénea.
3._ Engadirlle a masa a manteiga derretida (non debe estar moi quente) e amásase de novo.
4._ Cando estea amasada, dáselle forma ovalada e ponse nunha bandexa que previamente está untada en manteiga e espolvoreada de fariña. Deixase repousar 15 min.
5._ Espolvoreamos a mesa coa fariña e estiramola, dándolle forma típica de coca (máis larga que ancha).
6._ Poñer nunha bandexa, untada con manteiga e espolvoreada en fariña, a coca.
7._ Pinta a coca con ovo batido. Despois repartir os anacos de froita confitada e os piñóns por enriba e ó remate espolvorear con azucre glass.
8._ Metelo no forno, xa aceso, e deixar cocela ata que quede douradiña durante 30 minutos aproximadamente.

Observacións:
Aplicacións: Postre
Preparación: 45min., aprox.
Cocción: 30 min.
PAX: 5 personas.


jueves, 11 de junio de 2009

PERSOEIROS


Pepa a Loba

Vida:
Non se sabe con certeza onde foi o lugar de nacemento, uns din que na parroquia de Couso (A Estrada) en 1835 e outros en Amoedo.
A nena creceu na compaña da súa nai coñecida como “La Falucha”, ésta mimouna e quixoa moito ainda que eran pobres. De pai descoñecido, ainda que o pobo cría que era o irmán do tendeiro do pobo.
A nena comezou a traballar no campo e tamen coidaba as ovellas de súa tía Dorinda, aquí foi onde gañou o alcume de Pepa a Loba, xa qe nunha ocasión enfrentouse ó lobo cun pao e o seu can saíu na súa defensa matando o lobo tras unha terrible loita. A nena quedou ferida e o can axudoulle a chegar a aldea.
Na xuventude Pepa ve como un descoñecido entra na casa e viola a súa nai, nove mese despois a nai de Pepa e o bebe morren no parto.
Entón súa tía Dorinda faise cargo dela obrigandoa a mendigar polas feiras e mercados, ademáis de traballar na terra e coidadando as ovellas. Dorinda mete a Pepa a vivir na casa do tendeiro coa esperanza de que a faga súa querida e gañar algúns pago por parte del. Pero o tendeiro colleulle cariño e adoptouna coma filla. Despois o tendeiro contratou a un estudiante para que aprendera o oficio. E Pepa e él fanse mozos. O tendeiro fai testamento a favor de Pepa e o pouco aparece asasinado cun coitelo de cociña cravado no peito. O mozo resulta exculpado mentras Pepa foi condenada a cadea perpetua. O pobo, sen embargo sospeitan que o crimen foi cometido polo irmán do tendeiro (ó que consideraban pai de Pepa).
Este erro da xustiza fai permanecer a Pepa no cárcere de Pontevedra durante moito tempo, convertindoa nunha muller chea de rencor e enormes desexos de vinganza. Na prisión pide auxilio ó capellán do cárcere e cando están a soas, golpeo e fuxe vestida de cura.
Para sair de Pontevedra, Pepa, disfrázase de home. A súa obsesión era vingarse de Albeite (o irmán do tendeiro e suposto pai). Cunha pistola e o seu nobre can van para Couso, alí amenazouno e fixo que o seu can o matase. Era o primer crimen de Pepa a Loba.
Despois marchou vivir ó monte onde formou unha banda de bandoleiros cos que cometía roubos asaltos e crímenes. Dise que o principal escenario foi a provincia de Pontevedra, pero tamén realizou asaltos a outras provincias galegas. Coa súa cuadrilla asaltaban os camiñantes e robaban nos pazos e nas rectorias. Pepa a Loba era temida e admirada por igual. O pobo difundiu a lenda ainda que hai pouca documentación sobre a súa vida. A maioría dos relatos débense a tradición oral que foi transmitida de xeración en xeración.

Mito Galego.
Pepa a Loba é a muller prototipo do bandoleirismo dende o s. XIX en toda Galicia.
Hai xente que cree que houbese máis ca unha. Desta maneira a primeira levase este alcume e outras mulleres que se dedicaron ao bandoleirismo adoptarían ou serían coñecidas pola mesma denominación.
Houbo escritores galegos coma Emilia Pardo Bazán e Ramón María del Valle - Inclán entre outros que deron vida a un bandoleirismo en Galicia, pero sen ser verdade, só nos seus libros. Desta maneira a lectura chegaría a convertirse en lenda.

viernes, 5 de junio de 2009

ESCRITORES GALEGOS


Xoan Manuel Pintos

VIDA:
Xoan Manuel Valentín Pintos Villar naceu na parroquia de Santa María a Maior (Pontevedra), en 1811.
Según se sabe estudio tres anos de Filosofía (equivalente á Segunda Ensinanza), cinco anos de Institucións Civis (Leis) e un ano de Institucións en Canónicas. E acadou o título de bacharel en Leis en 1833 e o título de bacharel en Canons en 1835. No seu expedente non consta a data de licenciado en leis, ainda que se sabe que traballou de avogado na Coruña.
Casou en Pontevedra con Serafina Amando Boullosa e tivo catorce fillos.
Xoan Manuel Pintos tamén foi xuíz en Cambados, exerceu de avogado en Pontevedra, deu clases de latín no instituto de Pontevedra e foi Rexistrador da Propiedade en Vigo ata o ano da súa morte.
Morre en 1876 en Vigo onde é enterrado.


OBRA:
Este poeta é o máis destacado precursor do Rexurdimento galego.
Escribiu:
A gaita gallega” (1853): O libro fala dun protagonista, Cristus, un gaiteiro galego, que lle aprende a un tamborileiro non galego, Pedro Luces, o noso idioma.
É un libro en verso (con partes en prosa), que consta de poemas de métrica variada, integrados en sete partes. Tamén ten un contido galeguista, pois o autor pensa que os galegos poden acadar a súa propia dignidade falando e estudiando o galego.
Xoan Manuel Pintos escribiu este libro para exaltar a lingua galega e así que os galegos a usasen.
Ó remate da séptima parte na que divide o libro, o autor dedícalle un texto en prosa ó Padre Sarmiento.


Ademáis escribiu poemas en galego como:
Contos da aldea”(1858): publicado no periódico El Circulador.
Rechamo” (1859).
O reiseñor” (1868): publicado no Almanaque de Galicia (Lugo).
A Galicia” (1861): é un agromo de epopea de máis de seiscentos versos
Tamén tres églogas:
Antonio e Margarida”(1857);
Xacinto e Catriña”(1858);
Delores e Alexandre”(1858).
E tamén autor dun Breve Diccionario Gallego (1853) cunhas 6000 entradas.


viernes, 22 de mayo de 2009

UNHA ESCAPADIÑA



Praia das catedrais


O seu nome é Praia de augas santas, situada en Ribadeo (Lugo). É coñecida por este nome polas apariencias dos seus acantilados.
Está declarado MonumentoNatural pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
O característico desta praia son as diversas figuras que forman as rochas producida pola continuo golpeo das olas contra ellas. Esto pódese ver cando hai baixamar, podendo acceder a un areal que nos levaonda arcos de trinta m., covas, corredores no medio de rochas e outras curiosidades.
Cando hai mareas vivas, as mareas soben e baixan máis do normal podendo chegar a praias veciñas, pero tende coidado e voltar antes de que volva a sibir a marea.

sábado, 16 de mayo de 2009

LENDA


LENDA DO PAZO SUBTERRÁNEO

Hai tempo no Pico Sacro (monte próximo a Santiago) había unha torre, dicíase que quén pasara por algún camiño cercano a ela durante a noite, podíase oír os xemidos e lamentos dunha muller alí encantada por un xigante e ben gardada sen que ninguén puidese achegarse a ela. Algúns valentes que ousaron liberala quedaron alí mortos.
Según contan ten os esqueletos colgados a entrada do pazo subterráneo. Dous xigantes de ferro, que se moven a través dun inxenio das portas que cando alguén intenta abrilas caíanlle dous pesado martelos cos cales esnaquizabanlle as cabezas os atrevidos. Ese isto non bastase dise que tralas portas fan garda uns leóns que os destrozarían por se pudiesen esquivar o primeiro atranco.
O xigante do pazo é un bruxo que grazas as artes da maxia destrueu as paredes do castelo e fixo coas pedras e as rochas dos arredores grandes montóns que cubriron a entrada do pazo onde vive.
Dicíase que todo o que os labregos traballaban nas terras ían para os grandes depósitos e horreos do pazo do Pico Sacro, xa que ninguén sabe onde está, pois as rochas cubrírono fai moitos anos que nin sequera os máis vellos do pobo se acordan.
Conta unha velliña do lugar que en S. Lourenzo da Granxa xa fai moitos anos escoitou dicir a súa avoa que unha mociña da súa parroquia desaparecera un día; ó parecer, según din quen a viu estaba falando a noitiña nunha corredoira cun señor, sospeitaron que sería Encanto do Pico Sacro, que a levaría para o seu temido pazo.
Pasou moito tempo sen que ninguén a vira nin se soubera dela, ata que ó cabo de cincuenta anos apareceu ó carón dun ruleiro unha velliña cos cabelos brancos, a cara con enrrugas e os ollos cegos. Coñeceron quén era pois a infeliz preguntaba a todos pola nai daquel rapaza desaparecida, morta facía moito tempo.
Contaba a coitadiña cómo o señor co que falou sendo moza lle dixera que se fora con él, que ía ser tratada coma unha raíña e que tería fermosos vestidos, colares e outras xoias e pedras preciosas de moitas cores, que habería ser servida por criadas. E como ela lle dixera que non quería ir, doulle a beber un viño e despois adormeceuse; ó despertar achouse nun salón moi bonito e cheo de espellos nas paredes, con marcos dourados e grandes cortinas, unha mesa cuberta cun gran mantel branco bordado con flores de moitas cores, deronlle manxares sabrosos e viños doces, pasteis que na súa vida probara nin imaxinara pudiera probar nunca.
Tivo unha vida chea de pracer e encantamento, de festa en festa, xantares delicioso, música, bailes e moi pronto olvidou os seus pais, a súa aldea e toda a súa vida anterior… Ata que pasados algúns meses pariu un fillo mouro. Aquilo produciulle unha gran pena ó saber que tivera un fillo de moura ralea. Entón entroulle a morriña. Pero o señor do pazo díxolle poucos días despois, cando ela pensaba voltar a súa vida chea de praceres:
“Pasou isto por ser desleal conmigo e traizoarme cun dos meus criados mouros; de agora en diante deixaras de ser a miña amada e serás a escrava de todos os que vivimos neste pazo; e traballaras e serviras a todos sen queixarte, xa que polo teu pouco xuizo perdícheste. “
Entón a rapaza chorou os sete chorares e pediulle o señor Encanto que tivera piedade dela, pois non sabía o que lle pasara nin cómo ocurrira tal cousa, a non ser que lle deran unha brebaxe para rirse dela e desgraciala. Pero non serviu de nada e tivo que cumplir o castigo que lle impuxeran. De tantos traballos, amarguras e tanto chorar a diario foise facendo velliña, perdendo a vista dos seus ollos, ata que un día sin saber cómo nin por qué encontrouse na corredoira e foi dar a parroquia onde facía anos a levaran.

martes, 5 de mayo de 2009

ESCRITORES GALEGOS


Nicomedes Pastor Díaz

Vida:
Nicomedes Pastor Díaz Corbelle naceu en Viveiro (Lugo) en 1811. Foi o terceiro de dez irmáns (oito mulleres e dous varóns) puxéronlle o nome do santo do día, San Nicomedes, máis o equivalente en masculino do nome de súa madriña, Pastora.
Seu pai, Antonio Díaz, foi administrador da Armada e chegou a ser contable de correos en Lugo e súa nai era María Corbelle.
Nicomedes ingresou no Seminario de Viveiro e despois no Seminario Santa Catalina en Mondoñedo. Anos máis tarde foi estudiar Leis a Universidade de Santiago de Compostela onde comezou a súa actividade poética. Afectoulle o peche das universidades decretadas por Fernando VII, entón trasladouse a Alcalá de Henares para proseguir os seus estudios e alí conseguiu o título de avogado.
Parece que a súa vocación religiosa era verdadeira, pois morreu solteiro.
Houbo tres importantes valedores que lle facilitaron o seu ingreso na sociedade madrileña:
- Manuel Fernández Varela: Membro do Consello da súa Maxestade e Comisario Apostólico Xeral da Cruzada (cargo eclesiástico de gran importancia) que favoreceu a moitos homes de talento, fomentou o desenrrolo e saneamento da súa terra galega.
- Manuel de Latre: militar liberal destacado nas guerras carlistas, que fixouse nel para recomendalo a postos importantes.
- O académico Manuel José Quintana: poeta e patriota español, por medio deste coñeceu a Espronceda, Larra, Serafín Estébanez Calderón, Ventura de la Vega e moitos outros no que encontra o que anos despois sería o seu mellor amigo e protexido, José Zorrilla. Esta boa relación chega a tal punto que o prólogo da primeira edición de Don Juan Tenorio, obra máis coñecida de Zorrilla, firma Nicomedes Pastor Díaz.
En 1835 foi nomeado, gracias a Latre, oficial do Ministerio de Gobernación en Cáceres, comenzando así unha carreira política.
O 18 de marzo de 1847 foi nomeado membro da Real Academia Española de la Lengua, a partir de aquí entre a súa saude e a negativa a certos lios políticos foi deixando pouco a pouco a política.
Entón centrase na súa vida intelectual e dedícase tranquilamente o seu traballo e o seu estudio.
Foi rector da Universidade de Madrid, nomeado Conselleiro de Estado, nomeado senador do Reino, tamén cumpriu varias misións como embaixador en Cerdeña e Lisboa.
Pese os importantes cargos que ocupou e a súa vida política, foi un home honrado e intachable.
Morreu en marzo do 1863, concedendolle unha pensión a súa nai e a súa irmán para poder sobrevivir despois da súa morte.

Obra:
Poesías” (1840): Son poemas compostos dende 1828, que foron publicados en revistas coma El Artista.
De feito está o poema “Alborada”(1828), obra en galego que é unha das primeiras obras onde se dan mostras do renacer da lingua galega.
Outro poema é “Egloga de Belmiro e Benigno”, obra en galego, na que dous pastores choran as súas penas de amor.
Predominan os poemas amorosos que xiran en torno a dúas mulleres, Lina, o seu amor adolescente e a outra unha aristócrata que pretendeu na súa idade máis madura.
As súas composicións inspiradas en Lina están cheas de dor, angustia, desconsolo, como o poema “Mariposa negra” (1835), tamén “Al silencio”; “A la muerte” que é un grito de angustia pola morte da sua amada; “A la luna” onde combina a paisaxe galega e a ausencia da súa amada.
Compuxo tamén poemas descriptivos coma “Al acueducto de Segovia”; “En las ruinas de Itálica”, “La sirena del norte”onde describe a paisaxe mariñeira de Galicia; “A la inmortalidad” onde expresa unha dúbida, sobre o máis alá e a perduración.
Una cita” (1837): É unha novela corta ambientada na Galicia que revive os amores de Lina e a súa morte.
De Villahermosa a la China. Coloquio de la vida íntima” (1855): Conta os amores do protagonista e a súa conversión relixiosa dende as festas mundanas do pazo madrileño de Villahermosa ata a marcha a China como misioneiro. É unha novela en clave onde o protagonista, Xavier; identificase co autor, ademáis é a novela coa que se consolidou o realismo narrativo.
Ademáis compuxo numeroso artículose varios libros como periodista, político e orador.
Los problemas del socialismo” (1848 – 1849): Neles revelése a mentalidade conservadora de Pastor Díaz.
Coa colaboración de Francisco Cárdenas, escribiu un libro de biografía coma a de Ángel de Saavedra ou Ramón Cabrera, consta de varios volúmenes.
Compendio Histórico-Crítico de la Jurisprudencia Romana” (1842)
Entre os seus artículos de crítica destacan “Del movimiento literario en España” e “De las novelas en España
Publicou en diversas revistas madrileñas, coma “El Artista”, “La abeja” e “El siglo” onde estivo na redacción con Ros de Olano e José Espronceda.
Fundou o semanario “El Conservador” en 1841.
Tamén escribiu para “El correo nacional” e “El Heraldo” e funda un periódico “El Sol” con Antonio de los Ríos Rosas e Gabriel García Tassara.