jueves, 22 de enero de 2009

PERSOEIROS

MARÍA PITA
(A Coruña 1556? - Cambre 1643)

VIDA
Naceu arredor do ano 1556 no seo dunha familia modesta, co nome de María Mayor Fernández de Cámara y Pita.
No ano 1581 casou co carniceiro Xoan de Rois (morto no 1585), co que tivo unha filla: María Alonso de Rois, volveu a casar con outro carniceiro, Gregorio de Rocamonde (morto no 1589) sen fillos, despois voltou casar co mestre de navío andaluz, Sancho de Arratia, no ano 1590 e morreu no 1592 e tivo unha filla Francisca de Arratia e por último, co escudeiro da Real Audiencia, Gil Bermúdez de Figueroa, morto no 1613, co que tivo dous fillos, Xan e Francisco Bermúdez de Figueroa.
A súa vida estivo chea de numerosos pleitos dende débedas e apropiacións de bens, querelas criminais por insultos e agresións; por estes pleitos tivo que viaxar a Corte de Madrid, xa que fora condenada ao desterro, isto levouna a primeira vez no 1596 para solicitar a recompensa polos seus servizos durante o cerco inglés e a segunda no 1606, para confirmar diversas mercés reais (por exemplo licenza para exportar mulas a Portugal, exención da obriga de aloxamento de afectadapor un incendio na Cidade Vella da Coruña).
Faleceu no 1643 en Cambre, ainda que no seu testamento solicitaba ser enterrada no convento de Santo Domingo da Coruña. Conmemorase a súa memoria coa praza do concello na Coruña e unha estatua cunha chama sempre acesa.


O ATAKE DE FRANCIS DUKE.

O 4 de Maio do 1589 as tropas inglesas abriron unha fenda na muralla e comezaron o asalto da vella cidade dirixida polo alférez que, coa bandeira da resistencia na man logrou subir a parte máis alta da muralla. María Pita matou ó alférez inglés. Non se sabe, con qué arma foi coa que lle dou morte ó alférez; hai quen di que coa espada do propio marido (o segundo, Gregorio de Rocamonde, morto nese mesmo asalto), outros din que cos coitelos do negocio persoal e outros disparando. Con esa loita foi o que desmoronou a tropa inglesa e provocou a súa retirada, de máis ou menos 20.000 ingleses. Cando rematou a batalla axudou a recoller os cadaveres e coidar os feridos.

LENDA


LENDA DO APÓSTOLO SANTIAGO.

Conta a lenda que dous discípulos de Xacobe, Atanasio e Teodoro, colleron o corpo sen vida do seu mestre e lévano ó mar onde encontran unha barca sen tripulantes e lista para navegar. Fanse a mar sendo guiados por uns anxos ata as costas de Gallaecia. A súa chegada celébranse uns xogos con lanzas entre cabaleiros. Un deles cae ó mar desaparecendo nas augas e ante a atenta mirada de todos, reaparece xunto a barca, sen magulladuras, pero todo cuberto de conchas de vieiras, recibindo a bendición dos discípulos do apóstolo. En recordo a este milagro do santo, todos os peregrinos xacobeos levan conchas de vieiras nas súas vestimentas…
Mentres a barca seguía o seu camiño empurrada polo vento ata a desembocadura dun río e foi subindo polo cauce ata que se detivo nas areas da ribeira.
Os discípulos amarraron a barca nunha gran pedra labrada que resultou ser un altar pagano ou “Aras Solis”. Sacaron o corpo e depositárono sobre unha gran pedra que se fundiu e adaptouse a forma do corpo. Ante tal prodixo ese lugar cambio o nome romano polo de Pedrón, que despois transformaríase en Padrón.
Como alí non lles parecía un lugar apropiado para enterralo, un deles decidiu pedir axuda mentres que o outro quedaba acompañando o corpo do mestre.
Comezou a camiñar por un carreiro que partía do lugar no que estaban e seguiuno ata que o anoitecer viu ó lonxe unha luz. Dirixiuse cara o curuto dun outeiro e divisou unha construcción; chegou ata porta e chamou con forza.
Alí contestoulle a Raíña Lupa, pero quería quitalo de enriba, entón díxolle que fora ver o Sumo Sacerdote, Régulo, mentres que ela enviaba os seus soldados para apoderarse do corpo. Cando éstes chegaron o lugar do sarcófago, éste elevouse no ar e dirixiuse cara a cima do Picro Sacro. Sen atreverse a tocalo avisaron a Raíña do acontecido. Mentres o discípulo é apresado, pero logra escapar nunha noite cando apareceu dentro da cela unha luz coma de vagalume e abrindo un buraco nos muros permitiu saír o discipulo e abandoar a prisión.
Dirixiuse de novo pedir axuda a Raíña Lupa pidindolle un carro e un par de bois. A Raíña Lupa enviouno ó monte Illianus (Pico Sacro) onde pacen os bois soltos.
Polo camiño tópase cunha serpe que elimina facendo o sinal da cruz.
No prado encóntrase ante un novo engano da Raíña, xa que os animais eran salvaxes e arremeten contra él. Novamente ante o sinal da cruz os bois amansan…
Collendo dous animais que uniron o carro, voltaron o castelo da Raíña Lupa sin que ninguen guiasen os bois. A Raíña Lupa ante tales acontecementos fíxose bautizar alí mesmo, ofrecendo o castelo os discípulos que rechazaron dicindo que sería a vontade de Deus e non a do home a que decidise onde se enterraría o apóstolo.
Despois de dirixirse o Pico Sacro e recolle o sarcófago, deixaron que os bois guiasen o carro onde quixeran. Os animais detiveronse nun campo propiedade da Raíña chamado Libredón, que posteriormente sería “O campo da estrela” dando orixe a cidade medieval de Compostela.
Un ermitaño chamado Pelagio viu luces sobrenaturais ou chuvia de estrelas sobre o lugar cercano, tamén vistas polos veciños e fieis do poblado de San Fiz. Avisado o bispo de Iria Flavio (Padrón) ordenou excavar o lugar, encontrando un pequeño mausoleo de mármore contendo un sepulcro e un corpo que determinaron que se trataba do apóstolo Jacobo Boanerges (San Iacobo, Sant Jacob, San Yago, Santiago).

viernes, 9 de enero de 2009

ESCRITORES GALEGOS


MANUEL CURROS ENRIQUEZ


Vida:
Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova (Ourense) en 1851 e morreu na Habana (Cuba) en 1908.
Curros Enríquez marchou da súa casa con quince anos, pois estivera a vivir nun ambiente autoritario dominado pola figura do pai. Mudouse a Madrid onde fixo bacherelato e comezou a carreira de Dereito, que non chegou a rematar.
Participou na revolución de 1868 (para expulsar do trono a raíña Isabel II) aliándose cos republicanos, ideoloxía que sempre permanecería fiel.
Nese anos comezou colaborando na prensa madrileña; tivo que fuxir uns meses a Londres, ó voltar a Madrid comezou traballando como funcionario municipal.
En Madrid participou na sociedade galeguista “Galicia Literaria” onde coindiu con algúns intelectuais galegos que vivían alí.
En 1877 participou con “A Virxe do Cristal”, “O gueiteiro de Penalta” e “Unha voda en Einibó” nun concurso literario convocado en Ourense no que se premiaba con 2.000 reais ó mellor conxunto de tres poemas, que contase unha tradición, un tipo e unha costume de Galicia. Él foi o gañador co cal deulle a oportunidade de atopar un emprego en Ourense, de ese modo deixou Madrid para voltar a Galicia. Nese mesmo ano casou con Modesta Vázquez e tiñeron seis fillos.
Cos problemas que tivo co obispo de Ourense, uníronse problemas persoais e isto fixo que voltase a Madrid onde exerceu o periodismo.
En 1894 emigrou a A Habana onde fundou un periódico, “La tierra gallega” e traballou arreo a prol de Galicia e a súa cultura.

Obra:
A obra literaria en galego de Curros Enríquez está formada por dous libros e algúns poemas soltos compostos en diversas circunstancias.

- Aires da miña terra (1880)
Con este libro Curros Enríquez pretendía enviarlle a sociedade galega do seu tempo unha mensaxe libertadora, transformar a sociedade da incultura, actitude intransixente da Igrexa, o inxusto reparto da riqueza, a miseria…
Non esquencer os tres poemas escritos en 1877, para o concurso literario de Ourense, que se atopan neste libro:
A virxe do Cristal
Recrea con acerto a lenda popular da Virxe de Vilanova dos Infantes (Ourense) onde narra os desgraciados amores de Rosa e Martiño. É o segundo poema narrativo da historia da literatura galega.
Unha voda en Einibó.
O gueiteiro de Penalta.

- O divino sainete (1888)
Trátase dun longo poema que se divide en nove partes (unha introducción e oito cantos) onde nárrase unha imaxinaria peregrinación a Roma, a viaxe efectúase nun tren de sete vagóns, dos que cada un representan un dos sete pecados capitais.
A influencia de Dante é evidente dende o propio título (“Divina Comedia”).
Con este libro de poemas é como únese a liña satírica na literatura culta moderna en galego.

martes, 30 de diciembre de 2008

RECEITA


MENÚ DE REIS

AMEIXAS Á MARIÑEIRA
Ingredientes:
2 kg. de ameixas
2 cebolas grandes
3 dentes de allo
1 vaso de viño branco
perexil, pan relado e aceite de oliva.
Elaboración:
Lávanse ben as ameixas e póñense en abundante auga cun puñado de sal para que solten as areas, deixándose un par de horas e despois lávanse ben baixo a auga.
Nunca pota ponse o aceite e engádeselle a cebola picada ata que esté dourada; mentres pelamos os allos e majamolos nun morteiro con bastante perexil ata quedar moi desfeito.
Engadimos o majado a cebola dourada e deixamos dourar un pouco, entón engadimos as ameixas e tapamos a pota, deixando un par de minutos remexendo de cando en vez, regamos co viño branco e deixamos cocer 10 min; por último espolvoreamos con pan relado por enriba e movemos a pota para que ligue a salsa.
Rectificamos o sal (normalmente non lle fai falla pois xa teñen as ameixas)

FILETES DE LINGUADO EN SALSA DE BOLETOS
Ingredientes:
1 kg. de linguados
350 gr. de boletos (fungos)
1 cebola
¼ l. de fumet (caldo de peixe)
Viño branco, aceite de oliva, pementa, sal
Ensalada: leituga, tomate e cebola.
Elaboración:
Limpamos os linguados, quitándolle a cabeza e a pel e a espiña. Con éstes restos reservámolos e fileteamos o peixe.
Cos restos reservados poñémolos nunca pota con auga o lume e deixamos cocer, cando estea pasámolo polo colador. Así facemos o fumet.
Nunha tixola douramos a cebola e unha parte dos boletos (xa limpos e cortados en láminas) emgadimos o caldo e un pouco de viño, deixamos reducilo.
Pasamos a salsa pola batidora e despois colámola polo chino.
A parte nunha prancha ou tixola antiadherente cun pouco de aceite facemos os filetes de linguado.
Rehogamos os boletos que deixamos nunha tixola cun pouco aceite.
Nunha bandexa de sevir poñemos os filetes de linguado regados coa salsa de boletos, o seu carón os boletos rehogados.
Podemos acompañala cunha ensalada de leituga, tomate e cebola .

ROSCON DE REIS
Ingredientes:
1 kg. de fariña
225 gr. de manteiga
50 gr. de levadura
½ dl. de auga de azahar
5 ovos
225 gr. de azucre
1 copa de ron
Sal, leite, ralladura de limón e froita confitada
Elaboración:
Formar un volcán cun pouco de fariña e meter nel a levadura, amasalo facendo unha bola, deixar a bola en auga tempera ata que dobre o seu volume.
Prepara outro volcán co resto da fariña e engádelle o resto dos ingredientes menos a manteiga
Amasar ben e cando estea a bola de levadura xuntar as dúas masas e amasar ata que quede toda igual, agregar a manteiga derretida, pero non quente, seguir amasando ata que estea ben incorporada.
Poñer nunha estufa ou poñela nun sitio quente.
Amasar de novo e darlle forma de roscón.
Poñela de novo o quente.
Rectificar a forma e pintalo co ovo e poñerlle as froitas confitadas.
Meter ó forno a 175 º C.


martes, 16 de diciembre de 2008

CINE


PRADOLONGO

Datos do filme:
Director: Ignacio Vilar.
Productora: Vía Láctea Filmes.
Guión: Ignacio Vilar, Carlos Asorey e Javier Gancedo.
Música: Zeltia Montes.
Decoradora: Andrea Pozo.
Vestiario: María Fandiño.
Maquillaxe: Natalia Arcay.
Estreno: 28 – Marzo – 2008.
Xénero. Drama.
País: España.
Páxina Web: www.pradolongo.net

Sinopse:
Pradolongo é a historia de tres amigos da infancia, Raquel, Martiño e Armando, onde verán perigar a súa amizade por mor do amor.
Todo preséntase como todos os veráns: diversións, festas, xuntanzas no río…, pero esta vez é diferente xa que os rapaces namoraranse da mesma rapaza, a súa amiga, Raquel, e tamén a posible venda dun prado na montaña, o pradolongo, pertencente a familia de Martiño que lle obrigará a cambiar os seus soños.

A rodaxe:
A rodaxe fíxose nos meses de agosto e setembro do 2007, totalmente en Galicia.
A localizacións foron en Valdeorras (Ourense), nos concellos de Petín, A Rúa, O Barco, Vilamartín, A Veiga e Carballeda.
A lingua é o galego, ainda que os personaxes utilizan os dialectismos propios da zona.

Reparto:
Rubén Riós…Martiño
Roberto Porto… Armando
Tamara Canosa… Raquel
Mela Casal… Maruxa
Gonzalo Rey Chao… Xervasio
Carlos Sante… Roi
Cristina Rodríguez… Loli
Laura Álvarez… Neves
Diego Tato… Carballo
Antonio Mourelos… Lourenzo
Isabel del Toro… Natalia
Belén Constela… Lurdes
Pepo Suevo… Xosé Manuel
Ricardo de Barreiro... Celestino
Anxo Carbajal… Luís
Fernando Dacosta… Pedro
Marcos Vieitez… Ramón
Antón Olmos… Pepe
Avelino González… Ovidio
Marián Bañobre… Rosario
Sheila Fariña… Carolina
Olalla Salgado… Esmeralda
Paulo Serantes… Alfredo
Manolo Cortés… Xosé Luís

jueves, 11 de diciembre de 2008

ESCRITORES GALEGOS


Eduardo Pondal

Vida:
Eduardo María González-Pondal Abente naceu en Ponteceso, comarca de Bergantiños (A Coruña), en 1935, sendo o máis novo de sete irmáns.
A súa casa familiar, a beira do río Anllóns, foi feita polos seus pais, gracias ó traballo na emigración, ademáis de que a súa familia era de condición fidalga.
A súa nai morre cando él ten 1 ano, entón Pondal empezou a estudar gramática latina co cura de San Cristovo de Nemiña (Muxía) e comezou a Segunda Ensinanza en Santiago de Compostela, cando acabou en 1854; nese nesmo ano comezou a carreira de mediciña, licenciándose en 1869.En 1863 fixo oposicións en Madrid ó “Corpo de Sanidade Militar” e aprobounas. No mesmo ano foi destinado a Trubia (Asturias), pero o ano seguinte abandonou a praza e perdeuna. Dende entón dedicaríase enteiramente a poesía, vivindo solteiro.
Dende novo, Pondal, foi progresista e liberal e deuse a coñecer como poeta cun brindis en castelán no famoso banquete de Conxo (Santiago de Compostela) celebrado o 2 de Marzo de 1856, entre estudantes e obreiros. Nese poema brinda por un pobo libre e igualitario.
Pondal foi o poeta máis culto do Rexurdimento da literatura galega xa que coñecía as linguas clásicas e as modernas (inglés, francés, portugués) e lía directamente as obras escritas nestas linguas.
Na cidade da Coruña participará en diversas tertulias, denominada Cova Céltica na que recibía o sobrenome de O bardo (para os celtas era un poeta que ó mesmo tempo, era músico e atribuíanlle veneracións religiosas. Para eles era como un sacerdote, como un conductor espiritual), personaxe literario que utilizou con moita frecuencia.
Acabou os seus días na Coruña, morrendo en 1917 de idade avanzada.

Obra:
A xeración de Pondal é a que logra dar un paso moi importante para Galicia.
A Rosalía, Pondal e Curros foron coñecidos pola “Xeración do Rexurdimento”.
Manuel Murguía e historiadores galegos románticos crían na nosa procedencia celta e Pondal sumouse a esta crenza e así convertiuse no poeta do celtismo.
O noso país caracterizouse por ter un pasado esplendoroso en contra dun pasado que Pondal ve como ofensivo e oprobioso, por esta causa o poeta inventará heroes que nunca existiron ou ben mitos extraídos doutros lugares.
- En 1862, publica o poema A campana de Anllóns, publicado en Album de la Caridad.
- En 1877, escribe o libro de poemas bilingüe Rumores de los pinos.
- En 1886, Queixumes dos pinos, o libro máis importante e coñecido. É o libro traducido ó galego de Rumores de los pinos, ademáis de ampliado.
- Os eoas, é un libro inédito e publicado en 1993, que trata sobre a descuberta de América.

jueves, 4 de diciembre de 2008

RECEITA


Menú do Nadal

TARRINA DE SALMÓN

Ingredientes:
250 gr. de pescada
250 gr. de gambas peladas
100 gr. de salmón afumado
150gr. de nata líquida
30 gr. de manteiga
3 ovos
Zume de 2 limóns
Sucedáneo de caviar
Ceboliño picado
Pementa, aceite e sal.

Elaboración:
1.- Bate o zume dos limóns cunha culler de aceite, sal e pementa. Engade as gambas e deixas macerar uns 15 min.
2.- Bate os ovos coa nata e o ceboliño picado moi fino. Engade a pescada triturada, o salmón en cuadradiños e as gambas escurridas e sazona.
3.- Forra o interior e as paredes laterais do molde coas rebandas do salmón afumado, deixando sobresaír polas beiras.
4.- Baleirar no molde a mestura do pescado, cubrir a superficie con papel – aluminio e meter no forno uns 50 min.
5.- Retirar do forno, deixar arrefríar no frigorífico, desmoldar e decorar co caviar e o ceboliño picado.

PARRULO Á LARANXA

Ingredientes:
1 parrulo de 2 Kg.
2 vasos de zume de laranxa
1 vasiño de licor de laranxa (Cointreau ou Triple Sec)
100 gr. de manteiga
2 laranxas, cementa negra, aceite e sal.

Elaboración:
1. - Salpimentar o parrulo e fritilo en aceite a lume forte ata que se dore. Pasalo a unha bandexa e metelo ó forno 30 min. a 225º C.
2. - Mestura o zume e o licor de laranxa e regade con él o parrulo e deixar cocer 30 min. máis. Reserva o parrulo.
3. – Coar a salsa da cocción e engadila na bandexa de novo, deixala reducir pola metade e engadirlle a manteiga abrandada, engade as laranxas en rodaxas finas e deixar cocer 5 min.
4. – Pasar o parrulo a unha bandexa de servir, regalo coa salsa e adornar coas rodaxas de laranxa.

GALLETAS DO NADAL

Ingredientes:
450 gr. de fariña
100 gr. de azucre
15 cl. de nata
250 gr. de manteiga
1 ovo
50 gr. de azucre glass
Elaboración:
1. - Tamiza a fariña e mestura coa manteiga e o azucre.
2. - Engade o ovo batido e a nata e amasa ben.
3. - Extende a masa cun rolo ata quedar unha capa de 1 cm. de grosor.
4. – Co cortapastas ou moldes especiais facede as galletas dándolle distintas formas (estrelas, bonecos de neve, campas…)
5. – Unta unha bandexa do forno cunha pouca manteiga e pon as galletas, cocer ó forno 10– 15 min. ou ata que estén douradas e espolvorealle azucre glass.